
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: 13/06/2013
Data da última acreditación: 15/04/2011
Responsable do título:
Coordinador do título: CASAS MENDEZ, BALBINA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Orientación académica : Obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa.
Orientación investigadora : Capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e da Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que culminarán coa elaboración dunha tese de doutoramento.
Orientación profesional : Proporcionar formación sobre a aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son tan valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñaría, e tantos outros, así como nas actividades que requiren investigación e innovación, para las que os métodos estatísticos son indispensables.
COMPETENCIAS XERAIS:
Capacidade para iniciar a investigación e para participar en proxectos de investigación que poden culminar na elaboración dunha tese doutoral.
Capacidade de integración en grupos de traballo multidisciplinares nos que a estatística e a investigación operativa sexan ferramentas imprescindibles
Capacidade de comunicación para a divulgación de resultados e aplicacións da estatística e a investigación operativa
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Capacidade para comprender, expoñer, formular e resolver aqueles problemas susceptibles de ser abordados a través de modelos da estatística e da investigación operativa
Coñecer as aplicacións dos modelos da estatísticas e a investigación operativa
Coñecer algoritmos de resolución dos problemas e manexar o software axeitado
SAÍDAS PROFESIONAIS:
O título de máster ofrece a posibilidade de empregarse como asesor estatístico en empresas do sector financeiro, do ámbito da saúde, en administracións públicas, en empresas de investigación social, en laboratorios de investigación e desenvolvemento, e en moitas outras actividades profesionais.
A estatística e a investigación operativa son hoxe de grande importancia como parte das matemáticas e como disciplinas necesarias para a comprensión e o avance doutras ramas como a Economía, a Enxeñaría ou a Medicina, entre outras. Este Programa pretende proporcionar unha sólida formación, tanto académica como profesional, no ámbito da estatística e da investigación operativa, capaz de adaptarse ás necesidades da sociedade actual. Asímesmo preténdese fomentar a formación continua dos profesionais na área da estatística e a investigación operativa e a interconexión entre as diversas parcelas da estatística e a investigación operativa mercé á colaboración no Programa de profesores pertencentes a diferentes liñas e grupos de investigación.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais
Titulados universitarios de Graduado, Diplomado, Licenciado e Enxeñeiro/Arquitecto técnico ou superior
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Para realizar o Traballo fin de máster contémplanse dúas posibilidades:
-A realización dun traballo de carácter aplicado baixo tutélaa dun profesor e coa colaboración dunha empresa.
-A realización dun traballo de carácter teórico proposto e autorizado por un profesor do programa e que lle sirva a alumno de inicio á investigación no área de Estatística ou de Investigación Operativa.
Plan de Acción Titorial: A cada un dos alumnos admitidos no máster asignaráselle un titor que será un dos profesores con docencia no máster. O titor aconsellará o alumno na elección e organización do seu itinerario curricular en función dos seus intereses e obxectivos profesionais e académicos.
A asignación de titores realizarase de forma equitativa ao longo dos cursos. O seguimento e avaliación da acción titorial será realizada pola comisión do máster. En días previos ao período de matrícula realízase unha reunión dos coordinadores locais das tres universidades cos alumnos preinscritos onde se dá unha detallada información do máster, estrutura, organización, infraestructuras, deseño curricular, etc. respondéndose ás preguntas dos interesados.
O día de comezo das clases, en cada unha das tres universidades, recíbese aos alumnos e infórmaselles da infraestructura que se vai a utilizar e dos recursos á súa disposición, así como da organización e desenvolvemento do máster.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061101 | Modelos de Regresión | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1061102 | Análise Exploratoria de Datos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1061103 | Programación Linear Enteira | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1061203 | Modelos de Probabilidade | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1061204 | Estatística Aplicada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061201 | Teoría da Probabilidade | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR | P1061202 | Estatística Matemática | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061203 | Modelos de Probabilidade | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR | P1061204 | Estatística Aplicada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061205 | Procesos Estocásticos | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061206 | Estatística non Paramétrica | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061207 | Mostraxe | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061208 | Series de Tempo | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061209 | Deseño e Análise de Experimentos | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061210 | Simulación Estatística | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061211 | Análise Multivariante | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061212 | Estatística Espacial | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061213 | Fiabilidade e Modelos Biométricos | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061214 | Redes e Planificación | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061215 | Introdución á Teoría de Xogos | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1061216 | Colas e Inventarios | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061217 | Enxeñaría Financeira | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061218 | Control Estatístico da Calidade | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061219 | Técnicas de Remostraxe | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061220 | Contrastes de Especificación | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061221 | Datos Funcionais | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061226 | Teoría da Probabilidade | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061227 | Estatística Matemática | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061222 | Modelos Interactivos da Investigación Operativa | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061223 | Xogos Cooperativos | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S | P1061224 | Programación Matemática | 5.00 | OP | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1061104 | Proxecto Fin de Carreira ou Traballo Tutelado | 10.00 | OB | TFGM | 3S |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable