Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Centros
  4. »
  5. Facultade de Medicina e Odontoloxía
  6. »
  7. Información

LICENCIATURA EN MEDICINA - 331P01

Obxectivos formativos

A finalidade desta licenciatura é proporcionar uns profundos coñecementos sobre a estrutura, funcións e comportamento do corpo humano en condicións de saúde e enfermidade, ademais de permitir a adquisición dunha práctica e dunha experiencia clínica idóneas para actuar na prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades do ser humano.

Coñecementos e competencias

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial da Licenciatura en Medicina deben proporcionar: 1) Un coñecemento axeitado das ciencias nas que se funda a Medicina, así como unha correcta comprensión dos métodos científicos, en especial dos principios da medida das funcións biolóxicas, da avaliación dos feitos probados cientificamente e da análise dos datos. 2) Un coñecemento axeitado da estrutura, das funcións e comportamento dos seres humanos, sans e enfermos, así como das relacións entre o estado da saúde do home e o seu contorno físico e social. 3) Un coñecemento axeitado das materias e métodos clínicos que proporcionen unha visión coherente das enfermidades mentais e físicas, da medicina nos seus aspectos preventivo, do diagnóstico e terapéutico, así como da reprodución humana. 4) Unha experiencia clínica axeitada, adquirida en hospitais baixo a vixilancia pertinente.

Características educativas

Os estudos da Licenciatura en Medicina distribúense en 6 cursos, divididos en dous ciclos: 1º ciclo (1º, 2º e 3º cursos) e 2º ciclo (4º, 5º e 6º cursos). A formación ten un contido práctico considerable, que se imparte de xeito gradual: nun principio as prácticas son principalmente de laboratorio e paulatinamente vanse introducindo as prácticas clínicas (no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela).

Saídas profesionais

Dentro do sector da sanidade, as actividades que poden desenvolver os médicos son fundamentalmente no sector público,e van desde o exercicio da medicina xeral ou especializada a través do MIR, en hospitais, clínicas, centros de saúde, mutuas sanitarias, servizos médicos das empresas, centros de rehabilitación, xeriátricos, balnearios, ONG, gabinetes psicotécnicos, entidades deportivas ou na súa propia consulta privada. Outra saída profesional é a docente no campo da sanidade e que se pode impartir en diversos centros: universidades, centros de FP, etc. Tamén cabe destacar a investigación biomédica en laboratorios de institucións ou empresas, así como a intervención na xestión e administracións sanitarias.

Exame final / Título de grao

Hai dúas modalidades para a obtención do grao de licenciatura: a modalidade de exame e a modalidade de traballo de investigación. En ambos casos a matrícula poderá realizarse nos meses de xuño ou setembro.

Programas de intercambio

Intercambios nacionais: SICUE-SÉNECA Intercambios internacionais: SÓCRATES-ERASMUS

Prácticas en empresas

Programa de prácticas voluntarias fóra do período lectivo en centros do SERGAS organizadas pola propia Facultade (meses de xullo, agosto e setembro). Programa de prácticas nacionais e internacionais organizadas a través do convenio coa asociación de estudantes MEIGA (Medicina Intercambios Galicia). En ambos os dous casos recoñécense as prácticas como créditos de libre configuración.

Requisitos para a admisión

COU: Opción B (Rama Biosanitaria) e PAAU Bacharelato LOXSE: Opción 2 (Ciencias da Saúde) e PAAU Probas de acceso para maiores de 25 anos: Opción B (Ciencias da Saúde) Ciclos formativos de grao superior: familia profesional Sanitaria (especialidade K, Audiopróteses)

Acceso a outros estudos posteriores

Co primeiro ciclo da Licenciatura en Medicina accédese ao segundo ciclo de: Licenciatura en Bioquímica (cursando complementos de formación) Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (sen complementos de formación) Licenciatura en Odontoloxía (sen complementos de formación) Tamén pode accederse co 1º ciclo da Licenciatura en Medicina (ou doutra titulación), cursando os complementos de formación que se establezan) ao segundo ciclo de: Licenciatura en Comunicación Audiovisual Licenciatura en Documentación Licenciatura en Historia e Ciencias da Música Licenciatura en Humanidades Licenciatura en Lingüística Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas Licenciatura en Teoría da Literatura e Literatura Comparada Licenciatura en Tradución e Interpretación Licenciatura en Xornalismo Licenciatura en Criminoloxía

 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto