331305 - Patoloxía Xeral Médico-Cirúrxica (3º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Cirurxía, Medicina
- Áreas: Cirurxía, Medicina
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: Anual
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| ALONSO VALENTE, RAFAEL. | NON |
| ALVAREZ PRECHOUS, ANGEL JOSE. | NON |
| ANCA COYA, ANDRES. | NON |
| ARAUJO VILAR, DAVID. | SI |
| ARAUJO VILAR, DAVID. | SI |
| BARREIRO MORANDEIRA, FRANCISCO. | NON |
| BELLO LOPEZ, JOSE LUIS. | NON |
| BUSTAMANTE MONTALVO, MANUEL PEDRO. | NON |
| CAINZOS FERNANDEZ, MIGUEL ANGEL. | NON |
| CARBALLO ARCEO, MARIA ESTHER. | NON |
| CASTRO GARCIA, ALFONSO. | NON |
| CONDE FREIRE, ROGELIO FELIPE. | NON |
| DEL CORRAL GOMEZ, FRANCISCO JAVIER. | NON |
| DELGADO BLANCO, MANUEL BENJAMIN. | NON |
| FERRER VIZOSO, ENRIQUE JOSE. | NON |
| GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA. | NON |
| GOMEZ-REINO CARNOTA, JUAN JESUS. | NON |
| GONZALEZ QUINTELA, ARTURO. | NON |
| IGLESIAS LOSADA, RICARDO. | NON |
| LARRAÑAGA FERNANDEZ, JOSE RAMON. | NON |
| LOPEZ LOPEZ, RAFAEL. | NON |
| LOUREIRO SANTAMARIA, MARIA DEL CARMEN. | NON |
| MARTINEZ CASTRO, JORGE JUAN. | NON |
| MARTINEZ VAZQUEZ, JOSE MANUEL. | NON |
| MASA VAZQUEZ, LUIS ALBERTO. | NON |
| NOYA GARCIA, MANUEL. | NON |
| PAREDES COTORE, JESUS PEDRO. | NON |
| PEÑALVA MAQUEDA, ANGELA. | NON |
| POSE REINO, ANTONIO DOMINGO. | NON |
| PRIETO MARTINEZ, ARTURO JOSE. | NON |
| PUÑAL RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO. | NON |
| RODRIGUEZ LOPEZ, MANUEL ISIDRO. | NON |
| RODRIGUEZ PASCUAL, CARLOS. | NON |
| RODRIGUEZ-SEGADE VILLAMARIN, FAUSTINO. | NON |
| SANTOS BOUZA, ANTONIO AMADEO. | NON |
| SESMA SANCHEZ, PASCUAL. | NON |
| SUAREZ DONO, FRANCISCO JAVIER. | NON |
| SUAREZ SAMBADE, MARIA DOLORES. | NON |
| TABOADA SUAREZ, ANTONIO. | NON |
| TORRE CARBALLADA, JOSE ANTONIO. | NON |
| VEREA HERNANDO, HECTOR RAMON. | NON |
| VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN. | NON |
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaa) Ensinarlle ao alumno o recoñecemento e a adquisión de síntomas e de signos (obxectivos da Propedéutica Clínica para o que se editou unha Guía de peto), o seu ordenamento xerárquico de acordo coa súa importancia para o diagnóstico (obxectivo da Semioloxía Clínica), e a súa distinción en fisiopatolóxicos, anatomopatolóxicos, patoxenéticos e etiolóxicos;
b) Formar o estudante no pensamento fisiopatolóxico, esencia da medicina científica;
c) A incorporación, no Novo Plan de Estudos, dos fundamentos fisiopatolóxicos da Cirurxía supuxo, sen dúbida, un enriquecemento.
ContidosComo introdución aos contidos clínicos das materias médico-cirúrxicas, a Patoloxía Xeral é unha materia moi extensa. Comprende 4 grandes apartados:
1) Fisiopatoloxía Xeral Básica. Integra a exposición do ámbito da materia, os fundamentos da Ética Médica, a Xenética Clínica, a Inmunopatoloxía, os fundamentos da Oncoloxía Xeral e unha introdución á Xeriatría. En suma, recórrense as causas xerais (incluída a iatroxenia) e os mecanismos igualmente xerais do enfermar
2) Fisiopatoloxía Clínica. Seguindo o mesmo ordenamento da Fisioloxía, estúdase, ordenados por órganos, aparellos e sistemas, os mecanismos fisiopatolóxicos comúns que explican os síntomas e os signos
3) Propedéutica Clínica. Desenvólvese en forma de seminarios dous días á semana. O seu obxectivo é preparar o alumno sobre o que verá e realizar inmediatamente antes da súa incorporación a cada un dos Servizos do Hospital, xunto ao Titor Clínico correspondente: Historia clínica, exame físico e ordenamento dos problemas clínicos percibidos, segundo sexan estes activos ou inactivos (posto que inda non coñecen o nome dos diferentes síndromes e entidades clínicas; pero enténdese que están capacitados para saber o que é un problema que preocupa ao paciente, problema activo, ou preocupou no seu momento, problema inactivo)
4) No Departamento de Cirurxía expóñense os fundamentos ou principios científicos da Cirurxía e, no aspecto práctico, expándense as súas habilidades clínicas aprendendo a curar feridas, a dar puntos, a colocar apósitos, etc.
Bibliografía básica e complementaria- García Conde, J.; Merino Sánchez, J. e González Macías, J., Patología General. Semiología Clínica y Fisiopatología, Editorial McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
- Laso, F. J., Patología General. Introducción a la Medicina Clínica, editorial Masson, Barcelona, 2004.
- Braunwald, E. et al., Harrison. Principios de Medicina Interna, Editorial McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2002.
- Cabezas Cerrato, J., Propedéutica Clínica. Guía de bolsillo, Departamento de Medicina, 2002.
- Seidel, H. M. et al., Manual "Mosby" de exploración física, Editorial Harcourt Brace, Madrid, 2002.
- Bickley, L. S., Bates. Manual de Propedéutica Médica, Editorial McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2001.
- Henry, M.B. e Thompson, J.N.: Cirugía Clínica. Masson, S.A., 2005.
- Tamames, S. e Martínez Ramos, C., Cirugía. Fisiopatología General. Aspectos básicos, Panamericana, 1997.
- Schwartz, S. I., Principios de Cirugía, McGraw Hill, 2006
- Townsend, J., Sabiston. Tratado de Patología Quirúrgica, McGraw Hill, 2004
- Henry M.M. y Thompson J.N. Cirugía Clínica. Masson, 2005
CompetenciasNon menos do 80% do quefacer médico na clínica xeral deberá ser adquirido durante este curso introdutorio á medicina clínica. Coñecemento e habilidades que serán potenciados e perfilados nos cursos clínicos posteriores: sistemática para a realización da historia clínica, sistematización da anamnese por aparellos e sistemas e a sistemática precisa do exame físico. Os libros de propedéutica clínica recomendados completarán a guía de peto mencionada, coas manobras clínicas correspondentes para un correcto exame físico.
Desde o punto de vista cirúrxico, o alumno debe familiarizarse cos aspectos básicos da técnica cirúrxica: coñecemento do material elemental e o seu manexo, realización de suturas de pel e tecidos brandos, retirada de puntos de sutura e a realización de curas.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas de 1 hora de duración, de luns a xoves.
Seminarios de propedéutica clínica de 1 hora de duración, 2 días á semana (ata agora, os mércores e os venres; o próximo curso, os luns e os mércores).
Sistema de evaluaciónFarase un exame parcial en febreiro que comprenderá os contidos explicados ata o 20 de xaneiro. O corpo fundamental do exame estará integrado por un multitest. Esíxese, para pasar o parcial (que se realiza sempre con carácter voluntario e eliminatorio de materia), unha puntuación do 70%. O exame final do mes de xuño ten unha dobre característica:
1) Contidos médicos: multitest coma o parcial;
2) Contidos cirúrxicos: preguntas curtas.
Esíxese para pasar a materia unha puntuación global do 65%.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais teóricas: 120 horas
Seminarios: 2 horas semanais
Horas de prácticas: 12 horas semanais
Duración dos exames: a) Parcial: 2 horas aproximadamente; b) Final: 4 horas aproximadamente
Recomendacións para o estudo da materiaEn especial, seguir os seminarios (que xustificarán mediante a sinatura de cada alumno ao comezo) e adoptar unha actitude activa durante a súa estancia nos Servizos Clínicos correspondentes onde o alumno realiza as súas prácticas e que cada día terá que xustificar coa súa sinatura ao rematar a xornada.