G2061101 - Anatomía Humana (Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer o desenvolvemento embriolóxico dos aparatos e órganos do corpo humano.
-Coñecer a morfoloxía, estrutura, función xeral dos aparatos e órganos do corpo humano.
-Coñecer en profundidade as estruturas craneo-faciais e cervicais.
ContidosMódulo I: Introdución
Unidade 1: Introdución e xeneralidades:
- Concepto de anatomía humana. A súa división. A anatomía humana ante da Ciencia Odontolóxica
- Concepto de morfoloxía. Estudo da forma. Estudo da estrutura. Estudo da función. Simetría, homoloxía e proporción. Organización xeral do corpo humano.
- Nómina anatómica.
- Terminoloxía anatómica de posición e movemento.
Módulo II: Aparato Locomotor.
Unidade 2: Sistema esquelético humano:
- Xeneralidades e desenvolvemento embriolóxico do esqueleto
- Ósos do craneo:
- Neurocraneo.
- Esplacnocraneo.
Unidade 3: Sistema articular e muscular humano.
- Xeneralidades e desenvolvemento embriolóxico das articulacións
- Articulación temporo-mandibular (ATM).
- Xeneralidades do músculo e os seus anexos
- Músculos da cabeza e do colo:
- Músculos faciais.
- Músculos da masticación.
- Músculos suprahioideos e infrahioideos.
- Anatomía funcional da mandíbula
Módulo III: Esplacnoloxía
Unidade 4: Aparato circulatorio. Xeneralidades de corazón e grandes vasos.
Unidade 5: Aparato respiratorio
Unidade 6: Aparato dixestivo
Unidade 7: Aparato xenito- urinario
Módulo IV: Sistema nervioso. Organización xeral.
Unidade 8: Xeneralidades del sistema nervioso central e vexetativo:
- Meninxes.
- Medula espinal. Organización xeral.
- Tronco do encéfalo. Nucleos principales. IV ventrículo
- Diencéfalo. Telencéfalo. III, II e I ventrículo.
- Concepto anatómico e funcional do sistema nervioso vexetativo: simpático e parasimpático
- Anatomía funcional de motricidade e sensibilidade
Unidade 9: Xeneralidades do sistema nervioso periférico. Introdución ao estudo dos pares craniais. Orixe real. Orixe aparente. Traxecto. Anatomía funcional.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
- Velayos, Jose Luís. Anatomía de la cabeza para odontólogos. Medica Panamérica. 2007.
- Richard L. Drake. Gray Anatomía para estudantes. Elsevier. 2ª edición.
- Snell. Neuroanatomía clínica. Medica Panamerica. 3ª edición.
Complementaria:
- Heinz Feneis. Nomenclatura anatómica ilustrada. Masson.
Atlas:
- Frank Netter. Atlas de anatomía humana. Masson.
-Prometheus. Texto e Atlas de anatomía. Medica Panamerica
CompetenciasCompetencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
CG.12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
Embriología, anatomía, histología e fisioloxía do corpo humano.
Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
Microbiología e inmunología.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embriología, anatomía, histología e fisioloxía específicos.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: consistirá no desarollo, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva: nas clases prácticas o alumno desenvolvese, analizará e comprobase os contidos expostos na lección maxistral e adquerirá competencias no campo das habilidades e destrezas (disección anatomía, realización de debuxos, etc.); nos seminarios os alumnos en grupos reducidos e baixo a supervisión do profesor, elaborará un traballo especifico da materia, que posteriormente exporá na aula.
Tutorias: realizásense en grupos reducidos para resolver as dúbidas do alumno con respecto á docencia expositiva como a interactiva
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria
Exame teorico suporá o 80% da nota e consistirá en:
- Preguntas tipo test, de resposta multiple.
- Preguntas curtas
O 20% da nota restante, comporao as notas obtidas por:
os traballos realizados nos seminarios
un exame práctico
as avaliacións continuadas ao longo do semestre
Tempo de estudo e traballo persoalPresenciais: 58 horas distribuídas en 28 horas expositivas; 24 horas de docencia interactiva e 6 horas de tutorias.
Traballo persoal: 92 horas distribuídas en 47 horas de estudo e 45 horas preparación de traballos
Recomendacións para o estudo da materiaUtilización dos apuntamentos e os Atlas de anatomía recomendados na clase.
Preparación con antelación da práctica
Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións.
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
ObservaciónsPara a realización das prácticas, o alumno necesitará o manual de prácticas da materia. Na sala de técnica será obrigatorio o uso dunha bata de prácticas e luvas.