G2061102 - Bioloxía, Xenética e Histoloxía Humanas (Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1) Coñecer a organización da materia viva a nivel celular e tisular.
2) A nivel celular, coñecer a bioloxía celular da célula eucariota, poñendo especial énfase en todos aqueles aspectos propios das células humanas.
3) Coñecer como e onde se atopa o material xenético e como se transmiten os xenes.
4) Coñecer como se produce o desenvolvemento elemental do ser humano.
5) Saber como se relacionan as células para formar tecidos e distinguir as características diferenciais dos distintos tecidos que forman parte do corpo humano.
6) Coñecer que tecidos se atopan na cavidade oral e que tecidos forman parte do aparato estomatognático.
7) Saber distinguir a estructura normal da patolóxica e entender que do tipo de estructura microscópica que se atopa en cada paciente pódense desprender distintos patróns de tratamentos odontolóxicos e estomatolóxicos.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA
Bioloxía Celular, Xenética e Embrioloxía Xeral
Tema 1.- Introdución á célula. Teoría celular. Orixe e evolución da célula. Morfoloxía celular.
Tema 2.- Medio ambiente e superficie celular: membrana plasmática e glucocálix. Hialoplasma e citoesqueleto: centriolos e axonemas.
Tema 3.- Sistema de endomembranas I. Retículo endoplásmico. Aparato de Golgi. Lisosomas.
Tema 4.- Sistema de endomembranas II. Mitocondrias. Peroxisomas e glioxisomas.
Tema 5.- Núcleo celular e ribosomas. Ribosomas e envoltura nuclear. Cromatina e cromosomas.
Tema 6.- División celular: ciclo celular. Mitose e meiose. Mecanismos de diferenciación celular: morte celular e apoptosis.
Tema 7.- O material hereditario: os xenes. Xenoma e cariotipo humano.
Tema 8.- Transmisión e expresión dos xenes. Herdanza mendeliana. Herdanza autosómica. Herdanza ligada ao sexo. Herdanza polixénica e multifactorial.
Tema 9.- Cambios do material genético; mutacions e outras variacions xenéticas.
Tema 10.- Xenética de poboacións. Proteómica. Epixenética. Terapias xénicas.
Tema 11.- Mecanismos básicos celulares do desenvolvemento e teorías. Gametoxénese e fecundación. Etapas fundamentais do desenvolvemento embrionario.
Tema 12.- Desenvolvemento humano durante as primeiras semanas de xestación. Anexos fetais. Factores que influyen no desenvolvemento embriolóxico. Teratoxénese
Histoloxía
Tema 13.- Concepto de Histoloxía e tecido biolóxico. Fundamentos instrumentais e técnicos. Perspectivas de futuro: enxeñería tisular.
Tema 14.- Tecido epitelial I.- Epitelios de revestimento.
Tema 15.- Tecido epitelial II.- Epitelios glandulares exócrinos: glándulas salivares. Epitelios glandulares endócrinos.
Tema 16.- Tecido conxuntivo: compoñentes e principais variedades. Tecido adiposo: tipos.
Tema 17.- Tecido cordal. Tecido cartilaxinoso: variedades maiores e menores. Cartílaxes da articulación temporomandibular.
Tema 18.- Tecido óseo: compoñentes e variedades. Osteoxénese e reparación ósea.
Tema 19.- Tecido muscular. Características diferenciais dos tecidos musculares (esquelético, cardíaco e liso).
Tema 20.- Tecido nervioso. A Neurona. Sinapses. Fibras nerviosas e nervios periféricos. Neuroglia.
Tema 21.- Sangue e Hematopoese. Plasma, corpúsculos e células sanguíneas. Hematopoese.
Tema 22.- Sistema Inmunitario. As células do sistema inmunitario e os órganos linfoides.
Tema 23.- Sistema cardiovascular. Estructura microscópica das arterias, venas e capilares.
Tema 24.- Aparatos dixestivo e respiratorio. Estructura básica do tubo dixestivo e das vías respiratorias superiores.
DOCENCIA INTERACTIVA
Prácticas de laboratorio
1.- Microscopio óptico: instruccións para seu manexo.
2.- Técnicas citolóxicas fundamentais: células asociadas e libres.
3.- Citoplasma: observación do retículo endoplásmico e do aparato de Golgi.
4.- Determinación do sexo. Frotis de mucosa oral: corpúsculos de Barr.
5.- Estudio de células libres: frotis de sangue.
6.- Embrioxénese: observación de imaxes e videos.
7.- Tecido epitelial I. Epitelios de revestimento. Mostras de intestino, traquea, ril e pel.
8.- Tecido epitelial II. Epitelios glandulares exócrinos e endócrinos. Mostras de glándulas salivares, páncreas, tiroide e hipófise.
9.- Tecidos conxuntivo e de sostemento I. Mostras de pel (dermis), mama e traquea.
10.- Tecidos conxuntivo e de sostemento II. Mostras de costela, mandíbula o fémures de animais de laboratorio. Vasos sanguíneos: exemplos de arterias e venas (preparacións de aorta y de pulmón).
11.- Tecido muscular. Mostras de lingua e outro músculo esquelético, parede intestinal o estomacal (músculo liso).
12.- Tecido nervioso. Mostras de medula espinal, cerebelo e córtex cerebral.
Seminarios
1.- Observación e discusión de imaxes microscópicas de Citoloxía.
2.- Observación e discusión do cariotipo humano.
3.- Problemas de herdanza autosómica.
4.- Problemas de herdanza ligada ao sexo.
5.- Gametoxénese e fecundación in vitro.
6.- Configuración exterior do embrión e do feto.
7.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de epitelios de revestimento.
8.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de epitelios glandulares.
9.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de tecidos conxuntivos e de sostemento (cartilaxe e óso).
10.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de vasos sanguíneos.
11.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de tecidos musculares (esquelético, cardíaco y liso).
12.- Observación e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de tecido nervioso.
Bibliografía básica e complementariaTEXTOS PARA CITOLOXÍA, XENÉTICA E EMBRIOLOXÍA:
- Alberts, B.; Bray, D. y Watson, J. D., Biología molecular de la célula, Editorial Omega.
- Darnell, J.; Lodish, H. y Baltimore, D., Biología celular y molecular, Editorial Omega.
- Griffiths, A. J. F.; Gelbart, W. M.; Miller, J. H. y Lewontin, R. C., Genética Moderna, McGraw Hill.
- Blanco, J. y Bullón, M., Genética General, Marban.
- Langman, J. y Sadler, J., Embriología médica, Interamericana.
- Moore, K. L., Embriología básica, Intermericana.
TEXTOS E ATLAS PARA HISTOLOXÍA:
- Fawcett, D. W., Tratado de Histología, Intermericana McGraw Hill, 1995.
- Gartner, L. P. e Hiatt, J. L., Histología: Texto Atlas de Histología, McGraw-Hill, 2001.
- Junqueira, L. C. y Carneiro, J., Histología Básica, Masson, 6ª edición, 2005.
- Rhodin, J.A.G., An Atlas of Histology, Oxford University Press, 1975
- Ross, M.H., Reith, E.J. y Romrell, L.J., Histología, Texto y Atlas Color, Panamericana, 1992.
- Stevens, A. y Lowe,J.. Histología Humana, 3ª edición. Elsevier Mosby, 2006.
- Welsch, U. Sobotta/Hammersen Histología, 4ª edición, Marban, 1995.
- Young, B. y Heath, J. W., Wheater's Histología Funcional, 4a edición. Harcourt, 2000.
CompetenciasCompetencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
CG.12. Comprender e recoñecer a estructura e función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.19. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, recolectarr e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
- Embrioloxía, Anatomía, Histoloxía e Fisioloxía do corpo humano.
- Xenética, Bioquímica, Bioloxía Celular e Molecular.
- Microbiología e inmunología.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparato estomatognático, incluíndose contidos apropiados de Embrioloxía, Anatomía, Histoloxía e Fisioloxía.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA
O profesor desenvolverá os contados teóricos do programa, apoiándose en esquemas realizados no encerado, en diapositivas o en outros medios audiovisuais. Ademais, se propoñerán temas a debate, que se desenvolverán nas sesións interactivas.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Nas sesións interactivas os alumnos analizarán e comprobarán os contidos expostos nas leccións maxistrais e adquirirán competencias no campo das habilidades e destrezas (simulacións interactivas, problemas de Xenética, preparación e análises de células e tecidos ó microscopio, etc.). No laboratorio, cada alumno, provisto da súa correspondente bata, realizará todos os pasos que se sinalarán no programa práctico. Na observación de mostras microscópicas o alumno observará co microscopio óptico diversas mostras de tecidos e aprenderá a describilos e recoñecelos. Para complementar a docencia teórica, se farán seminarios relacionados cos contidos da materia, realizando exercicios prácticos e proxectando imaxes de preparacións microscópicas con unha metodoloxía activo-participativa dos alumnos.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria.
A cualificación final comprenderá:
1) 60% da nota, será un exame final composto por dúas partes:
- Bioloxía Celular, Xenética e Embrioloxía (varias preguntas cortas de tipo ensaio).
- Histoloxía (15 preguntas de avaliación obxectiva o de tipo test). Cada pregunta terá 5 respostas posibles con unha única verdadeira; cada acerto será 1 punto y cada erro restará 0.25 puntos.
2) 40% da nota, será a suma das avaliacións correspondentes a:
- un exame práctico (interpretación de imaxes citolóxicas e histolóxicas.
- resolución de problemas e realización de traballos tutelados.
- participación activa nas clases interactivas.
- as avaliacións continuadas ao longo do semestre.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial: 58 horas, distribuídas en 30 horas expositivas, 22 horas de docencia interactiva e 6 horas de titorías.
Traballo persoal: 92 horas de estudo e preparación de traballos.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable que o alumno prepare con antelación os temas que se tratarán nas sesións teóricas e prácticas. Tamén se considera importante que o alumno leve ao día a materia, o que aseguraría unha mellor comprensión dos conceptos, posto que o programa está encadeado de tal forma que a comprensión e a integración do corpo doutrinal esixe saber o tema anterior para entender o seguinte.