G2061105 - Fisioloxía Humana (Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 40.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 59.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1.Comprender a fisioloxía humana, en tanto en canto que é unha das ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a odontoloxía, co fin de asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. En concreto:
1.1.Coñecer a función normal dos diferentes órganos, aparatos e sistemas do organismo, xunto cos seus fundamentos biofísicos e bioquímicos e os seus mecanismos de control.
1.2.Coñecer os mecanismos implicados na integración das funcións dos distintos órganos, aparatos e sistemas que permiten a homeostase corporal.
2.Establecemento das relacións necesarias entre os coñecementos do ámbito fisiolóxico e os doutras materias do curriculum para coñecer a estrutura e función do aparato estomatognático.
ContidosIntrodución
Tema 1. - Concepto de Fisioloxía. Evolución do concepto. A Fisioloxía en Odontoloxía.
Unidade temática I: Medio interno e líquidos do organismo
Tema 2. - Concepto de medio interno e da organización xeral do corpo humano. Homeostasia. Sistemas de control.
Tema 3. - Compartimentos líquidos do organismo: contido de auga e as súas variacións fisiolóxicas. Distribución da auga nos compartimentos. Principio do indicador. Distribución iónica nos compartimentos.
Unidade temática II: Movemento de substancias a través de membranas
Tema 4. - Membrana citoplasmática: difusión, difusión facilitada, transporte activo. Desprazamento de auga: ósmose.
Tema 5. - Movemento de líquidos e solutos no compartimento extracelular. Capilares sanguíneos: ultrafiltración. Capilares linfáticos.
Unidade temática III: Sistema Nervioso
Tema 6. - Organización funcional do sistema nervioso.
Tema 7. - Potencial electroquímico. Potencial de membrana. Potencial de acción: umbral, sumación, período refractario. Condución do impulso nervioso e velocidade de propagación.
Tema 8. - Sinapse: unión neuromuscular. Sinapse entre células nerviosas. Terminacións nerviosas no músculo liso.
Tema 9. - Músculo esquelético: propiedades mecánicas, actividade eléctrica, resposta contráctil e características metabólicas. Músculo liso.
Tema 10. - Receptores sensoriais: tipos de información e de receptores. Interacción receptor-nervio. Neurona sensorial primaria, secundaria e terciaria. Propioceptores: receptores musculares e tendinosos. Extereoceptores: sensibilidade cutánea.
Tema 11. - Proxeccións centrais dos receptores sensoriais. Sistemas sensoriais: medula espiñal, tronco cerebral, tálamo, corteza cerebral.
Tema 12. - Organización xeral do movemento. Organización da medula espiñal: reflexos espinais. Control da postura. A marcha. Movemento voluntario.
Tema 13. - Sistema nervioso autónomo. Hipotálamo-Sistema límbico.
Unidade temática IV Sangue
Tema 14. - Plasma sanguíneo: compoñentes inorgánicos e orgánicos. Funcións das proteínas plasmáticas. Funcións do plasma.
Tema 15. - Coagulación.
Tema 16. - Funcións dos eritrocitos. Hemoglobina. Produción, vida e lise dos glóbulos vermellos. Grupos sanguíneos.
Unidade temática V Corazón e circulación
Tema 17. - Corazón: fenómenos eléctricos. Fenómenos mecánicos e ciclo cardíaco.
Tema 18. - Frecuencia cardíaca. Forza de contracción do corazón. Inervacíón do corazón. Gasto cardíaco.
Tema 19. - Características xerais da circulación arterial e venosa. Determinación da presión arterial. Control de fluxo no sistema vascular. Regulación da presión arterial.
Unidade temática VI Aparato respiratorio
Tema 20. - Ventilación pulmonar: forzas e resistencias. Volumes e capacidades pulmonares.
Tema 21. - Circulación pulmonar. Relación ventilación-perfusión. Difusión. Probas de función pulmonar.
Tema 22. - Receptores de distensión. Quimioceptores centrais. Xeración do ritmo respiratorio.
Unidade temática VII Ril e vías urinarias
Tema 23. - Nefrona. Circulación renal. Filtración glomerular.
Tema 24. - Función do túbulo proximal. Función da asa de Henle. Función do túbulo distal e do túbulo colector.
Tema 25. - Control da actividade osmótica do organismo.
Tema 26. - Regulación do volume extracelular e do volume de sangue.
Tema 27. - Función amortecedora do sangue e os líquidos.
Tema 28. - Control respiratorio e renal do pH do sangue.
Unidade temática VIII Aparato dixestivo
Tema 29. - Secreción de saliva: compoñentes e funcións. Mecanismos de secreción salivar. Regulación da secreción de saliva.
Unidade temática IX Sistema endócrino
Tema 30. - Hormonas: natureza química. Mecanismo de acción das hormonas.
Tema 31. - Homeostase fosfocálcica.
Tema 32. - Regulación do metabolismo dos hidratos de carbono
Tema 33.- Reposta do organismo ó estrés
Bibliografía básica e complementaria-Bases Fisiológicas de la Práctica Médica (14ª edición). Best & Taylor. Panamericana. 2010.
-Fisiología Humana (10ª edición). Stuart Ira Fox. McGraw-Hill/Interamericana. 2008.
-Tratado de Fisiología médica (12ª edición). Guyton A.C., Hall J.E. McGraw-Hill/Interamericana. 2011.
-Fisiología humana: un enfoque integrado (4ª edición). Silverthorn, D.U. Panamericana. 2008.
-Fundamentos de Fisiología (1ª edición). Martín Cuenca, E. Thomson. 2006.
-Fisiología Médica (20ª edición). Ganong, W.F. Manual Moderno. 2006.
-Fisiología (6a edición). Berne R.M., Levy M.T. Elsevier. 2009.
-Fisiología Humana (3ª edición). Tresguerres J.A.F. Interamericana. 2005.
-Anatomía y fisiología del cuerpo humano (1ª edición). Tresguerres J.A.F. McGraw-Hill Interamericana. 2009.
-Medical Physiology (2ª edición). Boron Boulpaep. Elsevier. 2008.
-Fisiología oral. Bradley R.M. Panamericana. 1984.
-Essentials of Oral Physiology. Bradley R.M. Elsevier. 1995.
-Principios de neurociencia (4ª edición). Kandel E.R., Schwartz J.H., Jessel T.M. McGraw-Hill Interamericana. 2001.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
1.Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
2.Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
3.Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
4.Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparato, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
5.Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
6.Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas da materia:
1.Coñecer as bases funcionais dos diferentes órganos, aparatos e sistemas fisiolóxicos e ter a capacidade de integrar estes coñecementos para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
2.Establecer relacións entre os coñecementos do ámbito fisiolóxico e os doutras materias complementarias do curriculum, co fin de coñecer a morfoloxía e función do aparato estomatognático.
Metodoloxía da ensinanza Presentación na aula dos conceptos e procedementos relacionados cos contidos da materia.
Actividades na aula relativas ao seguimento en grupo dos temas propostos para ser desenvolvidos como seminario, mediante metodoloxía de estudos de casos.
Prácticas de laboratorio empregando simuladores de situacións fisiolóxicas.
Titorías en grupos reducidos e individuais.
Estudo independente do alumno.
Sistema de evaluaciónAs actividades formativas de presentación de coñecementos e procedementos e de estudo individual do alumno serán avaliadas mediante unha proba escrita, que consistirá en unha batería de preguntas de elección múltiple con 5 posibles respostas das que únicamente unha será válida. Para a superación do examen o alumno deberá contestar correctamente a lo menos a o 60% das preguntas, non téndose en conta para a avaliación da mesma as respostas erradas.As actividades formativas nas que o alumno realice algún tipo de traballo ou actividade, tanto de carácter individual coma en grupo, serán avaliadas a partir da documentación achegada polo alumno (informes).
A actividade desenvolvida nas prácticas de laboratorio será avaliada a partir do traballo desenvolvido polo alumno, así como as habilidades e actitudes mostradas durante a realización destas.
A nota final da materia repartirase da seguinte forma: Proba escrita: 80%, presentación e realización de informes e traballos nas actividades interactivas 10%, asistencia e participación activa nas actividades presenciais: 10% restante.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
Clases maxistrais: 40 horas.
Prácticas: 8 horas.
Seminarios: 8 horas.
Titorías: 3 horas.
Avaliación: 1 hora.
Total actividades presenciais: 60 horas.
Traballo persoal:
Estudo individual: 40 horas.
Busca de material e elaboración de traballos: 20 horas.
Solución de problemas: 8 horas.
Revisión do material de apoio: 22 horas.
Total traballo persoal: 90 horas.
Total actividades presenciais + traballo persoal: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia-Utilizar a bibliografía recomendada, dá igual o formato, o importante é que o alumno se acostume a manexar diversos libros e utilice os apuntamentos de clase unicamente como guións.
-Participar activamente nas actividades presenciais.
-Utilizar os recursos disponibies na e-aula.
-Utilizar as titorías.
-Adquirir dominio nos temas iniciais que son sobre os que se construirá o resto da materia.
ObservaciónsAínda que non existe prerrequisito legal para cursar esta materia, é esencial posuír un axeitado coñecemento da anatomía macroscópica e microscópica dos diferentes órganos e sistemas do organismo, especialmente do aparato estomatognático.
Constitúe un prerrequisito esencial o coñecemento do funcionamento molecular e metabólico dos sistemas biolóxicos eucarióticas e das leis e mecanismos que regulan as reaccións enzimáticas.
Tamén é aconsellable e desexable posuír un axeitado coñecemento das leis físicas fundamentais de aplicación no funcionamento dos sistemas biolóxicos.
É moi conveniente ser capaz de ler textos en inglés, así como de manexar un ordenador persoal a nivel de usuario básico.