G2061106 - Morfoloxía e Funcíón do Aparato Estomatognático (Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 57.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Coñecer e comprender a estrutura, microscópica e macroscópica dos dentes, a boca, os maxilares e tecidos anexos, tanto en saúde como en enfermidade nos dous sexos e durante as distintas etapas da vida
2.- Saber distinguir a estrutura normal da patolóxica e entender que do tipo de estructura que se atope en cada paciente pódense desprender distintos patróns de tratamentos odontolóxicos e estomatolóxicos.
3.- Entender a función do conxunto neuromuscular orofacial no contexto da masticación, deglución, a articulación temporomandibular, o sentido do gusto, a dor e a propiocepción.
4.- Comprender a función das glándulas salivares, a mucosa periodontal e dos dentes.
5.- Establecer relacións entre os coñecementos do ámbito morfolóxico e fisiolóxico cos doutras materias do currículo.
ContidosMÓDULO I: HISTOLOXIA ORAL
Docencia expositiva
Tema 1.- ESMALTE DENTARIO: Esmalte humano. Ameloxénese: histoloxía do órgano do esmalte.
Tema 2.- COMPLEXO POLPODENTINARIO.- Dentina; variedades e dentinoxénese. A polpa dentaria: compartimentación microscópica.
Tema 3.- PERIODONTO DE INSERCIÓN.- Cemento. Óso alveolar. Ligamento periodontal.
Tema 4.- PERIODONTO DE PROTECCIÓN.- Mucosa oral: Estructura histolóxica e variedades topográficas. Enxiva.
Docencia interactiva
Prácticas de Laboratorio
Práctica 1.- Esmalte e complexo polpodentinario. Análise de preparacións histolóxicas de dente humano adulto e en formación.
Práctica 2.- Estruturas periodontales.- Análise de preparacións de óso alveolar, cemento, ligamento periodontal e mucosa oral (enxiva e mucosa lingual).
Seminarios
1.- Análise e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de esmalte, dentina e polpa dentaria.
2.- Análise e discusión de imaxes de microscopía óptica e electrónica de estructuras periodontales (cemento, óso alveolar, ligamento periodontal e mucosa oral.
Módulo II: MORFOLOXÍA DO APARATO ESTOMATOGNÁTICO:
UD 1: Xeneralidades do sistema estomatognático. Características xerais dos dentes. Características da dentición humana. Tipos de denticións. Grupos dentarios. Nomenclatura de superficie. Sistemas de rexistros e fórmulas dentarias
UD 2: Morfoloxía dentaria: Coroa, liña cervical, porción radicular e cavidade polpar. Método descritivo dentario.
UD 3: Dentoxénese. Fases da dentoxénese. Desenvolvemento dentario (calcificación e erupción)
UD 4: Dentición permanente. Grupo dentario incisivo. Grupo dentario cairo. Grupo dentario premolar. Grupo dentario molar
UD 5: Dentición decidua. Diferenzas da dentición decidua e permanente. Grupo dentario incisivo. Grupo dentario cairo. Grupo dentario molar
UD 6: Os dentes na cavidade bucal. Articulacións alveolo-dentarias. Periodonto. Arcos dentarios (permanentes e temporais). Formas e relacións dos arcos dentarios. Relacións de antagonismo
UD 7: Vascularización e inervación dentaria.
UD 8: Metodos de imaxe para o estudo do sistema dentario
MÓDULO III: FUNCIÓN DO APARATO ESTOMATOGNÁTICO:
Sensibilidade oral: temperatura, gusto, olfacto.
Nocicepción. Nociceptores. Proxeccións centrais dos nociceptores. Hiperalgésia.
Dor. Tipos de dor. Mecanismos centrais para o control do dor. Teoría do control regulado. Endorfinas e encefalinas.
Dor na rexión orofacial. Factores físicos que orixinan o dor pulpar.
Organización do aparato estomatognático. Posición de repouso. Oclusión. Movementos mandibulares.
Forza masticatoria. Ritmo masticatorio. Finalidade e eficacia masticatoria.
Reflexos masticatorios. Modulación dos reflexos masticatorios. Control voluntario dos reflexos masticatorios.
Axuste masticación-deglución. Deglución de sólidos e líquidos: fases. Nausea e vómito: mecanismos.
Fonación e fala
Regulación nerviosa da secreción de saliva.
Bibliografía básica e complementariaTEXTOS E ATLAS PARA A HISTOLOXÍA ORAL:
- Berkovitz, B. K. B.; Holland, G. R. e Moxham, B. J., Atlas en color y Texto de Anatomía Oral, Histología y Embriología, Mosby Doyma, 1995.
- Bhaskar, S. N., Histología y Embriología Bucal de Orban, El Ateneo, 1983.
- Brännstrom, M., Dentin and Pulp in Restorative Dentistry, Wolfe, 1981
- Gómez de Ferraris, M.E. y Campos Muñoz, A., Histología, Embriología e Ingeniería Tisular Bucodental, Panamericana, 2009.
- Melfi, R.C., Permar's Oral Embryology and Microscopic Anatomy, 8ª ed., Lea & Febiger, 1988.
- Mjör, I.A. y Fejerskov, O., Embriología e Histología Oral Humana, Salvat, 1989.
- Squier, C.A., johnson, N.W. y Hopps, R.M., Human Oral Mucosa, Development, Structure and Funtion, Blackwell, 1976.
- Ten Cate, Histología Oral: Desarrollo, estructura y función, Panamericana, 1986.
TEXTOS E ATLAS PARA A ANATOMÍA ORAL:
Básica:
- Velayos, Jose Luís. Anatomía de la cabeza para odontólogos. Medica Panamérica. 2007.
- Nelson, Stanley J. Wheeler, anatomía, fisiología y oclusión dental.
Madrid: Elsevier, 2010
- Figun Mario Eduardo.Anatomía odontológica funcional y aplicada. 2ª ed., 8ª reimp. Buenos Aires : O Ateneo, imp. 2001.
Atlas:
- Norton, Neil S. Netter: Anatomía de cabeza y cuello para odontologos. Barcelona: Elsevier Doyma, 2007.
TEXTOS PARA A FISIOLOXÍA ORAL:
- Título Fisiología Oral
Autor Bradley R.M.
Ano Publicación 1984
Editorial Panamericana
ISBN 950-06-0182-6
- Título Essentials of Oral Physiology
Autor Bradley R.M.
Ano Publicación 1995
Editorial Elsevier
ISBN 1-55664-088-9
- Título Principios de neurociencia
Autor Kandel E.R., Schwartz J.H., Jessel T.M.
Ano Publicación 2000
Editorial Editorial McGraw-Hill Interamericana
ISBN ISBN 84-486-0311-7
- Título Fisiología Humana
Autor Fox S.I.
Ano Publicación 2003
Editorial Editorial McGraw-Hill Interamericana
CompetenciasCompetencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
CG.12. Comprender e recoñecer a estructura e función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.19. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
- Embrioloxía, Anatomía, Histoloxía e Fisioloxía do corpo humano.
- Xenética, Bioquímica, Bioloxía Celular e Molecular.
- Microbiología e inmunología.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparato estomatognático, incluíndose contidos apropiados de Embrioloxía, Anatomía, Histoloxía e Fisioloxía.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva:
Consistirá no desenvolmento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica, mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva:
Nas clases prácticas o alumno desenvolverá, analizará e comprobará os contidos expostos na lección maxistral e adquerirá competencias no campo das habilidades e destrezas (simulacións interactivas, análises de preparacións microscópicas, disección de anatomía, realización de debuxos, etc.).
Nos seminarios, os alumnos en grupos reducidos e baixo a supervisión do profesor, elaborarán un traballo especifico da materia, que posteriormente exporán na aula (en histoloxía oral os alumnos analizarán e discutirán imaxes histolóxicas de dentes e de estruturas propias da cavidade oral e do aparato estomatognático).
Aula virtual
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria
A avaliación efectuaráse valorando:
1) 60% da nota: Exame Final tipo test de elección múltiple.
2) 40% da nota: cualificacións correspondentes a:
. un exame práctico.
. resolución de problemas e realización de traballos.
. participación activa nas clases interactivas.
. as avaliacións continuadas ao longo do semestre.
Tempo de estudo e traballo persoalPresenciais: 57 horas distribuídas en 25 horas expositivas; 26 horas de docencia interactiva e 6 horas de tutorias.
Traballo persoal: 93 horas distribuídas en 45 horas de estudo e 48 horas preparación de traballos
Recomendacións para o estudo da materiaUtilizar os libros recomendados.
Preparación con antelación da práctica
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
Participar activamente nas clases presenciais.
Usar o e-aula.
Adquirir dominio dos temas iniciais sobre os que se construirá o resto da materia.
ObservaciónsPara a realización das prácticas de anatomía, o alumno necesitará o manual de prácticas da materia. Na sala de técnica será obrigatorio o uso dunha bata de prácticas e luvas.