Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061107 - Microbioloxía e Inmunoloxía (Ciencias Biomédicas Básicas relevantes en Odontoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 0.50
  • Total: 57.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME.NON
SEOANE PRADO, RAFAEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer as características morfolóxicas e fisiolóxicas básicas dos distintos microorganismos de interese na Microbiología, de tal forma que poidan comprender os aspectos máis específicos da materia

    Comprender a importancia dos mecanismos de control dos microorganismos e os principais métodos para realizalo, con especial atención aos de maior interese na Odontoloxía.

    Coñecer os fundamentos do sistema de defensa do hospedeiro. Composición e activación da respuesta inmunitaria
    Entender as enfermidades infecciosas como o resultado da interacción dos microorganismos co hospedeiro e os principais mecanismos de patoxenia das enfermidades infecciosas

    Coñecer a etioloxía, patoxenia e tratamento antimicrobiano das principais enfermidades infecciosas da cavidade oral.

    Coñecer e comprender os fundamentos da terapia antimicrobiana e os principais mecanismos de resistencia dos microorganismos fronte á quimioterapia.

    Obter unha visión xeral dos microorganismos como axentes causais de enfermidades sistémicas e coñecer a súa repercusión na o saúde bucodental.

    Coñecer os principios básicos de inmunología necesarios para comprender as diversas respostas do sistema inmune humano.

    Contidos
    Tema 1: Introdución a Microbioloxía
    Concepto de Microbioloxía. Introdución histórica. Niveis de organización celular. Principais grupos de microorganismos. Metodoloxía microbiolóxica: aspectos básicos da microscopia. Tinguiduras dos microorganismos. O estudo das poboacións microbianas: o cultivo dos microorganismos
    DURACIÓN: 0,5 clases

    Tema 2: Morfoloxía da célula bacteriana
    Tamaño e forma bacteriana. Estrutura da célula bacteriana. Elementos obrigados: parede celular: tipos e estrutura, formas sen parede. A membrana citoplasmática e mesosomas. O citoplasma bacteriano. Ribosomas. O nucleoide bacteriano e o xenóforo. Elementos facultativos. Glicocálix: cápsula e limos. Apéndices: flaxelos, fimbrias e pilli. Material xenético extranuclear: os plásmidos. Gránulos citoplasmáticos. As formas de resistencia: endosporas e esporoxénese
    DURACIÓN: 2 clases

    Tema 3: O metabolismo bacteriano e a súa regulación
    A nutrición bacteriana e os seus tipos. O transporte de nutrientes nas bacterias. Reaccións de mantemento: a obtención quimiotrofa de enerxía: respiración e fermentación. A fosforilación oxidativa e o transporte electrónico. Metabolismo anaeróbico: tipos de fermentación anaeróbica. Respiración anaerobia. Xeración do poder redutor. Biosíntese: gliconeoxénese, síntese de aminoácidos e nucleótidos. Polimerización e ensamblaxe: síntese de polisacáridos. Replicación e transcrición. Síntese de proteínas en procariotas. Formación da parede bacteriana Integración de catabolismo e anabolismo: vías anaplerópicas. Regulación da actividade enzimática polo produto final: alosterismo. Regulación da síntese proteica: os operóns. Indución, represión e atenuación enzimática. Outros mecanismos de regulación
    DURACIÓN: 2 clases

    Tema 4: O crecemento e desenvolvemento bacteriano
    A división celular nas bacterias: tipos. Factores de crecemento bacteriano: factores de nutrición e ambientais. Fases do crecemento bacteriano e a súa determinación. Medios de cultivo
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 5: Control do crecemento bacteriano (I). Axentes químicos e físicos
    Terminoloxía e métodos de ensaio. Principais axentes físicos de control dos microorganismos. Principais axentes químicos para o control dos microorganismos. Valoración dos axentes de control. Principais métodos de control en Odontoloxía
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 6: Control do crecemento bacteriano (II). Antibióticos e quimioterápicos
    Definicións. Clasificación de antibióticos e quimioterápicos. Mecanismos de acción. Resistencias aos antibióticos. Medida da susceptibilidade microbiana. Os antibióticos en Odontoloxía
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 7: Xenética bacteriana
    Variabilidade bacteriana. Variacións fenotípicas e xenotípicas. Mutación e mutaxénese. Recombinación xenética: transformación e transdución. A sexualidade nas bacterias: conxugación bacteriana. Os transposóns.
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 8: Características xerais dos virus e outras formas infecciosas simples
    Morfoloxía e estrutura dos virus. A xeración de novas partículas virais: multiplicación viral. Os virus temperados e a lisoxenia. Terapia antiviral. Viroides e prións
    DURACIÓN: 1,5 clases

    Tema 9: Os microorganismos eucariotas
    A célula eucariótica. As algas microscópicas. Os protozoos. Fungos: estrutura, tipos morfolóxicos e reprodución
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 10: Os ecosistemas microbianos. O sistema ecolóxico bucal
    Os ecosistemas microbianos. Tipos de asociacións entre organismos. A flora normal. O sistema ecolóxico bucal
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 11: Relación parasito-hospedeiro: Introducción á Inmunoloxía
    Relación hospedador parásito. Introducción a la inmunología
    Principios da defensa inmunitaria. Tipos de defensa: innata e adaptativa. Elementos da defensa inmunitaria: células, tecidos, antíxenos e outras proteínas do sistema inmunitario. As células da inmunidade innata e as súas actividades. Fagocitose. O complemento e a sua actividade. Inmunidade humoral: maduración, activación e actividade efetora dos linfocitos B. Inmunidade celular: maduración, activación e actividad efetora dos linfocitos T. A densesa fronte as infecciones: antíxenos microbianos. Efectos dos mecanismos de defensa sobre os microorganismos. Reaccións de hipersensibilidade e autoinmunidade. Inmunización
    DURACIÓN: 5 clases

    Tema 12: Infección e enfermidade
    Definicións: patoxenicidade e virulencia. Factores de virulencia e patoxenicidade bacteriana. Patoxenia das infeccións virais. Modelos de infección. Transmisión das enfermidades infecciosas
    DURACIÓN: 2 clases

    Tema 13: Introdución á taxonomía microbiana
    Concepto de especie en Microbioloxía. Nomenclatura. Tipos de clasificación bacteriana. Clasificación dos virus. Métodos de identificación microbiana: probas de identificación. Principais bacterias e virus de interese sanitario
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 14: Principais bacterias relevantes na patoloxía oral.
    Estreptococos orais. Outras Posibacteria: Outros cocos Gram(+) Lactobacillus, Eubacterium, Togobacteria: Veillonella y Selenomonas. Actinobacteeria: Actinomyces, Corynebacterium, Propionibacteriu, Bifidobacterium y Rothia. Negibacteria: Bacterias G(-) aerobias e facultativas: Eikenella, Campylobacter, Capnocytophaga e Aggrgatibacter (Actinobacillus). Bacterias anaerobias, Porphyromonas, Prevotella, Tannerella, Bacteroides, Fusobacterium
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 15: A placa bacteriana dental
    Aspectos xerais da anatomía do dente. Mecanismos de adherencia das bacterias aos tecidos bucais. A placa bacteriana: composición e estrutura. Formación e maduración da placa dental. O sarrio dental
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 16: A carie dental
    A carie dental: definición e descrición clínica. Etioloxía da carie dental: principais bacterias implicadas. Patoxenia da carie dental
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema 17: A enfermidade periodontal
    Clasificación da enfermidade periodontal. Etioloxía da enfermidade periodontal crónica. Patoxenia da enfermidade periodontal crónica. Outras enfermidades infecciosas do periodonto: xenxivites agudas (herpética, do embarazo, G.U.N.A. estreptocócica), periodontite agresiva (localizada e xeneralizada) e o absceso periodontal. Periimplantite.
    DURACIÓN: 2 clases

    Tema 18: Infeccións dos tecidos pulpares e periapicais
    Etioloxía das alteracións pulpares: microorganismos implicados e vías de entrada. Patoxenia e control das infeccións pulpares e periapicais. Complicacións das infeccións bucodentais
    DURACIÓN: 1 clase

    Tema19: Outras infeccións da cavidade oral
    Infeccións focais con orixe oral: concepto, vías de diseminación e principais patoloxías
    Infeccións da glándulas salivares. Pericoronite. Halitose. Principais infeccions virais da caviade oral: xenxivoestomatite herpética, herpanxina, enfermidade man-boca-pé, parotidite vírica, condiloma e verrugas por papilomavirus.Hepatites virais. Infección polo virus da inmunodeficiencia humana Candidosis oral: patoxenia, clínica e tratamento. Outras infeccions micóticas de interese odontolóxico: Histoplasmosis, aspergilosis y criptococosis Protozoos parásitos da cavidade oral.
    DURACIÓN: 2 clases

    Tema20: Principais microorganismos de interese nas patoloxías sistémicas
    Bacterias penetrantes extracelulares: cocos pióxenos G(+) (Staphylococcus, Strepctococcus), cocos e bacilos pióxenos G(-) (Neisseria, Bordetella, Haemophylus), bacterias entéricas (Enterobacteriaceae, Campylobacter y Helicobacter); pseudomonadales (Pseudomonas, Legionella). Outras bacterias extracelulares (Listeria, Brucella). Bacterias similares aos fungos (Actinomycetaceae, Mycobacterium). Bacterias toxixénicas (Bacillus, Clostridium, Corynebacterium, Vibrio). Anaerobios non esporulados (Bacteroides, Fusobacterium). Espiroquetas (Treponema, Borrelia). Ricketssias, Chlamydias y
    Contidos
    Micoplasmas. Virus ARN: Picornavirus, Togavirus, Reovirus, Ortomixovirus y Paramixovirus. Retrovirus oncóxenos Virus ADN: Papovavirus, Adenovirus, Herpesvirus y Poxvirus. Infestacións por helmintos
    DURACIÓN: 2 clases

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    TEXTOS XERAIS RECOMENDADOS
    “Microbiología oral 2ª ed” Liébana y otros. MacGrawHill-Interamericana
    “Microbiología Estomatológica. Fundamentos y guía práctica2ª Ed”. Negroni. Panamericana

    TEXTOS RECOMENDADOS PARA A INMUNOLOXÍA BÁSICA
    "Inmunología de Kuby, 6ª Ed." KINDT, T.J., GOLDSBY, R.A. y OSBORNE B.A. McGraw-Hill, Méjico, 2007
    "Inmunología celular y molecular 7ª Ed." ABBAS, A.K., LICHTMAN, A.H. y PILLAI, S. Elsevier España, 2012
    “Inmunología 7º Ed." MALE, D., BROSTOFF, J., ROTH, D.B.y ROITT, I. Elsevier España, 2007
    "Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario 4 Ed.". REGUEIRO, J.R., LOPEZ, C., GONZÁLEZ, S. Y MARTÍNEZ, E. Editorial Médica Panamericana, 2010



    TEXTOS APLICABLES Á PARTE XERAL E SISTEMÁTICA
    “Microbiología Médica 5ª ED.” Murray, Rosenthal y Pfaller. Elsevier-Mosby
    “Microbiología” Walker. McGraw-Hill Interamericana.
    “Microbiología Médica” Mims, Playfair, Roitt, Wakelin y Williams. Harcourt-Brace Mosby.
    "Introducción a la Microbiología 9ª Ed Tortora, Funke, Case. Panamericana

    TEXTOS ESPECÍFICOS DE MICROBIOLOXÍA BUCAL
    “Infecciones orofaciales. Diagnóstico y Tratamiento” Bascones y Manso. Ediciones Avances
    “Caries”. Thylstrop y Fejerstov. Doyma.
    “Periodontologia Clínica” Carranza. Interamericana.
    “Bases Biológicas de la Caries Dental”. Menaker. Salvat

    ARTIGOS DE REVISIÓN OU DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DE INTERESE
    En moitos temas inclúese unha bibiografía específica en revistas de divulgación científica de calidade como "Investigación y Ciencia" ou "Mundo Científico".

    ALGUNHAS PAXINAS WEB DE INTERESE
    http://www.microbelibrary.org Mantida pola American Society of Microbiology Interesante colección de imaxes e esquemas
    http://www.geocities.com/CapeCanaveral/3504/gallery.htm. Boa colección de cultivos e mostras clínicas.
    http://www.dsmz.de/microorganisms/bacterial_nomenclature.php Mantida pola coleccion Alemana de cultivos. Actualiza nomes de xéneros e especies microbianos
    http://www.freemedicaljournals.com/htm/esp.htm Permite o acceso a diversas publicacions médicas gratuitas. Boa páxina para facer búsquedas bibliográficas.


    Competencias
    A aprendizaxe da materia de Microbioloxía e Inmnuloxia proporcionaralle ao alumno un coñecemento do mundo microbiano importante para o seu desenvolvemento profesional tanto no ámbito do control da infección cruzada coma no diagnóstico e tratamento de moitas patoloxías bucodentais. Igualmente o alumno estará familiarizado co funcionamento so sistema inmunitario e será capaz de recoñecer o seu papel na defensa fronte as infeccións e potencialmente patoxénico na hipersesibilidade.

    Ao finalizar o curso o alumno será capaz de diagnosticar e avaliar a progresión das enfermidades infecciosas da cavidade oral e comprender a utilidade das medidas hixiénicas para o control de moitas patoloxías orais. Finalmente será capaz de avaliar as opcións de terapéutica antibiótica ou farmacolóxica no tratamento da infeccións, ben como único tratamento ou como coadxuvante doutras accións terapéuticas en odontoloxía restauradora ou reparadora.

    Como proxección nos seguintes cursos da licenciatura obterá unha base de coñecemento que lle facilitará a mellor comprensión doutras materias posteriores como a parte de enfermidades infecciosas de Patoloxía Médica, a Patoloxía e Terapéutica dental ou a Periodoncia e a Odontoloxía Preventiva e Comunitaria

    Como ganancia engadida o curso suscitarase intentando sempre unha visión científica do mundo cotián, buscando sempre exemplos da vida diaria para a mellor comprensión dos fundamentos científicos da Microbioloxía.

    Coñecer as ciencias inmunolóxicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas:
    O contido da materia desenvolverase a través de clases teóricas duns 50 minutos de duración con apoio de diverso material audiovisual (proporcionaráselles aos alumnos copia impresa da maioría do material utilizado). Sempre se intentará promover a participación dos alumnos na discusión daqueles aspectos da materia de maior relevancia ou dificultade de comprensión, intentando en calquera caso que estas participacións non sexan demasiado concretas e abundantes como para atrasar significativamente o desenvolvemento da clase sen achegar solucións a problemas xerais.

    Aula Virtual:
    Existe un aula virtual da materia onde se propoñerá a realización de traballos, realizaranse probas en liña de avaliación continua unha vez finalizada a exposición de cada tema ou bloque temático. Neste espazo colgaranse os guións e obxectivos dos diferentes temas explicados así como a maioría do material audiovisual. De particular relevancia é a existencia dun foro de titorías no que se estimula que sexan os propios alumnos os que participen na resolución das dúbidas suscitadas polos seus compañeiros, sempre baixo a supervisión do profesor.

    Clases prácticas:
    Desenvolveranse no laboratorio de Microbioloxía durante unha semana, de tal forma que os alumnos poidan comprender o desenvolvemento secuencial das técnicas microbiolóxicas e poidan traballar con material obtido por eles mesmos, mellor que con cultivos proporcionados polo profesor. Pretendese cos alumnos "crean" na existencia dos microorganismos e realicen as principais ténicas microbiolóxicas e inmunolóxicas que soportan o funcionamento dos equipos automáticos do laboratorio clínico. Os alumnos adquiren a prática necesaria para o manexo do material estéril e das técnicas de traballo aséptico.


    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase mediante exame escrito e a avaliación continua dos alumnos pola súa participación e actitude durante as clases teóricas e prácticas. Será de especial relevancia a participación nos foros do aula virtual

    Exame (75% da nota total)
    No caso de que as condicións do desenvolvemento da docencia na Facultade permítano realizarase unha primeira proba de control a metade do cuadrimestre antes da realización do exame final. Esta primeira proba permite a liberación de materia para a convocatoria ordinaria. O peso dos contidos do programa no exame sera proporcinal ao número de creditos impartidos.


    O exame consta de:
    Preguntas test (P.E.M) (aprox 60)
    Puntúa o 70% da nota de exame
    Cinco posibles respostas
    Só unha resposta correcta
    Non puntúa negativo
    Preguntas curtas (P.C.)(entre 10-15)
    Puntúa entre o 20 e o 30% do total do exame (segundo haxa ou non tema)
    Para contestar no menor espazo posible
    Valórase a capacidade de resumir conceptos
    Tema de desenvolvemento ou pregunta xeral (non sempre)
    Puntúa o 10 % da nota do exame
    Valórase a capacidade de relacionar diversos aspectos da materia e da mesma con outras materias

    Probas de avaliación continua (15 % da nota final)
    Realizaranse fundamentalmente mediante o aula virtual, aínda que poden realizarse algunhas probas sorpresa durante o desenvolvemento das clases teóricas

    Participación activa no curso (5% da nota total)
    Puntuarase segundo a valoración que o profesor faga da participación activa nas clases teóricas e prácticas e moi especialmente nos foros do aula virtual. É determinante para a Matrícula de Honra

    Presentación de seminarios (5% da nota final)
    Puntuarase segundo a valoración que o profesor faga de calidade dos contidos e a claridade da exposición por parte dos alumnos

    Requisitos para aprobar a materia

    Só avaliarase positivamente a aqueles alumnos que superen os seguintes criterios de exclusión:
    Exame 60% de acertos nas *P.E.M. e >30% da puntuación nas *P.C.
    Probas de avaliación continua >50% realizadas (independentemente da nota obtida)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Unha aproximación ao tempo de estudo e traballo dedicado á materia pode ser a de 3 horas por cada clase teórica (a duración de cada tema inclúese no programa).
    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable que se teña cursado no Bacharelato a materia de Bioloxía posto que se non moitos dos conceptos básicos para a comprensión da materia poden resultar totalmente descoñecidos.
    É moi recomendable levar a materia "ao día" posto que os conceptos explicados en temas anteriores son o soporte necesario para avanzar na explicación da materia de forma comprensible.

    Observacións
    A duración dos temas indicada en contidos pódese ver levemente modificado coa evolución da docencia.