Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061108 - Introdución á Odontoloxía. Clínica e Laboratorio (Introducción á Odontoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 40.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 73.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estomatoloxía
  • Áreas: Estomatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO FERREIRO, JOSE MIGUEL.NON
Martín Biedma, Benjamín José.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
    Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
    Ter coñecemento da patoloxía bucal e a súa prevención.
    Coñecer os principios básicos de deseño ergonómico dun gabinete odontolóxico e da unidade dental. Coñecer e usar o equipamento e instrumental básicos para a práctica odontolóxica.
    Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual coma dentro do equipo de traballo, cando sexa apropiado na práctica odontolóxica.
    Coñecer os principios científicos de esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica
    Coñecer os elementos necesarios para a práctica de técnicas de diagnóstico radiolóxico. Coñecer as diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe en odontoloxía.
    Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica.
    Ter coñecementos sobre unha historia clinica xeral do paciente e unha ficha clínica que reflicta fielmente os rexistros do paciente.
    Coñecer as especialidades odontolóxicas e a súa relación coa medicina.
    Contidos
    Clase Expositiva

    1) Introdución á Odontoloxía. Especialidades. (12 horas)
    a) A profesión odontolóxica, perspectiva histórica. A titulación de Odontólogo, competencias e saídas profesionais. As especialidades odontolóxicas. O persoal técnico auxiliar: Técnicos protésicos, Hixienistas Dentais e Auxiliares de Clínica Dental. (1hora)
    b) Antropoloxía dentaria. Anatomía do aparato. A boca e os dentes. Características anatómicas e colorimétricas. Idade dentaria. (4 horas)
    c) Especialidades odontolóxicas. (7 horas)
    i) Odontoloxía Conservadora
    ii) Prótese. Tipos de prótese dentaria.
    iii) Ortodoncia
    iv) Cirurxía Oral
    v) Patoloxía Oral: O cancro oral.
    vin) Periodoncia
    vii) Implantoloxía Oral

    2) Deseño, instrumental e ergonomía da Clínica Dental. (9 horas)
    a) Principios de deseño do consultorio dental. Equipamento odontolóxico elemental. Dispositivos característicos da cadeira de brazos dental. Maquinaria de aspiración e de aire comprimido. Outros dispositivos accesorios: Unidade de radioloxía intraoral, lámpadas de polimerización, mesturadoras e outros. (2 horas)
    b) Instrumental na clínica dental. (6 horas)
    i) Instrumentación xeral básica en Odontoloxía. Preparación do campo operatorio.
    ii) Instrumental de Odontoloxía Conservadora.
    iii) Instrumental para Prótese Dentaria
    iv) Aparatoloxía e instrumental en Ortodoncia
    v) Instrumental de extracción dentaria, Medicina e Cirurxía Oral.
    vin) Instrumental para Hixiene Dental e Periodoncia.
    vii) Instrumental Básico en Implantoloxía Oral
    c) Fundamentos de Ergonomía. (1 hora)

    3) A infección cruzada. Material, equipamento e directrices básicas para a desinfección e a esterilización en Odontoloxía. (1 hora)

    4) Diagnóstico en Odontoloxía: (4 horas)
    a) Consentimento informado
    b) Protección de datos
    c) Historia clínica.
    d) Historia odontolóxica.
    e) Radioloxía.
    f) Outras probas diagnósticas.
    g) Diagnóstico diferencial e diagnóstico de certeza.

    5) Odontoloxía Preventiva (2 horas).
    a) Técnicas de cepillado e hixiene dental
    b) Control de placa bacteriana
    c) Selado de fisuras
    d) Odontoloxía minimamente invasora
    e) Hábitos nocivos

    6) Relacións entre Medicina e Odontoloxía. Enfermidades xerais e a súa repercusión no tratamento odontolóxico. (2 horas)

    Clase interactiva seminarios
    1.- Exposicións en formato audivisual
    2. -Charlas de expertos nas distintas especialidades odontolóxicas
    3.- Complementación das clases teóricas
    4.- Toma de contacto co instrumental e as diferentes instalacións dentais
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía
    Águila Ramos FJ, Tegiacchi M. Ergonomía en odontología. Barcelona: Jims; 1991
    Alcaraz Baños M. La radiología dental en España. Murcia: Editum; 2008
    Binhas E, Matchtou P. Guide pratique du contrôle de l’infection au cabinet dentaire. Paris: CdP;1991
    Bössmann K, Heinenberg BJ. Medidas higiénicas en la clínica dental. Barcelona: Doyma; 1992.
    Chimenos E. Radiología en medicina bucal. Barcelona: Masson; 2005
    Cottone JA, Terezhalmy GT, Molinari JA. Practical infection control in dentistry.
    Baltimore:Williams & Wilkins; 1996
    Finestres Zubeldia F. Protección en radiología odontológica. Barcelona: Edicions
    Universitat de Barcelona; 2004
    Goaz PW, White SC. Oral radiology. Principles and interpretation. 3rd ed. St. Louis, Missouri:Mosby; 1994
    Horner K, Rout J, Rushton V. Interpreting dental radiographs. London: Quintessence; 2002
    Lozano de Luaces V. Control de las infecciones cruzadas. Madrid: Avances; 2000
    Pendlebury ME. Selection criteria for dental radiography. 2nd Rev. ed. London: Faculty of General Dental Practitioners; 2004
    Radiografía dental correcta y radiografía panorámica correcta. Stuttgart: Kodak Dental, 2003
    Whaites E. Fundamentos de radiología dental : cuarta edición. Barcelona: Elsevier Masson;2008
    White SC, Pharoah MJ. Radiología oral : principios e interpretación.Madrid: Harcourt; 2002
    Articulos
    Alexander RG. Practical points to practice efficiency. Part I. J Clin Orthod. Aug. 1975; 9(8):473-83.
    Borea G, Montebugnoli L, Vasconi L. Practice stress under ergonomic and non-ergonomicworking conditions. Clinical experimental study. ZWR. 95(7):756-758, Jul. 1986. [Articleoriginal en alemany]
    Brahe A. Sit-down techniques for stress-free dentistry. Dentalpractice. Mar. 1980; 1(3):91-92
    Caux Y, et al. Ergonomics and endodontics: rationalization of the endodontic procedure. Rev.Odontostomatol. Sept-Oct. 1984; 13(5): 352-364
    Calatayud J, Alvarez C, Lozano de Luaces V, Toledano M. Prevalencia del dolor de espalda en la práctica odontoestomatológica. Estudio piloto. Arch Odonto Estomatol. Mar. 1991; 17(3)
    Ehmer D. Working posture during the treatment of a slightly reclining patient. Stomatol DDR.Dec. 1975; 25(12):852-856

    Competencias
    Únicamente os se requira pra admisión en Odontología.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Docencia expositiva. Exposición por parte do profesor das liñas mestras dos contidos do programa.
    - Clase interactiva de Seminarios
    - Titorías. O profesor atenderá persoalmente aos alumnos para orientalos e resolver as dúbidas, e buscas bibliográficas que estes formulen
    Sistema de evaluación
    Realízanse dous tipos de avaliación: avaliación continuada e exame final.
    A materia consta de dúas partes: ambas as dúas deben ser superadas independentemente.
    Parte teórica: exame final.
    Seminarios: avaliación continuada das actividades e progresión do alumno ao longo do curso en canto a actitude, coñecementos e habilidades