Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061202 - Psicoloxía e Comunicación (Introducción á Odontoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 58.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Psiquiatría
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Torres Iglesias, Angela Juana.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.Aplicar os fundamentos da Psicoloxía e da Comunicación á práctica odontolóxica.

    2.Describir as bases biolóxicas, psicolóxicas e socioculturais do comportamento humano normal e anormal.

    3.Comprender o concepto de personalidade coma unidade biopsicosocial integrada.

    4.Coñecer os aspectos psicolóxicos do comportamento dende a perspectiva evolutiva.

    5.Analizar a influenza dos procesos cognitivos básicos na saúde e na enfermidade.

    6.Formular as variables biopsicosociais que interveñen na resposta ó estrés, e na vivencia da dor.

    7.Definir as características básicas da comunicación terapéutica no contexto da relación odontólogo-paciente.

    Contidos
    1.Aplicacións da Psicoloxía e da Comunicación na práctica odontolóxica

    2.Bases biolóxicos, psicolóxicas e socioculturais do comportamento

    3.Personalidade: Concepto, compoñentes e avaliación

    4.Ámbitos e contextos do desenvolvemento o longo do ciclo vital

    5.Procesos cognitivos básicos

    6.Dimensións do proceso saúde-enfermidade

    7.Compoñentes da resposta de estrés e da vivencia de dor

    8.Fundamentos da comunicación terapéutica


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    •BERGER, SK y THOMPSON, RA (2006). Psicología del Desarrollo: Infancia y Adolescencia. Edit. Medica Panamericana, Madrid, 7ª edición

    •BERGER, SK y THOMPSON, RA (2006). Psicología del Desarrollo: Adultez y Vejez. Edit. Medica Panamericana, Madrid, 7ª edición

    •MYERS, DG (2005). Psicología. Editorial Médica Panamericana, 7ª edición

    •NIETO MUNUERA y cols. (2004). Psicología para Ciencias de la Salud. Editorial McGraw-Hill/Interamericana.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    A comezos de curso, se proporcionará dossier bibliográfico de apoio complementario para profundizar nos aspectos específicos do programa.

    Competencias
    Competencias contempladas na ORDE CIN/2136/2008, de 3 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio de Dentista (BOE de 18 de xullo de 2008).

    COMPETENCIAS XERAIS

    1.Saber identificar as inquedanzas e expectativas do paciente, así coma comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral coma escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.

    2.Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes o tratamento dos pacientes.

    3.Saber aplicar os principios de control da ansiedade e do estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes, e sobre outros membros da equipa odontolóxica.

    4.Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura.

    5.Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así coma a motivación pola calidade.

    6.Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.

    7.Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar os estudantes na prevención, na detección precoz, na asistencia, e na rehabilitación das víctimas desta forma de violencia.

    8.Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto xenéticos, coma os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.


    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    1.Coñecer as ciencias do comportamento e comunicación que facilitan a práctica odontolóxica.

    2.Coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuais coa saúde oral e xeral.

    3.Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluíndo prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento, deben de buscar o seu mellor interese, evitando calquera tipo de discriminación e respectando a confidencialidade.

    4.Identificar os signos e actitudes que suxiran a posible existencia de malos tratos.

    Metodoloxía da ensinanza
    •Clases expositivas: Mediante as clases maxistrais, con apoio audiovisual, se exporán os obxectivos e se desenvolverán os conceptos clave incluídos no programa. Para facilitar a aprendizaxe dirixida de competencias xerais e específicas, se poñerá a disposición dos/das estudantes un material-guía que recolle os aspectos básicos a abordar nas clases teóricas, e as lecturas básicas e complementarias recomendadas.

    •Seminarios prácticos: Dado o carácter transversal desta materia, estas actividades formativas oriéntanse á adquisición de habilidades e destrezas mediante o uso de estratexias de resolución de problemas e estudio de casos que teñan relación coa práctica odontolóxica. Para isto organizaranse “equipas de traballo” que desenvolverán na aula as actividades propostas: a) Seminarios de reflexión dirixida e discusión sobre material documental que faciliten a aplicación dos conceptos clave desenvolvidos nas clases expositivas para identificar, analizar e resolver problemas. b) Sesións prácticas de resolución de supostos casos que posibiliten a posterior transferencia das competencias aprendidas as situacións reais.

    •Titorías: Co fin de supervisar e orientar a aprendizaxe de competencias, se organizarán titorías individuais e en pequeno grupo, de forma presencial e/ou virtual.


    Sistema de evaluación
    Se prioriza a avaliación continua, valorando os seguintes aspectos:

    •Adquisición de coñecementos teóricos, mediante proba obxectiva tipo test

    •Actitude e participación pertinentes do estudante en todas as actividades formativas e o uso axeitado do Campus virtual e TICs
    •Traballos individuais

    A coordinadora responsable da docencia da materia informará previamente os estudantes dos criterios de avaliación específicos que se utilizarán a través da guía docente.
    Acorde co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003, os resultados obtidos polo/a alumno/a se cualificarán en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión decimal, o que se lle poderá engadir a súa correspondente cualificación cualitativa: 0-4,9: Suspenso (SS); 5,0-6,9: Aprobado (AP); 7,0-8,9: Notable (NT); 9,0-10: Sobresaínte (SB).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1.Clases expositivas: 36 horas presenciais, e 54 horas de traballo autónomo

    2.Seminarios prácticos: 16 horas presencias, e 28 horas de traballo autónomo

    3.Titoría: 6 horas presenciais, e 3 horas de traballo autónomo

    4.Avaliación: 2 horas presenciais , e 5 horas de traballo autónomo

    5.TOTAL: 150 horas (60 horas presenciais + 90 horas de traballo persoal)

    Recomendacións para o estudo da materia
    1.Utilizar o material-guía que se proporciona a comezos de curso, para seguir axeitadamente o desenvolvemento dos contados teóricos e prácticos

    2.Asistir regularmente as clases expositivas e os seminarios prácticos

    3.Consultar a bibliografía recomendada para a preparación dos contados temáticos teóricos e prácticos

    4.Utilizar o sistema de titorización continuada dispoñible para resolver dúbidas e para facilitar o seguimento da propia aprendizaxe