G2061225 - Introdución á Patoloxía de Cabeza e Colo (Patoloxía e Terapéutica Médico-Cirúrxica Xeral) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 15.00
- Clase Expositiva: 40.00
- Clase Interactiva Seminario: 30.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 88.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía, Estomatoloxía
- Áreas: Otorrinolaringoloxía, Estomatoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA asignatura Introducción á Patoloxía de Cabeza e Pescozo consta de 6 créditos ECTS e impartirase no segundo curso da licenciatura (2º semestre).
Os contidos da asignatura abarcan os fundamentos da Otorrinolaringoloxía, asi como da Cirurxía oral e Máxilo-Facial.
A Otorrinolaringoloxía e unha especialidade médico-cirúrxica que estuda as enfermidades das fosas, seos paranasais, ouvidos, faringo-larinxe e pescozo. Os estudos do grao van dirixidos a coñecer as patoloxías máis frecuentes, correlacionando estes estudos cos coñecementos nas ciencias básicas que foron adquiridos en anos anteriores.
Consideraranse de forma prioritaria as relacións da Otorrinolaringoloxía coa Odontoloxía.
As prácticas están dirixidas a coñecer a problemática habitual da especialidade tanto en consultas como en quirófanos. O obxectivo é que o alumno se familiarice na exploración básica Otorrinolaringolóxica.
ContidosCONTIDOS DA ASIGNATURA DE ODONTOLOXIA
INTRODUCCIÓN Á PATOLOXÍA DE CABEZA E PESCOZO
Area Otorrinolaringoloxía
PROGRAMA TEÓRICO OTORRINOLARINGOLOXIA
1. Introdución á Otorrinolaringoloxía. Papel da Otorrinolaringoloxía na especialidade de Odontoloxía.
2. Exploración e semioloxía das fosas e seos paranasais.
3. Malformacións da pirámide nasal. Corpos estraños. Desviacións do tabique nasal. Traumatismos nasais. Epistaxes.
4. Síndrome da insuficiencia respiratoria nasal aguda. Rinite alérxica. Rinite vasomotora. Rinosinusites infecciosas, bacterianas e víricas.
5. Síndrome da insuficiencia respiratoria nasal crónica. Rinosinusites crónicas. Complicacións das sinusites.
6. Tumores das fosas nasais e seos paranasais.
7. Exploración e semioloxía da farinxe. Corpos estraños, traumatismos físicos, químicos e térmicos da farinxe.
8. Fisiopatoloxía do anel linfático de Waldeyer. Farinxite e amigdalite aguda. Farinxites específicas.
9. Farinxites e amigdalites crónicas. Amigdalite focal. Complicacións das amigdalites.
10. Manifestacións orofarínxeas das hemopatías.
11. Síndrome de apnea obstrutiva do sono.
12. Exploración e semioloxía da larinxe. Disfonías e disneas larínxeas agudas e crónicas. Intubación e traqueotomía.
13. Patoloxía inflamatoria aguda e crónica da larinxe. Manifestacións ORL da enfermidade por refluxo.
14. Tumores benignos, pseudotumores, lesións preneoplásicas e cancro de larinxe.
15. Trastorno da linguaxe falada e alteracións da palabra.
16. Exploración clínica e semioloxía do oído.
17. Patoloxía do oído externo.
18. Patoloxía inflamatoria aguda e crónica do oído medio.
19. Lesións traumáticas do óso temporal. Parálise facial.
20. Semioloxía dos cadros vertixinosos. Vertixe posicional Paroxística Benigna post cirurxía odontolóxica.
Area de Estomatología
PROGRAMA TEORICO DE ESTOMATOLOGIA
21. Malformacións conxénitas cervicofaciales. Labio leporino e fisura palatina.
22. Transtornos do desenvolvemento da rexión cervicofacial.
23. Enfermidades alégicas e inmunolóxicas.
24. Patoloxía da mucosa oral. Lique plano oral. Leucoplasia. Eritroplasia.
25. Cancer da cavidade oral. Carcinoma oral de células escamosas.
26. Carcinoma oral de células escamosas. Historia natural. Manifestacións clínicas. Diagnóstico histolóxico.
27. Carcinoma oral de células escamosas. Diagnóstico de extensión. Tratamento.
28. Patoloxía ósea dos maxilares.
29. Patoloxía quística dos maxilares.
30. Tumores odontoxénicos e non odontoxénicos dos maxilares.
31. Infeccións odontoxénicas.
32. Patoloxía das glándulas salivares.
33. Tumores das glándulas salivares.
34. Tumores de partes brandas.
35. Trastornos hematolóxicos.
36. Traumatismos cervicofaciales. Lesións de parte brandas.
37. Traumatismos cervicofaciales. Fracturas de terzo medio facial. Fracturas de mandíbula.
38. Enfermidades dermatolóxicas.
39. Manifestacións orais de enfermidades sistémicas.
40.Dolor facial e enfermidades neuromusculares.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA ORL:
Xeral:
· Enciclopedia Médico Quirúrgica Francesa, en castellano ( a disposición de los alumnos en la cátedra), 2002
· Essential in ORL de KJ Lee, 2002. ( A disposición de los alumnos en la Cátedra)
· Lo esencial en Otorrinolaringologia, KJ Lee, 1996
· Otorrinolaringología Abello y Traserra, 1992 Edit Doyma
· Becker, Nauman y Pfaltz. Manual ilustrado de ORL. Edt Doyma.
· Manual de Otorrinolaringología. Rafael Ramirez-Camacho. McGraw-Hill
Interamericana. 2007
Específica:
Cada profesor, ao finalizar a clase, en función dos temas e da súa actualidade recomendará, se o estima convinte, unha serie de bibliografía que deberá ser accesible aos alumnos. Así mesmo, facilitarase a dirección de páxinas de internet onde poidan localizar estes temas.
Competencias1. Coñecer as relacións entre a Otorrinolaringoloxía e a Odontoloxía.
2. Ter os coñecementos teóricos básicos da semioloxía otorrinolaringolóxica e establecer criterios de relación entre as duas especialidades.
3. Coñecer as diferentes patoloxías e ser quen de facer unha aproximación diagnóstica ás diferentes enfermidades da especialidade.
4. Coñecer e interpretar básicamente as diferentes probas instrumentais.
Metodoloxía da ensinanza 1.- Teoría
Cada tema teórico exporase nun tempo que comprenderá entre os 45 e 50 minutos; nos dez minutos restantes resolveranse as dúbidas e incidirase nos conceptos que no quedaran ben acrarados. Procurarase que a exposición se realice en formato que permita entregalo en papel impreso ó final da clase (p.ex.: presentacións en “Power Point” ) e proxectaranse os vídeos que por utilidade didáctica consideremos que son un bo complemento para a exposición.
2.- Seminarios
Exponranse casos clínicos simples e frecuentes co propósito de xerar discusión sobre o tema.
3.- Prácticas hospitalarias
Explicarase a semiolóxia básica e as relacións coa Odontoloxía, ensinando ao alumno pra que sexa qune de realizar as exploracións básicas da nosa especialidade, como a otoscopia e a exploración farínxea.
4.- Tutorías
Mediante as mesmas tratarase que o alumno consulte as suas dúbidas co profesor e que o tutor poida aconsellar e dirixir o desenvolvemento do sus estudos.
Sistema de evaluación1.- Avaliación inicial e continuada: A traveso dela e mediante a asistencia, participación en clases e seminarios que se leven a cabo, o profesor debe coñecer os progresos dos alumnos así como o nivel de comprensión da materia.
2.- Avaliación final: Establece os resultados ó término do curso a traveso de exames ou probas escritas que elixirá o profesor e que poden ser de varias formas:
Exames test de 30 a 50 preguntas cunha soa resposta.
Exame de dez ou quince preguntas curtas.
Memoria ou resolución de casos clínicos da parte práctica da asignatura.
Recomendacións para o estudo da materia1) Asistencia ás clases teóricas e participación nelas.
2) Asistencia ás prácticas hospitalarias.
3) Estudo persoal da materia teórica que se vai explicando.
4) Estudo persoal das patoloxías máis habituais durante a realización das prácticas hospitalarias.
5) Asistir aos seminarios e sesións clínicas hospitalarias que se lle recomenden.
6) Utilizar as horas de titorías.
7) Busca persoal de bibliografía dos temas ou patoloxías que se estudan ou tratan, tanto nas clases teóricas como nas prácticas hospitalarias.