G2061226 - Saúde Pública (Introducción á Odontoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia permítelle ao alumno ter unha visión integral do continuo saúde-enfermidade. Ata o de agora o alumno ten estudado a morfoloxía e función normal do ser humano. A partires de aquí o seu estudio centrarase no home enfermo, no seu diagnóstico e tratamento. Esta materia actúa a modo de nexo entre estas dúas visións do ser humano. Permítelle ao alumno coñecer cales son os factores persoais, medioambientais, socioeconómicos, etc que están determinando a saúde das persoas. Así mesmo permite coñecer o modo de transmisión das enfermidades e as medidas básicas para previlas. Tamén permítelle aos alumnos coñecer as bases científicas para o establecemento das relacións de causalidade entre os diferentes factores de risco e a perda da saúde, así como os principios da avaliación das técnicas, procedementos e recursos dispoñibles para a promoción e restauración da saúde.
O obxectivo da materia Saúde Pública é acadar que o alumno, ao remate do seu estudo, sexa quen, por medio da adquisición dos coñecementos, actitudes e hábitos correspondentes, de:
1.- Identificar os factores de risco que poidan atinxir á saúde humana e coñecer como actúan.
2.- Analizar os diferentes deseños de investigación epidemiolóxica, así como a súa aplicabilidade dentro do contexto no que se desenvolve o odontólogo.
3.- Coñecer as medidas hixiénicas e profilácticas, persoais e comunitarias, máis adecuadas para a prevención da doenza e para a promoción da saúde.
4.- Participar na educación sanitaria da poboación.
5.- Axudar aos seus pacientes no abandono do tabaquismo.
6.- Contribuír á planificación da atención sanitaria á comunidade:
a) identificando os problemas de saúde e analizándoos mediante a aplicación do método epidemiolóxico;
b) colaborando na execución dos plans de asistencia sanitaria e de promoción da saúde bucodental.
ContidosDescritores: “Concepto de saúde. Saúde pública. Método epidemiolóxico. Medioambiente e saúde. Epidemioloxía e profilaxe das enfermidades transmisibles. Estilo de vida e saúde. Epidemioloxía, tratamento e prevención do tabaquismo. Organización do sistema nacional de saúde. Organismos nacionais e internacionais relacionados coa saúde”.
O desenvolvemento do temario está organizado en 32 temas de teoría, organizados en 6 bloques temáticos.
Bloque I: Conceptos
Tema 1. Concepto de saúde. Os seus determinantes. Historia natural da enfermidade. Niveis de prevención.
Tema 2. Saúde Pública: Evolución histórica, concepto e contidos.
Bloque II: Metodoloxía epidemiolóxica
Tema 3. Demografía sanitaria: Estática e dinámica.
Tema 4. Concepto e usos da epidemioloxía.
Tema 5. Fontes de datos sobre a saúde. Sistemas de Información Sanitaria. Vixilancia epidemiolóxica.
Tema 6. Epidemioloxía descritiva. Características de persoa, lugar e tempo. Elaboración de hipóteses.
Tema 7. Causalidade en epidemioloxía.
Tema 8. Clasificación dos estudios epidemiolóxicos. Epidemioloxía experimental: Estudios de intervención.
Tema 9. Epidemioloxía analítica: Estudios de cohortes.
Tema 10. Estudios de casos e controles.
Tema 11. Estudios transversais. Estudios ecolóxicos.
Tema 12. Validación de probas diagnósticas. Estudios de detección (screening).
BLOQUE III: Ambiente e saúde humana
Tema 13. Ecoloxía e saúde.
Tema 14. Contaminación atmosférica
Tema 15. A Auga. Problemas e depuración
Tema 16. Xestión dos Residuos
BLOQUE IV: Epidemioloxía xeral e profilaxe das enfermidades transmisibles
Tema 17. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles
Tema 18. Profilaxe xeral e específica das enfermidades transmisibles
Tema 19. Desinsectación. Desratización
Tema 20. Profilaxe de disposición
Tema 21. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión feco-oral. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión aérea
Tema 22. Epidemioloxía e prevención da tuberculose pulmonar e a meninxite meningocócica
Tema 23. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto
Tema 24. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por artrópodos: Paludismo.
BLOQUE V: Hábitos e Saúde
Tema 25. Educación para a saúde: concepto, métodos e campos de acción.
Tema 26. Drogodependencias: conceptos. Epidemioloxía e prevención da dependencia a drogas psicotrópicas.
Tema 27. Epidemioloxía e prevención da dependencia alcohólica
Tema 28. Epidemioloxía, tratamento e prevención da dependencia tabáquica.
BLOQUE VI: Organización sanitaria
Tema 29. Sistema de saúde. Principais modelos. O sistema sanitario español. A lei xeral de sanidade.
Tema 30. Organización Sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia. O SERGAS. O mapa sanitario de Galicia. Niveis de atención sanitaria.
Tema 31. Planificación e programación sanitaria. Avaliación dos servizos sanitarios.
Tema 32. Organismos internacionais relacionados coa saúde. A Organización Mundial da Saúde e outras organizacións internacionais. As Organizacións Non Gobernamentais: A Cruz Vermella.
Programa de prácticas e seminarios
O programa práctico inclúe cinco prácticas de laboratorio e cinco seminarios.
Práctica 1. Indicadores demográficos. Medidas de morbilidade: Incidencia e prevalencia
Práctica 2. Deseño e análise dun estudio experimental
Práctica 3. Deseño e análise dun estudio de cohortes
Práctica 4. Deseño e análise dun estudio de casos e controles
Práctica 5. Deseño e análise dun estudio transversal. Validación de probas diagnósticas.
Seminario 1. Visita depuradora de aguas residuales de Santiago
Seminario 2. Actuación frente a un brote de toxiinfección alimentaria
Seminario 3. Prevención de la tuberculosis en la consulta odontológica
Seminario 4. Métodos e técnicas en Educación para a saúde
Seminario 5. Diagnóstico e actitude terapéutica en tabaquismo
Bibliografía básica e complementaria- Piédrola Gil: “Medicina Preventiva y Salud Pública”. 11ª Ed. Elsevier-Masson. 2008. (Texto de referencia básico da materia)
- Cuenca y Baca: “ODONTOLOGÍA PREVENTIVA Y COMUNITARIA: Principios, métodos y aplicaciones”. 3ª Ed. Masson. 2005.
- Ahlbom, Alfredsson Y Alfven: “Fundamentos de epidemiología”. 9ª Ed. Siglo XXI de España Editores. 2009.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia (segundo Orde CIN/2136/2008):
7. Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
8. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
9. Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
18. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
19. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
29. Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
31. Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
Competencias específicas da materia:
o Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa.
o Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
o Coñecer os biomateriais dentais: a súa manipulación, propiedades, indicacións, alerxias, bio-compatibilidade, toxicidade, eliminación de residuos e impacto ambiental.
o Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que axuden ao paciente que desexa cesar no hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuais coa saúde oral e xeral.
o Coñecer os procedementos encamiñados a efectuar o diagnostico de saúde oral na comunidade e saber interpretar os resultados.
o Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
COMPETENCIAS XERAIS
1. INSTRUMENTAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa.
- Coñecemento dunha lingua estranxeira.
- Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudio.
- Capacidade de xestión da información.
- Resolución de problemas.
2 PERSOAIS
- Traballo en equipo.
- Razoamento crítico.
3. SISTÉMICAS
- Aprendizaxe autónomo.
- Creatividade.
- Sensibilidade cara os temas medio ambientais.
Metodoloxía da ensinanza Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases expositivas o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Formato dos seminarios:
Con anterioridade ás sesións de seminario o profesor comunicará os obxectivos do mesmo, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a procura de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema. A sesión de Seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
Formato das prácticas de laboratorio:
O contido correspóndese co segundo bloque do programa teórico (leccións tres a doce). Consta de cinco sesións con duración de 2 horas.
Ao principio da práctica farase unha breve exposición de 15 minutos recordatoria do contido da práctica que a continuación se vai realizar. Despois executarase a práctica por parte dos alumnos, dedicándolle parte do tempo a resolve-las cuestións prácticas e o restante á discusión, actuando o profesor como moderador.
Sistema de evaluaciónPriorizarase a avaliación continuada, valorando a participación nas clases expositivas, o traballo individual no seminario e na práctica de laboratorio e a capacidade de interacción co grupo.
A avaliación do alumno farase en función dos seguintes parámetros:
1. Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
2. Traballo personal e nas clases interactivas: 30%
Para superar a materia o alumno deberá obter una puntuación mínima de 5 puntos.
Na evaluación extraordinaria de Xulio, manterase o sistema de avaliación e o peso de cada parte.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Expositivas: 35
- Prácticas: 10
- Seminario: 10
Horas non presenciais:
- Lectura de textos básicos e complementarios: 50
- Realización dos traballos propostos: 35
Total horas de dedicación: 150
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que non existen prerrequisitos normativos, para comprender e aproveitar ao máximo esta materia o alumno deberá ter coñecementos básicos dos microorganismos que poden causar alteracións da saúde dos seres humanos. Polo tanto deberá ter cursada e superada a materia Microbioloxía e inmunoloxía.
Así mesmo tamén deberá ter cursada e superada a materia Bioestatística e Introdución á investigación.
Para poder tirar un bo aproveitamento da literatura científica tamén é recomendábel un coñecemento básico do idioma inglés, así como da realización de buscas bibliográficas para o que é moi útil realizar o curso de buscas que ofrece a biblioteca da facultade