Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061321 - Oclusión e Odontoloxía Protésica I (Patoloxía e Terapéutica Odontolóxica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 25.00
  • Clase Expositiva: 50.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 100.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 178.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estomatoloxía
  • Áreas: Estomatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Da Silva Domínguez, Jose Luis.SI
MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSE.NON
Santana Penin, Urbano.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O alumno deberá adquirir coñecementos sobre diagnóstico, prognóstico e tratamento protésico do paciente parcial e totalmente desdentado, tecnoloxía protésica, técnicas coadxuvantes en periodontopatías, Fisiopatoloxía da articulación craniomandibular e da oclusión dentaria, diagnóstico, prognóstico e tratamento das alteracións oclusais, prótese bucal, técnicas de laboratorio, natureza e aplicación clínica dos materiais de uso en prótese.

    Contidos
    I. INTRODUCIÓN E XENERALIDADES

    Lecc. 1: Concepto de PD. Ramas da PD. Organización do curso. Plan de ensino da materia. Horario. Orde interna. Obxectivos. Avaliacións. Bibliografía xeral
    Lecc. 2: Orixe e desenvolvemento histórico da PD
    Lecc. 3: Topografía de cranio e cara de interese en PD. Organización morfofuncional do aparato mastigatorio dende o punto de vista da PD
    Lecc. 4: Impresións en PD
    Lecc. 5: Modelos dentais
    Lecc. 6: Articuladores. Arcos faciais: articuladores: concepto e tipos
    Lecc. 7: Articuladores. Arcos faciais: Arco facial: concepto, tipos e fins
    Lecc. 8: O paciente en PD. Historia clínica xeral e específica. Diagnóstico e plan de tratamento protésico/oclusal.


    II. FISIOLOXÍA DA OCLUSIÓN E DA ATM

    Lecc. 9: Concepto de oclusión. Compoñentes estruturais do aparato mastigatorio que interveñen na oclusión
    Lecc. 10: Desenvolvemento da oclusión humana durante o crecemento
    Lecc. 11: Biodinámica condilar. Posicións condilares. Relación céntrica
    Lecc. 12: Biodinámica mandibular. Análise dos movementos mandibulares - Posición de repouso/espazo libre interarcadas. Capacidade de movemento.
    Lecc. 13: Determinantes oclusais. O equilibrio oclusal de Gisy. Quinta de Hanau. Fórmula de Thielemann. Oclusión balanceada en céntrica e en excéntrica
    Lecc. 14: Tipos de oclusión (O.)Teorías da oclusión
    Lecc. 15: Exame oclusal. Métodos e técnicas de exame oclusal
    Lecc. 16: Rexistro de traxectorias condíleas. Rexistros intraorais. Rexistro de posicións excéntricas. Métodos de rexistro extraoral
    Lecc. 17: Métodos de rexistro da dinámica mandibular
    Lecc. 18: Bases para a programación individual do articulador
    Lecc. 19: Funcións principais do aparato mastigatorio e as súas implicacións na rehabilitación oclusal e/ou prostodóntica


    III. PRÓTESE TOTAL REMOVIBLE

    UNIDADE DIDÁCTICA 1.
    Lecc. 20: Concepto e xeneralidades de prótese total removible. Propiedades xerais da prótese completa.
    Lecc. 21: Diagnóstico en prótese total

    UNIDADE DIDÁCTICA 2.
    Lecc. 22: Impresións no totalmente desdentado. Impresións finais: obxectivos
    Lecc. 23: Encofrado e positivado da impresión funcional
    Lecc. 24: Placas base: Tipos e obxectivos. Rodetes de registro y transferencia.

    UNIDADE DIDÁCTICA 3.
    Lecc. 25: Diagnóstico das traxectorias condíleas do paciente desdentado total
    Lecc. 26: Montaxe de dentes en prótese total removible I. Selección dos dentes artificiais
    Lecc. 27: Montaxe de dentes en prótese total removible II. Leis do equilibrio oclusal
    Lecc. 28: Confección dos patróns das próteses totais
    Lecc. 29: Tipos e métodos de procesado
    Lecc. 30: Remontaxe da prótese total. Tallado selectivo no articulador dental

    UNIDADE DIDÁCTICA 4.
    Lecc. 31: Instalación da prótese total removible no paciente desdentado total
    Lecc. 32: Problemas, mantemento e aproveitamento na prótese total
    Lecc. 33: Prótese inmediata
    Lecc. 34: Sobredentaduras. Pilares naturais e oseointegrados

    IV. PRÓTESE PARCIAL REMOVIBLE (PPR)

    UNIDADE DIDÁCTICA 1.
    Lecc. 35: O paciente parcialmente desdentado
    Lecc. 36: Biomecánica dos tipos habituais de PPR
    Lecc. 37: Elementos da PPR e a súa función
    Lecc. 38: Outros elementos da PPR e a súa función

    UNIDADE DIDÁCTICA 2.
    Lecc. 39: Toma de decisión do plan de tratamento protésico en PPR
    Lecc. 40: Análise dos modelos de estudo

    UNIDADE DIDÁCTICA 3.
    Lecc. 41: Preparacións dentarias sobre piares de PPR
    Lecc. 42: Impresións finais en PPR. Obxectivos e técnicas. Modelo “mestre”
    Lecc. 43: Reavaliación e deseño final da PPR
    Lecc. 44: Confección da PPR: estrutura metálica. Fases de laboratorio: aliviado do modelo mestre. Duplicado do modelo mestre. Encerado do patrón do esqueleto da PPR
    Lecc. 45: Confección da PPR: estrutura metálica. Fases de laboratorio: coado. Rematado do esqueleto metálico
    Lecc. 46: Fase clínica. Proba en clínica do esqueleto metálico
    Lecc. 47: Impresión secundaria das cadeiras
    Lecc. 48: Fase de laboratorio. Montaxe equilibrada dos dentes non anatomic. Encerado das selas. Procesado. Rematado
    Lecc. 49: Instalación da PPR en clínica
    Lecc. 50: Problemas postinserción

    PROGRAMACIÓN PRÁCTICA
    1. PRÁCTICAS PRECLÍNICAS, que inclúen:
    • Introdución á clínica e ao laboratorio de Prótese
    • Tecnoloxía protésica. - Prótese completa e parcial removible
    • Clínica simulada. - Prótese completa e parcial removible

    2. PRÁCTICAS CLÍNICAS, dedicadas a registros oclusales y prótesis removible.
    Bibliografía básica e complementaria
    Ash M, Ramfjord SP. Oclusión Funcional.Ed Interamericana. México, 1984.

    Ash M. Oclusión. Mc Graw-Hill Interamericana. México, 1997

    Borel SC, Schittly J, Exbrayat J. Manual de prótesis parcial removible. Ed. Masson. Barcelona, 1985.

    A. B Carr, G. P. Mc Givney, D T. Brown.McCraquen PROTESIS PARCIAL REMOVIBLE Elsevier Mosby 2006.

    Dos Santos J. Oclusión: Principios y conceptos. Ed. Mundi. Buenos Aires, 1987.

    Geering AH. Kundert M. Atlas de Protesis Total y sobredentaduras. Ediciones Científicas y Técnicas D.L. Barcelona, 1993.

    Mallat E. La prótesis parcial removible en la práctica diaria. Ed. Labor SA. Barcelona, 1986.

    McNeill C. Fundamentos científicos y aplicaciones prácticas de la oclusión. Ed. Quintessence. Barcelona, 2005.


    Öwall B, Käyser AF, Carlsson GE. Odontología Protésica. Principios y estrategias terapéuticas. Ed. Mosby/Doyma libros S.A. Madrid, 1997.

    Pessina E, Bosco M, Vinci AM. Articuladores y arcos faciales en Prótesis Odontológica y Gnatología. Ed. Masson S.A. Barcelona, 1995.

    Phillips RW. La ciencia de los materiales dentales de Skinner. Ed. McGraw-Hill. Tercera ed. México, 1993.

    Planas, P. Rehabilitación Neuro-0clusal (RNO). Ediciones Científicas y Técnicas. Barcelona, 1994.

    Posselt U. Fisiología de la Oclusión y Rehabilitación. Ed. Jims. Barcelona, 1973.

    Rahn A, Ivanhoe JR, Plummer KD. Prótesis Dental Completa. Editorial Panamericana. Buenos Aires, 2011

    Rhoads JE, Rudd KD y Morrow RM. Procedimientos en el laboratorio dental. Tomos I, cap. 2; II, 1 y III, 2. Ed. Salvat. Barcelona, 1988.

    Saizar P. Prostodoncia Total. Ed. Mundi Buenos Aires, 1972.

    Competencias
    As mejtas, fins e obxectivos da asignatura ODONTOLOXIA PROTESICA E OCLUSION I serán que o alumno adquira as seguintes dcompetencias xerais:
    -ser competente en elaborar modelos diagnósticos, montalos no articulador y evaluar rexistros oclusais.
    -ser competente en evaluar a función dinámica, sensitiva e motora do aparato estomatognático.
    -ser competente en realizar unha exploración oclusal básica, estática e dinámica, do aparato estomatognático.
    -ser competente en identificar e diangnosticar as necesidades protésicas, funcionais e estéticas do paciente, en planificar un tratamento adecuado y en establecer en que grao estos requerimentos poden ser alcanzados mediante prótesis removible.
    -ser competente en recoñecer os signos que indican que o tratamento será complexo, saber tomar as medidas adecuadas para afrontalo o remitilo ó profesional adecuado.
    -ser competente en planificar e diseñar dun modo eficaz prótesis removibles completas e parciais así como na realización de estas técnicas cando sexa pertinente y no uso de materiais y aparatoloxia adecuados.
    -ter coñecemento no diseño, técnica e sistemática dos procedementos de laboratorio empregados na elaboración de prótesis parciais e completas así como ser competenteen facer os axustes e modificacions precisos das devanditas restauracions tanto na clínica como no laboratorio.
    -ser competente ne realizar e rexistrar, na ficha apropiada, en examen completo odontolóxico, periodontal, das mucosas e das demás estructuras da boca.
    -ser competente en identificar a localización, extensión e grao de actividade da patoloxia dental e periodontal, xunto cas suas posibles repercusións na saúde, función y estética do paciente.
    -ser competente en aplicar tratamentos basados no evidencia.
    -ser competente en informar os pacientes sobre a natureza e severidade das doenzas e alteracions das estructuras que presente, proporcionandoles as opcions y espectativas reais do tratamento mediante prótesis removible parcial o completa.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de ensino-aprendizaxe do programa formativo adecuarase ás tipoloxías e necesidades dos estudantes.
    O ensino da programación teórica realizarase fundamentalmente mediante a técnica docente clásica de lección maxistral.
    Mediante a realización de seminarios e clases teórico-prácticas que complementen a docencia do programa teórico fomentarase o desenvolvemento da aprendizaxe independente. É dicir, procurarase que haxa un bo nivel de participación dos alumnos. Por isto, darase un papel apropiado aos traballos en grupo e ás correspondentes presentacións orais.
    A metodoloxía docente no programa práctico buscará tamén o desenvolvemento da aprendizaxe autónoma. O papel do profesorado será o de guiar o alumno na aplicación práctica dos conceptos teóricos adquiridos previamente. Buscarase a motivación do estudante cara á Prótese Dental e unha especial atención aos aspectos de ergonomía, coidado e precisión nos procedementos realizados.
    Tamén se terá en conta o uso creativo de tecnoloxías e os avances en tecnoloxía da información.
    Velarase por un axeitado cumprimento das titorías. A atención e guía ao estudante e a accesibilidade e dispoñibilidade dos profesores serán condicións necesarias para a calidade da docencia.
    Impartirase un curso virtual de apoio aos contidos prácticos.
    Sistema de evaluación
    O ÁMBITO COGNOSCITIVO será medido mediante a realización DUN EXAME PARCIAL E UN FINAL ESCRITOS.
    As probas organizaranse do seguinte xeito:
    - Unha proba escrita tipo PRAC e/o unha proba tipo test.
    - Unha proba escrita, de resposta libre e longa, dun tema do bloque temático que se avalía.


    A proba parcial escrita, de carácter liberatorio para os alumnos que acaden a lo menos un 7, realizarase o final do primeiro cuadrimestre e incluirá a materia impartida durante o primeiro cuadrimestre.

    Polo que respecta os ÁMBITOS SENSITIVO-MOTOR E AFECTIVO, se realiza a avaliación continuada.

    É imprescindible superar independentemente os contidos teóricos e prácticos, xa que se o alumno non superase un deles non alcanzaría o apto na disciplina.
    A cualificación final obtense coa suma das cualificacións parciais dos bloques teórico e práctico.
    A influencia de cada bloque na cualificación final será:
    - Cualificación bloque teórico: 50 %.
    - Cualificación bloque práctico : 50 %

    Tempo de estudo e traballo persoal
    . Estudo: Unha hora e media por cada lección teórica. 90 horas.
    . Titoría: Unha hora e media presencial cada cuadrimestre por alumno para a aclaración de dúbidas previas aos exames e media hora do alumno previa á titoría para a preparación das súas dúbidas.
    . Preparación de seminarios: Doce horas por alumno.
    . Preparación de exames: Unha hora de reforzo por cada lección teórica (60 horas), 3 horas para a consulta de bibliografía, 6 horas para a integración de conceptos E 3 horas para a realización dos exames (un exame de hora e media por cuadrimestre).
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Se recomenda a asistencia ás clases teóricas.
    - Acudir ás titorías.
    - Participar activamente nas sesións e curso virtual(clases teóricas, seminarios e sesións clínicas).
    - Repasar semanalmente os coñecementos adquiridos. O tempo que se lle debe dedicar á materia está en función do aproveitamento e da comprensión que se obteña nas clases.
    - Realizar de forma voluntaria probas de avaliación.
    - Consulta da bibliografía recomendada e exposición nas titorías das dúbidas que lles poidan xurdir.
    - Utilizar os apuntamentos de clase só como meros guións orientadores.