Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2061325 - Odontoloxía Preventiva e Comunitaria (Introducción á Odontoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 50.00
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 87.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA.NON
Smyth Chamosa, Ernesto.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1 .- Coñecer os riscos e aplicar as medidas preventivas ao traballo do odontólogo.
    2.- Coñecer as medidas de promocion da saúde e incorporalas no tratamento nas enfermidades bucodentais.
    3.-Coñocer e encorporar ás prácticas preventivas na actividade do odontólogo a nivel individual e comunitario
    4.- Saber interpretar os principais índices de avaliación de afectación das enfermidades bucodentais.
    5.- Describir a estructura e funcionamento dos servicios sanitario Galego e Español
    6.- Coñecer os pasos do proceso de planificación sanitaria

    Contidos
    Programa teçorico
    Parte I. INTRODUCCIÓN ODONTOLOXÍA PREVENTIVA E COMUNITARIA:
    Tema 1. Odontoloxía Preventiva e Odontoloxía Comunitaria. Evolución histórica e concepto actual. Niveis de prevención. Relacións con outras materias odontolóxicas
    Tema 2. Educación sanitaria: evolución histórica. Concepto. Campos de acción. Métodos de educación sanitaria. Educación sanitaria e saúde bucal. O hixienista e o odontólogo como educadores sanitarios
    Tema 3. Limpeza, desinfección e esterilización no consultorio dental
    Tema 4. Riscos derivados da profesión do odontólogo.

    Parte II.- HIXIENE BUCODENTAL. A PLACA BACTERIANA:
    Tema 5.- Cubertas adquiridas da superficie do esmalte. Película adquirida. Placa bacteriana. Cálculo supra e subxinxival. Composición e metabolismo. Efectos patóxenos da placa dental. Visualización. Índices de avaliación
    Tema 6.- Control mecánico da placa dental. Técnicas de cepillado dental. Seda dental. Cepillos interproximais. Irrigadores. Cepillos eléctricos. Control químico da placa dental. Indicacións e contraindicacións
    Tema 7.- Tártaro. Detartraxe manual. Ultrasóns. Spray con bicarbonato. Emprego e contraindicacións.

    Parte III. EPIDEMIOLOXÍA E PROFILAXE XERAL DAS ENFERMIDADES BUCODENTAIS:
    Tema 8. A carie dental. Axentes etiolóxicos. Formas clínicas. Factores dependentes do axente causal: a placa dental e os microorganismos como causa de carie dental
    Tema 9.- Factores dependentes do ambiente. A dieta. Influencia da nutrición no desenvolvemento dos dentes. Relación azucre-carie. Estudos epidemiolóxicos
    Tema 10. Factores dependentes do hóspede: a saliva. Morfoloxía e composición dental
    Probas de actividade e susceptibilidade da carie dental. Reconto bacteriano. Medición do fluxo salivar
    Tema 11. Estudos epidemiolóxicos da carie dental. Prevalencia, índices de afectación e de atención odontolóxica
    Tema 12.- Análise da situación. Patróns evolutivos da carie dental. A carie dental en Galicia
    Tema 13. Relación do flúor coas enfermidades dentais: carie e fluorose. Fluoruros administrados por vía sistémica e vía tópica. Métodos de administración e efectos sobre a saúde.
    Tema 14. Seladores de fosas e fisuras. Indicacións, técnicas de aplicación e control
    Tema 15. Medidas dietéticas na prevención e control da carie dental. Análise nutricional e consellos dietéticos
    Tema 16. Os dentífricos e enxuagaduras: composición, efectos terapéuticos.
    Tema 17. Enfermidade periodontal. Concepto, etiopatoxenia das periodontopatías. Factores de risco. Índices de estudo da enfermidade periodontal. Prevención das periodontopatías
    Tema 18. Maloclusións. Epidemioloxía das maloclusións. Prevención. Control dos hábitos. Medidas preventivas nos pacientes con maloclusións. Epidemioloxia e prevención dos traumatismos dentais agudos e crónicos.
    Tema 19. Lesións precancrosas na cavidade oral. Diagnóstico e prevención. Cancro oral. Programas preventivos.
    Tema 20. Medidas preventivas en pacientes máis susceptibles: pacientes con minusvalías físicas e mentais. Atención dental en pacientes con actividades de risco

    Parte IV : ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS COMUNITARIOS:
    Tema 21.- Organización e xestión dos servizos de asistencia sanitaria. Organización e xestión do sistema sanitario de Galicia. Análise dos sistemas de asistencia odontolóxica. A asistencia odontolóxica en Europa e España
    Tema 22. Atención Primaria de Saúde. A odontoloxía na atención primaria de saúde. Xestión de área
    Tema 23. Planificación e programación en odontoloxía. Análise de custos. Programas preventivos individuais e comunitarios. Obxectivos de saúde oral. Programa de saúde oral da Xunta de Galicia. Protocolos.

    Programa de prácticas de Odontoloxía Preventiva e Comunitaria
    Práctica 1.- Gabinete odontoloxico: Actitude postural dos profesionais, traballo con vision indirecta
    Práctica 2.- Historia clínica preventiva. Medidas de actividade de carie
    Práctica 3.- Técnicas de motivación e control da hixiene oral. Técnicas de tartrectomía
    Práctica 4.- Técnicas de motivación e control da dieta
    Práctica 5.- Métodos clínicos de fluoración
    Práctica 6.- Realización de seladores de fosas e fisuras
    Práctica 7.- Realización de protectores bucais para o deporte
    Práctica 8.- Odontoloxía comunitaria: enquisas de saúde bucodental e necesidades de tratamento en poboacións.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Cuenca Sala E.; Baca García.P: Odontología Preventiva y Comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ª edición. Ed Masson. 2005.
    - Rioboo R.: Higiene y Prevención en Odontología individual y comunitaria. Ed Avances 2ª es¡dición. 2002
    - Katz S.; McDonald J.; Stookey G.: Odontología Preventiva en Acción. 3ª edición. Ed Panamericana. 1991
    - OMS Encuestas de salud bucodental. Métodos básicos. 4ª ed Ginebra 1997
    - Xunta de Galicia. Programa de saúde Bucodental en atención primaria. 2002
    - http://www.infomed.es/sespo/
    - http://www.sergas.es

    Competencias
    Os alumnos deberán:
    - Ter una actitude postural e de organización do traballo axeitada na clínica odontoloxica,
    - Avaliar a historia clínica dos pacientes, identificando o factores de risco de enfermar;
    - Aplicar as medidas preventivas na terapeútica odontoloxica;
    - Facer educación sanitaria cos pacientes;
    - Interpretar os principais indicadores de afectación e aplicalos nos programas comunitarios.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Leccións expositivas buscando a participación dos alumnos.
    - Ao longo do curso realizanse traballos puntuais sobre temas de actualidade.
    - Ao remate do curso presentaran un traballo que defenderan ante os compañeiros, este traballo deben inscribilo no primer mes da materia, o presentaran en formato pwp e doc.

    A asistencia ás prácticas é obrigatoria:
    Faranse as prácticas na sala de Fantomas e nos gabinetes clínicos.
    Prácticas extramurais nas escolas.


    Sistema de evaluación
    - Exame final: Supon o 50% da nota final. para superalo o alumno debera acadar o 60% das repostas correctas.
    - Traballos puntuais, suporan o 5% da nota final
    - Traballo final, avaliarase a presentación , orixinalidade, contidos e bibliografia empregada, supón o 15% da nota final
    - A avaliación das prácticas farase mediante a supervisión continua dos alumnos. supoñendo o 30% da nota final. Ao remate do curso os alumnos presentarán un informe coas fichas realizadas, empregando os principais indicadores de saúde oral aplicados aos seus pacientes.
    A non realización das prácticas e entega do informe leva a non ser avaliado.
    O aprobado das prácticas gardase nas convocatorias de ese ano.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciales Horas Trabajo personal del/a estudiante Horas
    Clases expositivas:
    presentación e explicación temas 24 Búsqueda y estudio de materiales 54
    Prácticas clínicas 24 Resolución de problemas 20
    Tutorías 6 Elaboración trabajos 20
    Evaluación 2
    Total horas presenciales 56 Total horas de trabajo personal 94

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia:
    Se recomenda ter coñecementos das materia saúde pública, estatística, riscos profesionais e educación para a saúde
    - Recoméndase a participación activa nas clases.
    - A realización dos traballos ao longo do curso.


    Observacións
    Procurarase realizarar prácticas extramurais de Odontoloxía Comunitaria.