G2061242 - Educación para a Saúde Bucodental (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 10.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDar a coñecer ao alumno a importancia das medidas educativas na promoción da saúde do profesional e dos pacientes.
Inculcar as habilidades necesarias para aplicar a prevención no tratamento integral do paciente.
Acadar as actitudes necesarias para introducir os hábitos preventivos nas condutas dos pacientes.
Familiarizar o alumno cos programas educativos a nivel individual e comunitario
ContidosPapel dos profesionais de odontoloxía como educadores. Métodos de educación sanitaria. Desenvolvemento de programas educativos na consulta dental. Programas de educación na comunidade. Programas educativos de hixiene oral. Programas de control de hábitos dietéticos. Programas de educación antitabaco. Prevención do cancro oral.
Bibliografía básica e complementariaKatz S, Mc Donald J, e Stookey G. Odontología preventiva en acción 3º ed. Ed Panamericana 1982
Cuenca E; Baca P. Odontologia preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3º ed. Ed Masson. 2005.
Perea R. Educación para la salud. Reto de nuestro tiempo. Ed Diaz de Santos 2005
http://www.educacion.gob.es
CompetenciasDo Grao
Saber compartir información cos outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección das enfermidades bucais, así como o mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
Da materia
Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentais.
Educar e motivar os pacientes en materia de prevención das enfermidades bucodentais, controlar os hábitos bucais patóxenos, instruilos sobor dunha axeitada hixiene bucal, sobor das medidas dietéticas e nutricionais e en resumen, sobre todos os métodos de mantemento da saúde bucodental.
Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que afecten o paciente que desexa deixar o hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais, conductuais co saúde oral e xeral.
Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluindo prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento deben buscar o seu mellor interés, evitando calquera tipo de discriminación e respetando a confidencialidade.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases presenciais se indican os obxectivos que deben acadarse, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais fomentando a participación do alumno
Previamente a realización dos seminarios se comunican os obxectivos e os materiais para a preparación.
Participaran en programas educativos elaborando materiais didácticos, que aplicaran na comunidade e a clínica
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada.
Sistema de evaluaciónSe priorizará a avaliación continuada, valorando a participación nas clases e o traballo individual nas titorías e traballo de campo, así como a capacidade de interacción co grupo. Cun peso do 35% da nota final. A realización de programas educativos e a defensa suporá o 25% da nota. O exame dos contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso que non excederá do 40% da nota final, se require un 60% do exame para superalo
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva 10 h
Docencia seminarios 5 h
Laboratorio e comunidade 10 h
Titorias 5
Traballo autónomo do alumno 35 horas