G2061243 - Riscos Laborais do Odontólogo (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 5.00
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAo remate do seu estudo o alumno deberá:
- Comprender as interaccións do traballo coa saúde.
- Coñecer as medidas lexislativas sobre organización da prevención de riscos laborais.
- Coñecer a influencia das condicións do traballo coa saúde.
- Aplicar a metodoloxía epidemiolóxica no ámbito laboral do odontólogo.
- Identificar os principais riscos laborais dos odontólogos.
- Aplicar as medidas de prevención de riscos no consultorio dental.
- Organizar o traballo dende un punto de vista ergonómico.
ContidosConceptos xenerais e normativa laboral. Avaliación de riscos no posto de traballo, Gabinete dental distribución e organización do traballo. Patoloxía músculo esquelética e vascular nos profesionais de odontoloxía. Principais riscos físicos, químicos, biolóxicos e psicolóxicos derivados do traballo do odontólogo
Bibliografía básica e complementaria- Gestal Otero JJ: Riesgos del trabajo del personal sanitario. 3ª edición. Ed interamericana McGraw-Hill, 2003.
- Lozano de Luaces V. Control de las infecciones cruzadas. Ed Avances. 2000.
- Aguila FJ; Tegiacchi M: Ergonomía en odontología un enfoque preventivo. Ed Jims 1991
- Benavides FG; Riuz Frutos C; García García A: Salud laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. Ed Masson.1997.
- http://www.mtas.es/insht/legislation/guiaspr.htm .
- Prevención de riesgos laborales en odontoestomatología. Ed Mad. 2003
Recomendacións previas:
Haber cursado as materias de: saúde pública, introdución ós materiais odontolóxicos e ergonomía, microbioloxía
Competencias- Xenerais do Grao
Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluindo os principios éticos e as responsabilidades legais.
Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluindo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais).
-Específicas:
Coñecer os principios científicos da esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Coñecer o risco das radiacións ionizantes e seus efectos nos tecidos biolóxicos, e a lexislación que regula o seu uso. Dirixir instalacións de radiodiagnóstico bucal.
Coñecer e empregar o equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo de traballo, cando sexa apropiado, así como os principios de prevención de riscos laborais asociados a la práctica odontolóxica.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases presenciais se marcan os obxectivos a deben acadar, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais fomentando a participación do alumno
Previamente a realización das prácticas clínicas e sobre modelos se comunican os obxectivos de cada práctica e os materiais para a preparación. Os alumnos deben traballar previamente sobre os contidos das sesións prácticas. Os alumnos se organizaran en equipos de dúas persoas e cada día intercambiaran as funcións.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais da clase e da bibliografía recomendada, que será introducida na páxina web do curso.
Sistema de evaluaciónSe priorizará a avaliación continuada, valorando a participación nas clases e o traballo individual nas titorías, prácticas clínicas e sobre modelos, así como a capacidade de interacción co grupo. Cun peso do 50% da nota final. O exame dos contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso que non excederá do 50% da nota final, requerindose un 60% do exame para superalo
Tempo de estudo e traballo persoal12 h expositivas
6 h laboratorio
6 h clínica
1,5 h titorías
49,5 Traballo autónomo do alumno
Recomendacións para o estudo da materiaSe recomenda a participación activado alumno
Lectura previa dos temas