Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051101 - Bioquímica I (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 58.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME.NON
Osorio Peláez, Jesús.NON
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN.NON
SOTO OTERO, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_12OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_13OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_14OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_15OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_16OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS29OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS30OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS31OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS32OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS33OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS34OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS35OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS36OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS37OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a estrutura química das moléculas que constitúen o organismo humano.
    - Coñecer os mecanismos de ensamblaje das estruturas supramoleculares, celulares e tisulares do organismo humano.
    - Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais do organismo humano.
    - Coñecer as rutas metabólicas que o organismo humano utiliza para a síntese e degradación de biomoléculas.
    - Coñecer os mecanismos de control que coordinan os miles de reaccións químicas que teñen lugar no organismo humano.
    - Coñecer os cambios bioquímicos que acompañan ao crecemento, diferenciación, envellecemento e morte das células do organismo humano.
    - Coñecer os mecanismos moleculares implicados no funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo humano e nas súas alteracións patológicas.

    Contidos
    ORGANIZACIÓN MOLECULAR DOS SERES VIVOS. Alcance e obxectivos da Bioquímica nos estudos de Medicina. Biomoléculas. A célula e os compartimentos celulares.

    AUGA. Estrutura e propiedades da auga. A auga nos seres vivos. Actividade iónica da auga. Ácidos e bases. Tampones fisiológicos

    PROTEÍNAS. Aminoácidos: propiedades e métodos de determinación. Estrutura das proteínas. Secuenciación e síntese de péptidos e proteínas no laboratorio. Dinámica das proteínas. Proteínas de interese fisiolóxico.

    ENZIMAS. Enzimas: caraterísticas e clasificación. Mecanismos de catálisis enzimática. Cinética das reaccións enzimáticas. Inhibición e regulación da actividade enzimática.

    LÍPIDOS E MEMBRANAS BIOLÓXICAS. Lípidos de interese biolóxico. Estrutura e características das membranas. Transporte a través de membranas.

    INTODUCCIÓN AO METABOLISMO E BIOENERXÉTICA. Características xerais do metabolismo intermediario e a súa regulación. Enerxía libre. Compostos de alto nivel enerxético.

    METABOLISMO DOS GLÚCIDOS. Glúcidos: caraterísticas estructurais e clasificación. Glucólise. Gluconeoxénese. Metabolismo do glucóxeno. Vía das pentosas fosfato.

    FASE COMÚN DO METABOLISMO OXIDATIVO. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico mitocondrial e fosforilación oxidativa.

    METABOLISMO DOS LÍPIDOS. Oxidación e síntese de ácidos grasos. Metabolismo de lípidos complexos. Metabolismo de eicosanoides. Metabolismo do colesterol.

    METABOLISMO DE LIPOPROTEÍNAS. Composición e características estruturais das lipoproteínas. Funcións das lipoproteínas. Metabolismo de lipoproteínas

    METABOLISMO DE AMINOÁCIDOS. Aspectos xerais do metabolismo de aminoácidos. Metabolismo específico de aminoácidos. Derivados dos aminoácidos de interese fisiológico.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    BAYNES, J.W. and Dominiczak, MH, "Bioquímica Médica", Terceira Edición, Mosby-Elsevier, Madrid, 2011.
    DEVLIN, TM, "Bioquímica. Libro de Texto con Aplicaciones Clínicas", Cuarta Edición, Editorial Reverté, Barcelona, 2004.

    Bibliografía complementaria:
    SMITH, C., MARKS, A.D. and LIEBERMAN, M., "Bioquímica Básica. Un Enfoque Clínico", Segunda Edición, McGraw-Hill-Interamericana, Madrid, 2006.
    STRYER, L., BERG, J.M. and TYMOCZKO, J.L., "Biochemistry", Quinta Edición, WH Freeman, Barcelona, 2003.
    McKEE, T. and McKEE, J.R., "Bioquímica. La Base Molecular de la Vida", Terceira Edición, McGraw-Hill, Madrid, 2003.
    MÜLLER-ESTERL, W., "Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida", Editorial Reverté, Barcelona, 2008.

    Competencias
    Competencias específicas
    - Coñecer a estrutura e función celular.
    - Biomoléculas.
    - Metabolismo.
    - Regulación e integración metabólica.
    - Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
    - Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).

    Competencias xerais
    - Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
    - Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
    - Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
    - Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
    - Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
    - Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
    - Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
    - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva
    A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.

    Docencia interactiva
    Realizaranse seminarios/prácticas de laboratorio sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia e discutiranse casos clínicos. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.

    Tutorías
    Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia e outros medios que o profesor considere oportunos.

    Sistema de evaluación
    Exame final (80% da nota final)
    Utilizarase como proba evaluatoria un exame tipo test ou preguntas curtas, que abarcará todos os aspectos relacionados cos contidos da materia.

    Avaliación continua (20% da nota final)
    Realizarase mediante controis periódicos da súa aprendizaxe e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.

    Para superar a materia, será necesario obter no exame final unha nota mínima de 36 puntos e obter un mínimo de 50 puntos na suma da nota do exame final máis a nota da avaliación continua, tendo en conta que o exame final achega un máximo de 80 puntos e a avaliación continua un máximo de 20 puntos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno: 60 horas
    Traballo persoal do alumno: 90 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
    Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
    Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
    Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.