G2051103 - Bioloxía Humana: Citoloxía e Xenética (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaa. Coñecer a ortoloxía celular como unidade básica na que se fundamenta a estrutura e función do corpo humano para asegurar unha correcta comprensión de aspectos patolóxicos.
b. Coñecer a estrutura celular: Membranas celulares e diferenciacións morfolóxicas da comunicación celular. Ciclo celular. Diferenciación e proliferación celular. Información, herdanza, expresión e regulación xénica celular.
c. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
d. Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura celular.
ContidosCLASES EXPOSITIVAS
Bloque I: CITOLOXIA
A célula: Unidade básica da vida
Tema 1: A célula: Unidade básica da vida. Concepto e definición. Características morfolóxicas xerais da célula eucariótica e diferenzas coa célula procariota. Orixe e evolución da célula.
Superficie celular e biomembranas: Membrana plasmática.
Tema 2: Medio Extracelular. Medios de orixe celular: Coláxeno, moléculas non coláxenas, membranas basais. Interaccións célula-medio
Tema 3: Membrana Plasmática: Concepto e xeneralidades das biomembranas. Evolución dos modelos de membrana. Composición química e anatomía molecular da membrana.
Tema 4: Membrana Plasmática: Mecanismos de permeabilidade e transporte de micromoléculas.
Tema 5: Membrana Plasmática: Transporte de macromoléculas: Endocitose e exocitose.
Tema 6: Especializacións da superficie celular. Contactos intercelulares e complexos de unión. Microvilosidades e invaxinacións. Comunicación intercelular a distancia. Alteracións debidas á falta de comunicación celular.
Hialoplasma e citoesqueleto: Forma e movemento celular
Tema 7: Hialoplasma. Concepto e composición química. Papel citofisiolóxico da fracción soluble. inclusións citoplasmáticas. Citoesqueleto: concepto e xeneralidades. Microfilamentos: organización na fibra muscular estriada.
Tema 8: Filamentos intermedios. Estrutura e composición química.
Tema 9: Microtúbulos lábiles: Estrutura e composición química. Polimerización in vitro. Funcións.
Tema 10: Microtúbulos estables. Centríolo. Morfoloxía. Composición química. Bioxénese. Funcións. Cilios e flaxelos: movemento ciliar
Compartimentación celular: sistema de endomembranas e orgánulos enerxéticos
Tema 11: Retículo endoplásmico: Estrutura e tipos de retículo. Composición química. Funcións. Bioxénese
Tema 12: Aparato de Golgi. Estrutura e función. Bioxénese
Tema 13: Lisosomas e Endosomas. Estrutura e contido enzimático, funcións. Corpos residuais e a súa importancia en patoloxía.
Tema 14: Orgánulos enerxéticos I: Peroxisomas e mitocondrias. Morfoloxía xeneral contido enzimático.
Tema 15: Orgánulos enerxéticos II: Peroxisomas e Mitocondrias: Papel citofisiolóxico. Bioxénese. Diferenzas entre peroxisomas e mitocondrias.
Orgánulos que procesan información: núcleo e ribosomas
Tema 16: Núcleo celular: características xerais. Envoltura nuclear: interaccións núcleo-citoplasma.
Tema 17: Núcleo en interfase: cromatina: composición e estrutura. Tipos de cromatina: eucromatina e heterocromatina. Núcleo en mitose: cromosomas: definición. Morfoloxía xeral. Número. Composición química. Ultraestrutura.
Tema 18: Outras estruturas nucleares: Nucléolo: Estrutura e Función. O papel do nucléolo na bioxénese dos ribosomas. Ribosomas: Estrutura e composición. Biosíntese proteica. Proteómica. Proteasoma.
Ciclo celular e división celular. Morte celular.
Tema 19: O ciclo celular. Interfase: Fases G1, S e G2. Fase M: mitose. Control do ciclo celular.
Tema 20: División celular I: Mitose: Etapas da mitose. Citocinese. Metabolismo celular durante a mitose.
Tema 21: División celular II: Meiose: Concepto e significado biolóxico. Primeira división meiótica. Segunda división meiótica. Comparación entre mitose e meiose.
Tema 22: Destinos vitais celulares: Diferenciación, envellecemento e morte celular. Epixenética
Bloque II: XENÉTICA
Organización, transmisión e expresión do material hereditario: Patróns de herdanza.
Tema 23: Organización do xenoma: Tipos de secuencias de ADN e as súas características. Conceptos básicos de xenética: alelo, locus, xenotipo e fenotipo. Homocigose, heterocigose e hemicigose. Alelos: dominante, recesivo, co-dominante, e múltiples.
Tema 24: Xene: Estrutura e Función. Proxecto Xenoma Humano. Xenómica. Xenoteca. Pleiotropía e polixenia. Penetrancia e expresividade.
Tema 25: Herdanza Autosómica: dominante e recesiva. Herdanza mitocondrial.
Tema 26: Herdanza ligada ao sexo. Herdanza ligada ao cromosoma Y. Herdanza ligada ao cromosoma X.
Tema 27: Herdanza Polixénica e Multifactorial
Cambios do material xenético: mutacións e alteracións cromosómicas.
Tema 28: Variación Xénica. Mutación: orixe e frecuencia das mutacións. Tipos e efectos sobre o ADN. Axentes mutáxenos. Métodos de detección.
Tema 29: Cariotipo humano e alteracións dos cromosomas.
Xenética de poboacións.
Tema 30: Poboacións mendelianas. Constitución xénica das poboacións. Frecuencias xénicas, xenotípicas, e fenotípicas. Equilibrio de Hardy-Weinberg.
Tema 31: Polimorfismos: definición. Polimorfismos das hemoglobinas: Talasemias e anemia falciforme.
Tema 32: Polimorfismos ligados ao cromosoma X: distrofias musculares. Consello xenético: definición. Calculo do risco de recorrencia: Teorema de Bayes.
Desviacións do funcionamento celular: bases xenéticas do cancro.
Tema 33: Cancro: Definición. Diferenza entre Tumor e Cancro. Etioloxía do cancro. Xenes no cancro Oncoxenes e Xenes supresores de tumor. Xenes reparadores do ADN.
CLASES INTERACTIVAS
Practicas laboratorio:
P1 Laboratorio: o MICROSCOPIO ÓPTICO: Nomenclatura e instrucións para o seu manexo.
P2 Laboratorio: TÉCNICA CITOLÓXICA FUNDAMENTAL: preparación e tinguidura dunha extensión de sangue.
P3 Laboratorio: TÉNICA CITOLÓXICA FUNDAMENTAL: tinguidura de diversas seccións.
P4 Laboratorio: estudo microscópico das tinguiduras realizadas nas prácticas 2 e 3.
P5 Laboratorio. a CÉLULA: características xerais e superficie celular: Estudo microscópico de preparacións de intestino, tráquea e pel
P6 Laboratorio: estudo microscópico de preparacións de miofilamentos.
P7 Laboratorio: estudo microscópico de preparacións demostrativas de Complexo de Golgi e Retículo Endoplasmático.
P8 Laboratorio: estudo microscópico de preparacións demostrativas de mitose e meiose.
P9 Laboratorio: cromosomas metafísicos. Tinguidura e observación do corpúsculo de Barr.
P10 Laboratorio: sistema AB0. Determinación do grupo sanguíneo e problemas do grupo sanguíneo.
Practicas de ordenador
P11-P14: Problemas e xogos de xenética
Seminarios
S1- S4: Seminarios de Citoloxía
S5 e S6: Seminarios de Xenética
Bibliografía básica e complementariaBiología celular y molecular de De Robertis De Robertis, E.M.F., Hib, J., Ponzio, R. Editorial El Ateneo
Biología celular y molecular. Darnell, J., Lodish, H., Baltimore, D. Editorial Omega
Biología celular y molecular. Karp, G. Editorial McGraw-Hill Interamericana
Biología celular. Maillet, M. Editorial Masson
Biología Celular. Paniagua, R. Editorial McGraw Hill
Biología celular. Smith, C.A., Wood, E.J. Editorial Addison-Wesley Iberoamericana
Biología molecular de la célula. Alberts, B, Bray, D., Watson, J.D. Editorial Omega
Biología Molecular e Ingeniería Genética. Luque J, Herráez A- Harcorut.
Biología Molecular en Medicina. Cox, T.M., Sinclair, J. Editorial Panamericana
Biología y Fisiología celular. Berkaloff, A., Bourguet, J., Favard, P. Editorial Omega
El mundo de la célula. Becker, WM; Kleinsmith, LJ; Hardin, J.. Editorial Pearson Addison - Wesley.
Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. A. L. Kierszenbaum, L. L. Tres. Editorial Elsevier.
La célula viva. De Duve, C. Editorial Labor
La célula. Cooper’s, G.M. Editorial Marban
Atlas de Citología , Histología y Anatomía microscópica. Hammersen, F. Editorial Salvat
Atlas de Citología y Anatomía microscópica. Kühnel , W. Editorial Omega
Elementos de Genética Médica. Emery A, Turnpenny P, Ellard S. 13ª Edición. Elsevier.
Genética en Medicina. Thompson, M.W., McInnes, R.R., Willard, H.F. Editorial Masson
Genética General. Blanco, S., Bullón, M.Editorial Marban
Genética Humana. Fundamentos y aplicaciones en Medicina. Solari, A.J. Editorial Panamericana
Genética médica.Emery's Editorial Marban
Genética médica.Jorde, L.B., Carey, J.C., White, R.L. Editorial Mosby
Genética. Suzuki, D.T., Griffiths, A.J.F., Miller, J.H. Editorial Interamericana
Herencia Humana. Cummings, M.R. Editorial Interamericana
Histología funcional. Wheater, P.R., Burkitt, H.G., Young, B. Editorial Churchill-Livingstone
Los genes. Rubio, J. Editorial Síntesis
Problemas y cuestiones de Genética médica. Aleixandre, C. Editorial Salvat
CompetenciasA materia contribúe a reforzar gran parte das competencias básicas da titulación.
Os alumnos adquiren os coñecementos básicos necesarios para comprender dende o punto de vista da Bioloxía Celular Humana, os procesos implicados na estrutura e función do organismo
Metodoloxía da ensinanza As clases interactivas consisten en prácticas e seminarios. Nos seminarios interpretaranse imaxes de microscopía óptica e electrónica, resólvense problemas e analízanse os procesos da ciencia.
Algúns profesores que imparten esta materia utilizan apoio virtual á docencia.
Sistema de evaluaciónA avaliación das clases expositivas realizáranse mediante un exame tipo test. A nota obtida supoñerá un 70% da cualificación final.
A avaliación da parte interactiva supoñerá o 30% da cualificación final. Avaliarase de forma continuada, valorando o traballo diario dos alumnos durante as practicas e seminarios, o que supoñerá una parte da nota final, e mediante un exame de tipo test ou respostas curtas ao finalizar a materia. É necesario aprobar a docencia interactiva para superar a materia.
É importante subliñar que a asistencia ás clases é obrigatoria.
Os alumnos que non asistan ás clases interactivas non poderán superar a materia nin en Febreiro nin Xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases maxistrais 36
Prácticas de interactivas 20
Titoría en grupos reducidos ou individualizadas 3
Total horas de traballo presencial 56
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE Horas
Estudo individual 60
Elaboración de memorias de prácticas 10
Elaboración de traballos 15
Realización de exames 5
Total horas de traballo persoal do estudante 90
Recomendacións para o estudo da materiaAprender a avaliar criticamente o nivel dos propios coñecementos e competencias, iniciándose nos métodos de procura e recuperación científica e na autoaprendizaxe.
Adquirir conciencia de que os fenómenos biolóxicos normais e os estados patolóxicos están rexidos polas mesmas leis e principios, do que se deduce que a enfermidade constitúe unha alteración do estado normal. Resulta fundamental comprender a ortoloxía para logo poder analizar a patoloxía.
É fundamental para o futuro médico adquirir un coñecemento axeitado da bioloxía celular humana, xa que a medicina moderna reformula en termos de disfuncións celulares problemas que antes se presentaban como disfuncións de tecidos e órganos.