Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051105 - Histoloxía Humana Xeral (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 29.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Histoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BEIRAS IGLESIAS, ANDRES.NON
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA.NON
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA.SI
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS MODESTO MARCELO.NON
GOMEZ SEGADE, LUIS ALBERTO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_12OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_13OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_14OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_15OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_16OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS29OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS30OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS31OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS32OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS33OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS34OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Observar e describir seccións de diversos tecidos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica axeitada.
    2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
    3. Recoñecer as distintas estirpes celulares e tecidos, tanto desde o punto de vista óptico como ultraestrutural.
    4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
    5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas, inmunohistoquímicas e de hibridación in situ.
    6. Distinguir tecidos euplásicos doutros proplásicos ou retroplásicos, identificando os cambios ocorridos.
    7. Diferenciar tecidos normais doutros patolóxicos (empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que o estudiante poida orientarse máis facilmente).

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    UNIDADE TEMÁTICA 1.- A HISTOLOXÍA HUMANA
    Tema 1.- Introdución á Histoloxía Humana

    UNIDADE TEMÁTICA 2.- TECIDO EPITELIAL
    Tema 2.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento
    Tema 3.- Epitelios glandulares

    UNIDADE TEMÁTICA 3.- TECIDO CONXUNTIVO E DE SOSTÉN
    Tema 4.- Tecido conxuntivo. Compoñentes
    Tema 5.- Variedades do tecido conxuntivo. Tecido adiposo
    Tema 6.- Tecido cartilaxinoso
    Tema 7.- Tecido óseo. Osificación. Articulacións

    UNIDADE TEMÁTICA 4.- TECIDO MUSCULAR
    Tema 8.- Tecido muscular. Tecido muscular liso
    Tema 9.- Tecido muscular estriado esquelético
    Tema 10.- Tecido muscular estriado cardíaco

    UNIDADE TEMÁTICA 5.- TECIDO NERVIOSO
    Tema 11.- Tecido nervioso. A neurona.
    Tema 12.- Sinapse
    Tema 13.- Neuroglía e microglía
    Tema 14.- Fibra nerviosa e nervio periférico
    Tema 15.- Meninxes. Ventrículos. Plexos coroideos. Vasos do sistema nervioso central
    Tema 16.- Citoarquitectura rexional


    PROGRAMA PRÁCTICO

    Práctica 1.- Procesamento de mostras. Epitelios de revestimento.
    Práctica 2.- Técnicas histolóxicas. Epitelios glandulares
    Práctica 3.- Tecido conjuntivo I: compoñentes e variedades.
    Práctica 4.- Tecido conjuntivo II: tecidos esqueléticos. Tecido muscular.
    Práctica 5.- Tecido nervioso I.- Neuronas e neuroglía. Sistema nervioso central. Citoarquitectura rexional.
    Práctica 6.- Tecido nervioso II.- Fibra nerviosa. Nervio periférico. Ganglios nerviosos.
    Bibliografía básica e complementaria
    - Wheater’s Functional Histology. Young, Lowe, Stevens, Heath. 5th ed. Churchill Livingstone Elsevier, 2006. Está prevista a publicación da 6ª edición durante o curso 2013-14.
    - Histología Humana. Stevens, Lowe. 3ª edición. Elsevier Mosby, 2006.
    - Histología y Biología Celular. Introducción a la patología. 3ª ed. Kierszenbaum, Tres. 3ª ed. Elsevier Saunders, 2012.
    - Histología. Texto y Atlas color con Biología Celular y Molecular. Ross, Pawlina, 6ª ed. Ed. Médica Panamericana, 2013.
    - Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 6ª edición. Masson, 2005.
    - Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Díaz de Santos, 2012.






    Competencias
    O estudante debe rematar o curso estando capacitado para:
    1. Tinguir os cortes con técnicas de rutina.
    2. Utilizar axeitadamente o microscopio binocular.
    3. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.

    Metodoloxía da ensinanza
    - DOCENCIA TEÓRICA:
    O profesor/a explicará o tema co apoio de imaxes dixitais ou esquemas por medio do ordenador. Ensinanza homoxénea nos dous grupos: cada profesor explica os mesmos temas en ambos os grupos.

    - DOCENCIA PRÁCTICA:
    Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.

    Prácticas de laboratorio: cada estudiante realizará as técnicas histolóxicas que serán anunciadas o comenzo do curso.

    Prácticas microscópicas: trátase de observar, describir e recoñecer microscopicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopia óptica como electrónica. Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. Unha vez descritas as imaxes, procederase ao estudo microscópico das preparacións histolóxicas. O profesor resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais serán aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio dotado de circuíto pechado de televisión. Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións. A asistencia a prácticas e obrigatoria, inclusive para os estudantes que repitan a materia. Permitirase 1 falta de asistencia xustificada (en caso de faltar a máis de 1 práctica perderase o dereito a examinarse da parte práctica).

    Sistema de evaluación
    TEORÍA
    Test de 45 preguntas de elección múltiple con resposta única (5 respostas posibles e só unha válida) no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).

    PRÁCTICAS
    Exame test de identificación de células e tecidos presentados en láminas en color. O exame consta de 25 preguntas de elección múltiple con resposta única (5 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).

    CUALIFICACIÓNS
    A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. En casos salientables valorarase ademais a actitude e o interese demostrado nas clases interactivas. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais semanais: 2 horas teóricas + 2 horas prácticas
    Horas de estudo semanal: 4 h
    Preparación do exame final: 20 h
    Exame: 70 minutos
    Recomendacións para o estudo da materia
    É imprescindible que os estudantes preparen por un atlas o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente co profesor.