G2051107 - Embrioloxía Humana (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 7.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO alumno deberá posuir, ó superar esta materia, unha visión completa do desenvolvemento embrionario normal e dos factores causais implicados nas súas alteracións, que lle permita acceder á formación clínica posterior.
ContidosI. Contidos Expositivos (18h)
BLOQUE TEMÁTICO I. Introducción ao desenvolvemento do ser humano (1h)
Tema 1. Introducción á embrioloxía
Significado da embrioloxía. A embrioloxía ao longo da historia. Xenética, bioloxía molecular e anatomía da embrioloxía.
BLOQUE TEMÁTICO II. Bioloxía humana da reproducción (4h)
Tema 2. Gametoxénese
Ooxénese e maduración folicular. Control hormonal da ooxénese. Espermatoxénese. Maduración das células xerminais masculinas. Espermioxénese. Control hormonal da espermatoxénese
Tema 3. Fecundación
Transporte e capacitación dos gametos. Ciclo ovárico e ovulación. Fases da fecundación. Corpo lúteo e corpo branco.
BOQUE TEMÁTICO III. Bioloxía celular e molecular do desenvolvemento (3h)
Tema 4. Mecanismos celulares e moleculares do desenvolvemento-I
Potencialidade celular. Determinación e diferenciación celular. Control da determinación celular. Indución celular.
Tema 5. Mecanismos celulares e moleculares do desenvolvemento-II
Control xenético da determinación celular. Epixenética. Procesos moleculares do desenvolvemento. Mecanismos de adhesión e migración celular. Regulación da expresión xénica: factores de transcrición. Procesos de sinalización celular: moléculas sinal e moléculas receptoras.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Bioloxía humana do desenvolvemento (10h)
Tema 6. Primeira semana do desenvolvemento: Segmentación e embrioxénese
Características do cigoto. Segmentación e formación da mórula. Formación da blástula. Implantación do blastocisto. Implantacións anormais. Partenoxénese e embriomas. Propiedades do desenvolvemento dos embrións en segmentación.
Tema 7. Segunda semana do desenvolvemento: o embrión bilaminar
Disco embrionario bilaminar. Evolución da implantación durante a segunda semana. Formación da cavidade amniótica. Formación do saco vitelino. Modificacións do citotrofoblasto e sincitiotrofoblasto. Aparición do mesodermo extraembrionario.
Tema 8. Terceira semana do desenvolvemento: gastrulación
Gastrulación. Disco embrionario trilaminar. Formación da notocorda e neurulación. Derivados das tres follas xerminativas. Diferenciación dos somitos. Formación da alantoides. Sistema cardiovascular. Evolución das vellosidades placentarias.
Tema 9. Evolución da cuarta á octava semana de desenvolvemento: organoxénese
Organoxénese. Incurvamento do embrión. Evolución dos somitos. Evolución das vesículas encefálicas. Desenvolvemento das extremidades. Desenvolvemento dos arcos branquiais e bolsas farínxeas. Formación da cara.
Tema 10. Evolución da novena semana ata o nacemento: período fetal
Crecemento fetal. Desenvolvemento de sistemas: tegumentario, óseo, muscular e nervioso. Fisioloxía fetal. Parto.
Tema 11. Placenta e anexos fetais
Placenta e membranas fetais: estrutura, función e circulación placentaria. Cavidade amniótica. Saco vitelino. Alantoides. Cordón umbilical. Técnicas de valoración do desenvolvemento e diagnóstico prenatal.
II: Contidos Interactivos
1. Seminarios (3h)
Seminario 1. Técnicas de reproducción asistida
Inseminación artificial. Fecundación in vitro. Transferencia de embrións.
Seminario 2. Desenvolvemento de xemelgos e teratoloxía. Axentes teratóxenos: factores xenéticos e factores ambientais. Mecanismos da xénese. Xemelgos idénticos.
Seminario 3. Investigación Biomédica con embrións. Células Nai e Terapia Celular.
2. Prácticas de laboratorio (7h)
Práctica 1. Ooxénese
Estudo microscópico de células xerminais femeninas
Práctica 2. Espermatoxénese
Estudo microscópico de células xerminais masculinas. Seminograma: concentración, vitalidade e movilidade dos espermatozoides
Práctica 3. Fecundación
Proxección do vídeo “El milagro de la vida”
Práctica 4. Desenvolvemento embrionario: A segmentación, blastulación e gastrulación. Estudio microscópico de preparacións de mórula, blástula e gastrula de rá
Práctica 5. Diagnóstico da idade fetal
Determinación da idade fetal: parámetros métricos e morfolóxicos. Estudo microscópico de preparacións de embrións/fetos
Práctica 6. Placenta e cordón umbilical
Estudo macroscópico e microscópico de cordón umbilical e placenta
Práctica 7. Casos clínicos
Estudo de casos clínicos asociados con anomalías no desenvolvemento
Bibliografía básica e complementariaAlberts B. Biología molecular de la célula. Ed. Omega.
Sadler T.W. Langman. Embriología médica. Ed. Wolters Kluwer-Lippcott Williams & Wilkins.
Sadler T.W. Langman. Fundamentos de Embriología Médica. Ed. Panamericana
Moore K.L., Persaud T.V.N. Embriología clínica. Ed. Elsevier Saunders.
Moore K.L. Embriología básica. Ed. Elsevier Saunders.
Carlson B.M. Embriología humana y biología del desarrollo. Ed. Elsevier Mosby.
Hib J. Embriología médica. Ed. Panamericana-Mc-Graw Hill
Young B., Heath J.W. Histología funcional Wheater’s. Ed. Harcourt.
Eynard A.R., Valentich M.A., Rovasio R.A. Histología y embriología del ser humano. Bases celulares y moleculares. Ed. Panamericana
Larry R. CocharD, Frank H. Netter. Atlas de Embriología Humana. Ed. Masson
Webster S, R de Wreede. Embriología, lo esencial de un vistazo. Ed. Panamericana
Competencias- Entender a base celular da reproducción e do desenvolemento humano, enfatizando que o cigoto é portador e responsable das instrucións necesarias para desenvolver estos procesos.
- Comprender que a diversidade celular xurde como consecuencia dunha especialización celular, resultado dunha expresión diferencial e controlada dos seus xenes e saber aplicar a metodoloxía correcta á hora de observar e resolver problemas de desenvolvemento embrionario.
- Saber estimar como a clave de calquera problema do desenvolvemento embrionario e a organoxénese teñen que buscarse finalmente na célula.
- Coñecer e usar o vocabulario científico. Interpretar feitos e principios científicos para captar o seu verdadeiro significado.
- Interpretar imáxenes do desenvolvemento embrionario e da organoxénese.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desenvolverase nas clases expositivas que consistirán na exposición dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica, e clases prácticas e seminarios nas que o alumno desenvolverá, analizará e comprobará os contenidos das clases expositivas e adquirirá competencias no campo das habilidades e destrezas propias da materia
Sistema de evaluaciónValoración de coñecementos, aptitudes e habilidades:
- A avaliación dos contidos das clases expositivas realizarase mediante un exame tipo test. A nota obtida suporá un 70% da calificación final
- A avaliación dos contidos das clases interactivas, que supoñerá o 30% da calificación final, avaliarase de forma continua, valorando o traballo diario dos alumnos durante as prácticas e os seminarios e mediante un exame tipo test ou preguntas curtas o rematar a materia.
E importante recalcar que a asistencia as clases é obrigatoria
Os alumnos que non asistan as clases interactivas non poderán superar a materia nin en xuño nin en xullo
Tempo de estudo e traballo persoal3 créditos ECTS, calculando 25 horas por crédito (presenciais e non presenciais) temos un total de 75 horas que se distribuen da siguinte maneira:
Clases expositivas: 18h
Clases interactivas de laboratorio: 7h
Seminarios: 3h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h
Realización de exames: 1h
Estudo individual: 35h
Elaboración de memorias/traballos: 10h
Total horas de traballo presencial: 30h
Total horas de traballo persoal do estudiante: 45h
Recomendacións para o estudo da materiaUtilización das notas de clase e os textos de Embrioloxía. Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións. Visualización dos vídeos recomendados. É importante levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recoméndase o estudo periódico da materia impartida.