G2051109 - Histoloxía Humana Especial (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 21.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 59.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Histoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Observar e describir seccións dos diversos órganos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica apropiada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes, tanto desde o punto de vista da microscopia óptica como electrónica.
4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas e inmunohistoquímicas.
6. Diferenciar órganos normais doutros patolóxicos. Empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que o estudante poida orientarse máis facilmente.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO
UNIDADE TEMÁTICA 1.- SISTEMA CIRCULATORIO
TEMA 1.- Sistema circulatorio. Corazón
TEMA 2.- Arterias e capilares
TEMA 3.- Anastomose arteriovenosas. Veas. Vasos linfáticos
UNIDADE TEMÁTICA 2.- SISTEMA RESPIRATORIO
TEMA 4.- Sistema respiratorio. Vías aéreas extrapulmonares
TEMA 5.- Pulmón. Pleura
UNIDADE TEMÁTICA 3.- SISTEMA ENDÓCRINO
TEMA 6.- Sistema endócrino. Glándula pineal
TEMA 7.- Hipófise
TEMA 8.- Tiroides. Paratiroides
TEMA 9.- Suprarrenal. Paraganglios
TEMA 10.- Páncreas endócrino
TEMA 11.- Sistema neuroendócrino difuso
UNIDADE TEMÁTICA 4.- SISTEMA DIXESTIVO
TEMA 12.- Sistema dixestivo. Cavidade oral
TEMA 13.- Dente e odontoxénese
TEMA 14.- Glándulas salivares
TEMA 15.- Farinxe. Esófago
TEMA 16.- Estómago
TEMA 17.- Intestino delgado
TEMA 18.- Intestino groso
TEMA 19.- Fígado
TEMA 20.- Vesícula e vías biliares
Tema 21.- Páncreas exócrino
UNIDADE TEMÁTICA 5.- SANGUE E MEDULA ÓSEA
TEMA 22.- Sangre
TEMA 23.- Medula ósea
TEMA 24.- Hematopoese
UNIDADE TEMÁTICA 6.- SISTEMA INMUNITARIO
TEMA 25.- Sistema inmunitario. Timo
TEMA 26.- Ganglio linfático
TEMA 27.- Bazo. MALT
UNIDADE TEMÁTICA 7.- SISTEMA URINARIO
TEMA 28.- Sistema urinario. Ril
TEMA 29.- Vexiga e vías urinarias
UNIDADE TEMÁTICA 8.- SISTEMA REPRODUTOR
TEMA 30.- Sistema reprodutor masculino. Testículo
TEMA 31.- Condutos excretores. Glándulas anexas. Pene
TEMA 32.- Sistema reprodutor feminino. Ovario
TEMA 33.- Trompa. Útero
TEMA 34.- Placenta
TEMA 35.- Vaxina. Xenitais externos
UNIDADE TEMÁTICA 9.- PEL E MAMA
TEMA 36.- Pel e anexos cutáneos
TEMA 37.- Mama
UNIDADE TEMÁTICA 10.- ÓRGANOS DOS SENTIDOS
TEMA 38.- Ollo. Túnicas externas, medios refrinxentes e anexos
TEMA 39.- Retina
TEMA 40.- Oído e órgano do equilibrio
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA 1.- Laboratorio: Técnica inmunohistoquímica
PRÁCTICA 2.- Sistema circulatorio
PRÁCTICA 3.- Sistema respiratorio
PRÁCTICA 4.- Sistema endócrino
PRÁCTICA 5.- Sistema dixestivo I.- Cavidade oral
PRÁCTICA 6.- Sistema dixestivo II.- Tubo dixestivo
PRÁCTICA 7.- Sistema dixestivo III.- Glándulas anexas
PRÁCTICA 8.- Sangue e médula ósea. Sistema inmunitario
PRÁCTICA 9.- Sistema urinario. Sistema reprodutor masculino
PRÁCTICA 10.- Sistema reprodutor feminino
PRÁCTICA 11.- Pel e mama. Ollo.
Bibliografía básica e complementaria- Wheater’s Functional Histology. Young, Lowe, Stevens, Heath. 5th ed. Churchill Livingstone Elsevier, 2006. Está prevista a publicación da 6ª edición durante o curso 2013-14.
- Histología Humana. Stevens, Lowe. 3ª edición. Elsevier Mosby, 2006.
- Histología y Biología Celular. Introducción a la patología. 3ª ed. Kierszenbaum, Tres. 3ª ed. Elsevier Saunders, 2012.
- Histología. Texto y Atlas color con Biología Celular y Molecular. Ross, Pawlina, 6ª ed. Ed. Médica Panamericana, 2013.
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 6ª edición. Masson, 2005.
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Díaz de Santos, 2012.
CompetenciasO estudante debe terminar o curso estando capacitado para:
1. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.
2. Realizar unha técnica inmunohistoquímica.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA TEÓRICA:
O profesor explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. Ensinanza homoxénea en tódolos grupos: cada profesor explica os mesmos temas en tódolos grupos.
DOCENCIA PRÁCTICA:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
Cada estudante realizará a súa propia preparación inmunohistoquímica.
PRÁCTICAS MICROSCÓPICAS:
Trátase de observar, describir e recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso. Unha vez descritas as imaxes, procederase ao estudo microscópico das preparacións histolóxicas e á observación macroscópica de órganos e seccións deles. O profesor resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais serán aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio dotado de circuíto pechado de televisión. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións.
A asistencia a prácticas e obrigatoria, inclusive para os estudantes que repitan a materia. Permitiranse 2 faltas de asistencia xustificadas (en caso de faltar a mais de 2 prácticas perderase o dereito a examinarse da parte práctica). Os estudantes que asistan a todalas prácticas acadarán 0,5 puntos que se sumarán á nota do examen.
Sistema de evaluaciónTEORÍA:
Exame tipo test de 45 preguntas de elección múltiple (5 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
PRÁCTICAS:
Exame tipo test de identificación de órganos e células presentados en láminas a color. O examen consta de 25 preguntas de elección múltiple (5 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
CUALIFICACIÓNS:
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. A esta nota se lle sumarán, de selo caso, os 0,5 puntos por asistencia a todalas prácticas. En casos salientables valorarase ademais a actitude e o interese demostrado nas clases interactivas. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais semanais: 2-3 horas teóricas e 2 horas prácticas
Horas estudo/semana: 4-5 horas
Preparación do exame final: 45 horas
Exame: 70 min.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ imprescindible que os estudantes preparen semanalmente o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente co profesor.