G2051201 - Fisioloxía Médica (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 40.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO estudante deberá coñecer as bases científicas da Fisioloxía e da Farmacoloxía. Para acadar este fin deberá entender os mecanismos de funcionamento dos tecidos e órganos do corpo humano. Tendo en conta que o organismo humano é algo moito máis complexo que a suma das súas partes, no segundo semestre (Fisioloxía integrada de sistemas) estudará os procesos de coordinación dos diferentes órganos e sistemas que manteñen as funcións que lle son propias ó organismo humano.
ContidosFisioloxía do sangue.
Hematopoese.
Funcións das células hemáticas.
Hemostase.
Fisiología do sistema cardiocirculatorio.
Gasto cardíaco, retorno venoso e a súa regulación.
Regulación da circulación sanguínea.
Líquidos corporais e ril.
Formación de ouriños: filtración glomerular e procesamento tubular.
Fisioloxía de sistema génito-urinario.
Descrición anatomo-funcional do sistema urinario. A nefrona. Vascularización e inervación renais. Filtración glomerular. Membrana de filtración. Aclaramiento de Inulina. Fluxo sanguíneo renal. Aclaramiento de PAH. Mecanismos de control da filtración glomerular e do fluxo sanguíneo renal.
Fisioloxía da respiración.
Mecánica da ventilación pulmonar.
Circulación pulmonar.
Principios básicos do intercambio de gases.
Regulación da respiración.
Ventilación pulmonar: forzas e resistencias. Circulación pulmonar. Difusión de gases no pulmón e nos tecidos. Transporte de gases. Regulación da respiración.
Fisioloxía do aparato dixestivo.
Principios básicos de nutrición.
Dixestión na cavidade oral. Deglutición e tránsito esofágico.Digestión gástrica: motilidade, secrecións e absorción. Función do píloro. Dixestión intestinal: motilidade e secrecións no intestino delgado. Páncreas exócrino. Dixestión intestinal. Fisioloxía hepatobiliar.Absorción no intestino delgado.Fisiología do intestino groso: motilidade e secrecións.
Fisioloxía do sistema endócrino.
A unidade hipotálamo-hipófise.
Fisioloxía do tiroide.
Illotes de Langerhans.
Gónadas e suprarrenais.
Outros sistemas endócrinos.
Fisioloxía do tiroide e ontoxenia da función tiroidea.
Eixe hipófiso-suprarrenal. Mineralcorticoides: regulación e accións biolóxicas. Glucocorticoides: control hipotalámico e hipofisario e accións biolóxicas. Andróxenos adrenais: adrenarquia. Medula suprarrenal: catecolaminas.
Fisioloxía do sistema nervioso.
Organización básica do sistema nervioso.
Receptores sensitivos e sensibilidade somática.
Os sentidos especiais.
Neurofisioloxía motora e integradora: control da función motora.
Funcións intelectuais do cerebro, aprendizaxe e memoria.
Estados de actividade cerebral: sono e vixilia.
Sistema nervioso autónomo.Sensibilidad somática. Sistemas anterolateral e dos cordóns posteriores. Mecanismos talámicos e corticais da sensibilidade somática. Audición. Oido externo, medio e interno. Mecanismos centrais da audición. Visión. Fisioloxía do ollo. Fisioloxía da retina. Vía óptica. Mecanismos centrais da visión. Gusto e olfación. Fisioloxía do equilibrio. Receptores, mecanismos centrais e mecanismos efectores. Control do movemento. Mecanismos a nivel espiñal, troncomesencefálico e cortical. Ganglios da base e cerebelo. Estados de conciencia: sono, vixilia. Funcións superiores. Memoria. Aprendizaxe. Sistema nervioso vexetativo.
Bibliografía básica e complementariaCada profesor indicará ao comezo das clases expositivas e con antelación á impartición de seminarios interactivos o/os capítulo/s ou páxina/s de libro/s para cada tema. Esta información estará tamén dispoñible a través da aula da USC virtual.
Textos xerais
Fisioloxía. Linda S. Costanzo. Cuarta edición. Elsevier-Saunders.2011.
Fisioloxía. Berne e Levy. Sexta edición. Elsevier-Mosby. 2009.
Medical Physiology. Walter F. Boron, Emile L. Boulpaep. Elsevier-Saunders, 2005.
Fisioloxía Humana. Stuart Ira Fox, McGraw Hill-Interamericana, 2008.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia
Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a
nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da
vida e nos dous sexos.
Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o
envellecemento sobre o individuo e o seu ámbito social.
Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica
e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información
científica e sanitario.
Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas
actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a
información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas da materia
Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a
información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).
Realizar probas funcionais, determinar parámetros vitais e
interpretalos.
Exploración física básica.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: 36 horas.
Docencia interactiva:
Seminarios 12 horas.
Laboratorios 6 horas.
Titorías: 3 horas (segundo demanda de alumnos).
Algúns temas descritos no apartado de contidos serán seleccionados polo profesorado para os seminarios. O alumno deberá de preparar o tema con antelación á celebración do seminarioe o que será obxecto de exposición e discusión.
Os laboratorios realizaranse sobre a base da discusión sobre problemas, exercicios ou casos prácticos formulados. Tamén se poderán explicar e discutir conceptos mediante o uso de simulacións de laboratorio de Fisioloxía. Os alumnos dispoñerán con antelación do material necesario para asegurar a súa participación activa nos laboratorios.
A información e os materiais para a realización dos seminarios e laboratorios interactivos dispoñeranse con antelación na aula virtual da USC.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha proba final que constará de 50 preguntas con 4 posibles respostas das que só unha será correcta. O nivel de aprobado será o 70% (35 respostas correctas). As preguntas contestadas incorrectamente non restarán puntuación.
Distribución de preguntas por bloque temático:
Fisioloxía do sangue. 3 preguntas
Fisioloxía do sistema cardiocirculatorio. 4 preguntas
Líquidos corporais e ril. 2 preguntas
Fisioloxía da respiración. 8 preguntas
Fisioloxía do aparato dixestivo. 8 preguntas
Fisioloxía do sistema endócrino. 4 preguntas
Fisioloxía do sistema nervioso. 19 preguntas
Laboratorios 6 preguntas.
Poderase ter en conta a participación do alumnado nos seminarios e laboratorios interactivos ata un máximo do 20% (2 puntos) na asignación da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalExpositivas: 36 horas.
Seminarios: 12 horas.
Laboratorio: 6 horas.
Tutorias: 3 horas.
Proba de avaliación: 1 hora.
Traballo individual: 92 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs estudantes deberán de traballar sobre as referencias bibliográficas indicadas polo profesorado co obxectivo de adquirir a capacidade de entender calquera texto de fisioloxía.
ObservaciónsDurante el curso 2012-2013 actuará como coordinador de la asignatura el prof. Francisco Javier Martín Cora (franciscoj.martin.cora@usc.es) al que deberán dirigirse los alumnos para todas las incidencias relacionadas con la marcha del curso.