G2051222 - Ética Médica (Medicina Social, Habilidades de Comunicación e Iniciación á Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 23.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
- Áreas: Medicina Legal e Forense
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer a historia, fundamentación e metodoloxía desta ética aplicada.
- Detectar os aspectos éticos inherentes á profesión.
- Resolver de forma argumentada os conflitos éticos que aparezan na práctica profesional.
- Saber qué son os Comités de Ética, qué tipos existen e cómo funcionan.
- Saber cómo acceder á información en Bioética.
ContidosPRIMEIRA PARTE: BIOÉTICA XERAL
Unidade I. INTRODUCIÓN Á BIOÉTICA
Unidade II. FUNDAMENTACIÓN E MÉTODO DA BIOÉTICA
Unidade III. ÉTICA, DEREITO E DEONTOLOXÍA PROFESIONAL
SEGUNDA PARTE: BIOÉTICA CLÍNICA
Unidade IV. ÉTICA DA RELACIÓN CLÍNICA
Unidade V. A CONFIDENCIALIDADE E O SEGREDO PROFESIONAL
Unidade VI. O CONSENTIMENTO INFORMADO
Unidade VII. CONTROL DA NATALIDADE, REPRODUCIÓN E SEXUALIDADE
Unidade VIII. XENÉTICA E BIOÉTICA
Unidade IX. PROBLEMAS ÉTICOS DO FINAL DA VIDA
Unidade X. OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS
Unidade XI. A INVESTIGACIÓN CON SERES HUMANOS E CON ANIMAIS
Unidade XII. A DISTRIBUCIÓN DE RECURSOS SANITARIOS ESCASOS
Unidade XIII. ÉTICA E PROFESIÓN
Bibliografía básica e complementaria- POTTER, V.R. Bioethics: bridge to the future. Prentice Hall. Nueva Jersey. 1971.
- ABEL, F. Bioética: origenes, presente y futuro. Mapfre. Madrid. 2001.
- BEAUCHAMP, T.L., CHILDRESS J.F. Principios de ética biomédica. Mason. Barcelona. 1999
- COUCEIRO, A. Bioética para clínicos. Triacastela. Madrid. 1999
- ENGELHARDT, H.T. Los fundamentos de la bioética. Paidós. Barcelona. 1995
- FERRER, JJ. ALVAREZ, JC. Para fundamentar la Bioética. Desclée de Brouwer. Bilbao. 2003
- GRACIA D. Fundamentos de Bioética. Triacastela. Madrid. 2007.
- GRACIA, D. Como arqueros al blanco. Triacastela. Madrid. 2004
- JONSEN, A.R., SIEGLER, M., WINSLADE, W.J. Clinical Ethics. McGraw-Hill. N. York. 1992.
- JOHNSON, A.G. Pathways in Medical Ethics. Edward Arnold. London. 1990.
- BERMEJO F, SANJUANBENITO L. Ética y atención primaria. Agencia Laín Entralgo, Madrid 2006
- GRACIA D., JÚDEZ. J. Ética en la práctica clínica. Triacastela, Madrid 2004
- SÁNCHEZ CARAZO C. La Intimidad y el Secreto médico. Diaz de Santos, Madrid. 2000
- GÓMEZ RUBÍ JA. Ética en Medicina crítica. Triacastela, Madrid 2002
- COUCEIRO A. Ética en cuidados paliativos. Triacastela, Madrid 2004
CompetenciasCOMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
- Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
- Saber aplicar o principio de xustiza social á práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
- Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura, dentro dos principios éticos e legais.
- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
- Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
- Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
- Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
- Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
- Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
- Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
- Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
- Coñecer os fundamentos legais do exercicio da profesión médica.
- Consentimento informado.
- Confidencialidade.
- Coñecer os fundamentos da ética médica.
- Bioética.
- Resolver conflitos éticos.
- Aplicar os valores profesionais de excelencia, altruísmo, sentido do deber, responsabilidade, integridade e honestidade ao exercicio da profesión.
- Recoñecer a necesidade de manter a competencia profesional.
- Saber abordar a práctica profesional respectando a autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán na explicación, por parte do profesor, e axudándose da lousa e dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
Os seminarios serán obxecto de exposición polo alumnado de diversos temas, baixo a supervisión dos profesores. Neles incentivarase a participación e a discusión dos alumnos.
As prácticas de computador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas...) serán orientadas polo profesorado nas sesións de tutoría.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
Proba obxectiva final: Valor ponderado do 90% da nota final, que incluirá preguntas das clases
e dos seminarios.
Avaliación continua: Suporá o 10% da nota final. Valorarase a participación nos seminarios e nas actividades presenciais
A realización do resto de actividades só valoraranse a aqueles alumnos con sobresaliente para optar á máxima cualificación
CONVOCATORIA ORDINARIA.
O estudante terá que superar o 50%.
CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS.
O estudante pode elixir entre un exame obxectivo único ou un sistema de avaliación similar á
convocatoria ordinaria, realizando neste caso un novo exame e conservando a puntuación obtida na convocatoria previa nos demais apartados.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL: 25,5 h
Clases maxistrais 15 h
Seminarios 6 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 1,5 h
Prácticas de computador 1 h
Exame 2 h
TRABALLO PERSOAL:49,5 h
Estudo individual 27 h
Elaboración de traballos 8,5 h
Lecturas recomendadas 12 h
Asistencia a charlas ou outras actividades 2 h
Recomendacións para o estudo da materiaParticipación activa nas clases e os seminarios, así como na discusión dos casos.
Lecturas amplas sobre os temas do programa, na bibliografía recomendada e en procuras realizadas polo propio alumno.
ObservaciónsAínda que non existe prerrequisito legal para cursar esta materia é aconsellable ser capaz de ler textos en inglés, así como manexar, a nivel de usuario básico, un computador.