Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051223 - Inmunoloxía Médica (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 28.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME.SI
Osorio Peláez, Jesús.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS29OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS30OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS31OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS32OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS33OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS34OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introducir o alumno nos coñecementos básicos do funcionamento do sistema inmunolóxico humano que lle permitan entender os mecanismos da defensa inmune contra antíxenos propios e foráneos, e as súas patoloxías.


    Contidos
    Os PRINCIPAIS ELEMENTOS DO SISTEMA INMUNITARIO

    Tema 1. TECIDOS, CÉLULAS E MOLÉCULAS DO SISTEMA INMUNITARIO.
    Introdución ao estudo da Inmunoloxía. Os compoñentes do Sistema Inmunitario: Tecidos, Células e Moléculas libres.

    Tema 2. As INMUNOGLOBULINAS.
    As Inmunoglobulinas e as súas estruturas. Xenes, Expresión Génica e orixe da diversidade das Inmunoglobulinas. Propiedades das Inmunoglobulinas.

    Tema 3. ANTÍGENOS E COMPLEXOS DE HISTOCOMPATIBILIDAD
    Os Antígenos e as súas estruturas. Inmunogenicidad. Complexos Maiores de Histocompatibilidad (MHCs) e as súas estruturas. Xenes, Expresión Génica e orixe da diversidade dos MHCs. Mecanismos de presentación de Antígenos polos MHCs. Células Presentadoras de Antígenos. Complexos CD1.

    Tema 4. RECEPTORES E SINALIZACIÓN DAS CÉLULAS INMUNITARIAS
    Receptores de Linfocitos B (BRCs) e de Linfocitos T (TCRs): Estruturas, Xenes, Expresión Génica e Diversidade. Receptores de Fagocitos, Células Dendríticas e Células NK. Sinalización de Células Inmunitarias por Antígenos. As Citoquinas na Sinalización Inmunitaria.

    Tema 5. O SISTEMA DO COMPLEMENTO .
    O Complemento no Sistema Inmunitario. Os compoñentes do Sistema de Complemento e as súas propiedades. Vías de activación do Complemento e as súas propiedades inmunolóxicas.

    A XERACIÓN DA RESPOSTA INMUNITARIA. INMUNIDADE INNATA E ADAPTATIVA

    Tema 6. A INMUNIDADE INNATA.
    A Inmunidade Innata e os seus compoñentes. As barreiras anatómicas e fisiológicas na Resposta Inmunitaria. Actividades de Fagotitos, Células NK, e outras células inmunitarias na Inmunidade Innata. Actividades do Complemento e das Citoquinas na Inmunidade Innata.

    Tema 7. A MADURACIÓN INMUNOLÓXICA DOS LINFOCITOS T.
    A Maduración dos linfocitos. Ontogenia e función dos linfocitos T. Maduración Tímica dos linfocitos T. Seleccion Positiva e Negativa e Tolerancia fronte a Proteínas Propias dos linfocitos T(alfa beta). Diferenciación Tímica de linfocitos T(gamma delta) e de células NKT.

    Tema 8. ACTIVACIÓN E ACTIVIDADES EFECTORAS DOS LINFOCITOS T
    Circulación postímica de linfocitos T. O proceso de Activación de linfocitos T(alfa beta) por Antígenos. Diferenciación e Actividades efectoras das diferentes poboacións de linfocitos T auxiliares e citolíticos. Activación de linfocitos T por Superantígenos. Activación e actividades efectoras de linfocitos T(TCRgamma deta) e células NKT.

    Tema 9. A MADURACIÓN E ACTIVACIÓN DOS LINFOCITOS B.
    Ontogenia e función inmunolóxica dos linfocitos B. Maduración dos linfocitos B na Medula Ósea. Activación periférica dos linfocitos B por Antígenos. Procesos de diferenciación a linfocitos B efectores e a Linfocitos B de Memoria.

    Tema 10. A ACTIVIDADE EFECTORA DOS LINFOCITOS B E DAS INMUNOGLOBULINAS NA INMUNIDADE HUMORAL.
    A activación antigénica dos linfocitos B e as súas actividades efectoras na Inmunidade Humoral. Respostas primaria e secundaria na Inmunidade Humoral. Os diferentes isotipos de Inmunoglobulinas e as súas habilidades para a eliminación de antígenos. Produción artificial de anticorpos Policlonales e Monoclonales.

    O EXERCICIO DA DEFENSA INMUNITARIA. INMUNOLOXÍA CLÍNICA

    Tema 11. PROCESOS INFECCIOSOS. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA A INFECCIÓN VÍRICA.
    Introdución aos procesos infecciosos. Os principais axentes infecciosos. Os virus e a infección vírica. A presentación de antígenos víricos no Sistema Inmunitario. A Defensa Inmunitaria contra a infección vírica. Mecanismos de evasión e terapias antivíricas. O Virus da Gripe e a súa patogenia.

    Tema 12. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA A INFECCIÓN BACTERIANA.
    As bacterias e as súas estruturas antigénicas. Toxinas bacterianas. A presentación de antígenos bacterianos e de toxinas no Sistema Inmunitario A Inmunidade Innata e Adaptativa contra bacterias extracelulares e intracelulares. A Defensa Inmunitaria contra Toxinas bacterianas. Mecanismos de evasión e terapias antibacterianas. Infección bacteriana e produción de moléculas agresivas (Mediadores Inflamatorios).

    Tema 13. DEFENSA INMUNITARIA CONTRA OUTROS PATÓGENOS. INMUNIZACIÓN E VACINAS.
    Defensa Inmunitaria contra Fungos, Protozoos e Metazoos. Priones, a súa Actividade e Resposta Inmunitaria. Inmunización e as súas formas Activa e Pasiva. Vacinas e a súa preparación. Resposta Inmunitaria inducida polas Vacinas.

    Tema 14. INFLAMACIÓN E RESPOSTA INMUNITARIA.
    Defensa Inmunitaria e danos celulares na indución de procesos inflamatorios. Rutas Inflamatorias e os seus elementos. Mediadores da Inflamación e as súas actividades biolóxicas. Principais Rutas de produción de Mediadores da Inflamación e os seus efectos localizados e sistémicos. O Inflamosoma. Actividades sistémicas na Inflamación. Actividade regulatoria do Sistema Nervioso Central. Axentes antiinflamatorios.

    Tema 15. REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDAD NA RESPOSTA INMUNITARIA.
    Defensa Inmunitaria e indución de Reaccións de Hipersensibilidad. Diferentes tipos de Reaccións de Hipersensibilidad. Os mecanismos das reaccións de Hipersensibilidad Inmediata de Tipos I, II, e III. Hipersensibilidad retardada de Tipo IV. Terapias nos procesos de Hipersensibilidad. Hipersensibilidad e indución de Inflamación.

    Tema 16. AUTOINMUNIDAD, INMUNODEFICIENCIAS E INMUNOLOGIA DE TRANSPLANTES.
    Orixe da Autoinmunidad. Resposta Autoinmune e indución de patoloxías. Orixe e diversidade das Inmunodeficiencias. Alteracións funcionais nas Inmunodeficiencias Congénitas. As Inmunodeficiencias Adquiridas e a SIDA. Inmunoloxía de transplantes: Enxertos e Resposta Inmunitaria.

    Tema 17. INMUNOLOXÍA TUMORAL
    Orixe molecular das transformacións cancerígenas. Oncogenes e Antígenos Tumorales. Resposta Inmunitaria fronte a células cancerosas. Inflamación e evasión Inmunitaria promovida por células cancerosas Terapias Antitumorais.

    Bibliografía básica e complementaria

    "Primer to the Inmune Response, 2ª Ed." MAK, T.W. e SAUNDERS, M.E. Editorial Academic Press, Elsevier, 2011

    "Inmunología de Kuby, 6ª Ed." KINDT, T.J., GOLDSBY, R.A. e OSBORNE B.A. McGraw-Hill, Méjico, 2007

    "Inmunología celular y molecular 7ª Ed." ABBAS, A.K., LICHTMAN, A.H. e PILLAI, S. Elsevier España, 2012

    “Inmunología 7º Ed." MALE, D., BROSTOFF, J., ROTH, D.B. e ROITT, I. Elsevier España, 2007

    "Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario 4 Ed.". REGUEIRO, J.R., LOPEZ, C., GONZÁLEZ, S. e MARTÍNEZ, E. Editorial Médica Panamericana, 2010


    Competencias
    O estudo dos contidos do programa vai facultar o alumno para entender os mecanismos básicos do funcionamento do sistema inmunitario e para facer o diagnóstico das súas patoloxías e o seu tratamento.






    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva
    A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia.

    Docencia interactiva
    Seminarios de discusión dos diferentes conceptos e materias do Programa, intercalados entre as clases regulares. Os seus contidos correspóndense co repaso e discusión das facetas máis importantes dos contidos de cada tema do programa.

    Tutorías
    Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia.O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe.


    Sistema de evaluación
    Exame final (80% da nota final)
    Como proba evaluatoria utilizarase un exame con diferentes tipos de preguntas que abarcarán aspectos relacionados cos contidos da materia.

    Avaliación continua (20% da nota final)
    Para a avaliación continua terase en conta a participación do alumno nas actividades docentes da materia así como a súa actitude durante as clases expositivas e interactivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo medio de estudo e traballo dedicado a cada tema do programa teórico, será de 3 horas. Este tempo variará segundo a complexidade do tema.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.

    Seguimiento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.

    Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos do programa.

    Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos da materia e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.