Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051229 - Farmacoloxía (Procedementos Diagnósticos e Terapéuticos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 60.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 9.00
  • Total: 88.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Farmacoloxía
  • Áreas: Farmacoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Castro Pérez, María de los Ángeles.NON
Fernandez Rodriguez, M Pilar.SI
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL.NON
LAGUNA FRANCIA, MARIA REYES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_12OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_13OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_14OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_15OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_16OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS29OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS30OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS31OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS32OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- A Farmacoloxía pola súa metodoloxía e contido contribúe á mellor comprensión e afianzamento das bases biolóxicas da medicina (Fisioloxía e Bioquímica) e da Patoloxía.

    2.- Introdución á comprensión dos mecanismos xerais de acción dos fármacos (Farmacodinamia) e do seu destino no organismo (Farmacocinética).

    3.- Coñecer as principais clases de fármacos en relación ao seu uso clínico e os seus efectos a nivel de tecidos, órganos ou sistemas, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismos de acción e reaccións adversas e as consecuencias das interaccións farmacolóxicas.
    Contidos
    PARTE I: PRINCIPIOS XERAIS DE ACCIÓN DOS FÁRMACOS

    Tema 1: Farmacoloxía. Conceptos básicos. División e importancia dende o punto de vista médica
    Tema 2: Farmacocinética: Paso dos fármacos a través das membranas biolóxicas. Vías de administración de fármacos. Absorción. Distribución
    Tema 3: Farmacocinética: Biotransformación e excreción dos fármacos.
    Tema 4: Farmacocinética: Conceptos xerais. Modelos farmacocinéticos
    Tema 5: Farmacodinamia: Mecanismo de acción dos fármacos. Interacción fármaco-receptor. Curva dose resposta
    Tema 6: Reaccións adversas. Clasificación. Mecanismos de produción
    Tema 7: Interaccións farmacolóxicas. Mecanismo de produción. Interaccións con maior relevancia clínica

    PARTE II: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTOGNOMO E DA PLACA MOTORA

    Tema 8: Fármacos agonistas adrenérgicos
    Tema 9: Fármacos antagonistas adrenérgicos
    Tema 10: Fármacos agonistas e antagonistas colinérgicos
    Tema 11: Farmacoloxía da transmisión ganglionar. Bloqueantes neuromusculares
    Tema 12: Anestésicos locais

    PARTE III. FARMACOLOXÍA DA INFLAMACIÓN, A DOR E A FEBRE

    Tema 13: Mediadores da inflamación. Dianas farmacolóxicas
    Tema 14: Fármacos analxésicos-antiinflamatorios non esteroideos
    Tema 15: Fármacos antigotosos. Fármacos antirreumáticos
    Tema 16: Fármacos analxésicos opioides

    PARTE IV: FARMACOLOXÍA DO SNC

    Tema 17: Fármacos anestésicos xerais
    Tema 18: Fármacos ansiolíticos e hipnóticos
    Tema 19: Fármacos antipsicóticos
    Tema 20: Fármacos anticonvulsivantes e antiepilépticos
    Tema 21: Fármacos antidepresivos e antimaníacos
    Tema 22: Farmacoloxía dos trastornos neurodexenerativos

    PARTE V: FARMACOLOXÍA CARDIOVASCULAR

    Tema 23: Fármacos diuréticos
    Tema 24: Farmacoloxía da hipertensión arterial
    Tema 25: Fármacos útiles no tratamento da insuficiencia cardíaca
    Tema 26: Fármacos antiarrítmicos
    Tema 27: Fármacos antianxinosos
    Tema 28: Fármacos hipolipemiantes

    PARTE VI: FARMACOLOXÍA DO SANGUE

    Tema 29: Fármacos antianémicos. Factores de crecemento hematopoiético
    Tema 30: Farmacoloxía plaquetaria, da coagulación e da fibrinolise

    PARTE VII: FARMACOLOXÍA DO APARATO RESPIRATORIO

    Tema 31: Fármacos broncodilatadores e antiasmáticos. Mucolíticos e expectorantes. Antitusígenos

    PARTE VIII: FARMACOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO

    Tema 32: Farmacoloxía da secreción gastrointestinal
    Tema 33: Farmacoloxía da motilidade gastrointestinal. Fármacos laxantes e antidiarreicos. Farmacoloxía do vómito

    PARTE IX: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA ENDÓCRINO

    Tema 34: Farmacoloxía da hipófise e do hipotálamo.
    Tema 35: Hormonas tiroideas. Fármacos antitiroideos
    Tema 36: Farmacoloxía do metabolismo óseo e a súa regulación
    Tema 37: Farmacoloxía da diabete.
    Tema 38: Hormonas da codia suprarrenal: Glucocorticoides. Mineralocorticoides
    Tema 39: Hormonas sexuais. Estróxenos e progestágenos. Andróxenos. Anticonceptivos hormonais. Farmacoloxía uroxenital

    PARTE X: FARMACOLOXÍA DOS PROCESOS INFECCIOSOS

    Tema 40: Consideracións xerais sobre terapéutica antiinfecciosa
    Tema 41: Antibióticos betalactámicos
    Tema 42: Antibióticos aminoglucósidos
    Tema 43: Macrólidos. Lincosamidas. Antibióticos polipeptídicos. Glucopéptidos
    Tema 44: Tetraciclinas. Cloranfenicol. Outros antibióticos
    Tema 45: Sulfamidas. Quinolonas. Cotrimoxazol
    Tema 46: Farmacoloxía das infeccións por micobacterias. Quimioterapia antituberculosa e antileprosa
    Tema 47: Fármacos antivirais
    Tema 48: Fármacos antifúnxicos
    Tema 49: Fármacos antiparasitarios
    Tema 50: Fármacos antisépticos

    PARTE XI: NEOPLASIA E INMUNIDADE

    Tema 51: Fármacos antineoplásicos
    Tema 52: Inmunosupresores e inmunomoduladores

    PARTE XII: TERAPIA BIOLÓXICA E XÉNICA

    Tema 53: Bases moleculares e principios de terapia biolóxica e xénica

    SEMINARIOS
    Seminario 1: Uso de fármacos en situacións especiais
    Seminario 2: Redacción de prescricións médicas e elaboración dunha orde de tratamento
    Seminario 3: Deseño dun traballo de investigación de farmacoloxía

    PRÁCTICAS
    Práctica 1: Simulación informática dun experimento de órgano illado para a análise das curvas dose resposta
    Práctica 2: Vías de administración de medicamentos. Dosificación e cálculo da dose prescrita
    Práctica 3: Farmacoloxía da inflamación. Video explicativo e simulación informática
    Práctica 4: Accións de fármacos no Sistema Nervioso Central
    Práctica 5: Efecto de fármacos sobre a presión arterial e frecuencia cardíaca. Video explicativo e simulación informática
    Bibliografía básica e complementaria
    - Farmacología. H.P. Rang, M.M. Dale y J.M. Ritter. Churchill Livingstone, Madrid, 2012

    - Farmacología Humana. J. Flórez. Masson, S.A., Barcelona, 2008

    - Farmacología básica y clínica. Velázquez. Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2008

    - Goodman & Gilman's. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica (Vol. I y II). 11ª edición. Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2007

    - Velasco, San Román, Serrano, Martínez Sierra, Cadavid. Farmacología Fundamental.Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2003

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia

    - Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica posible

    - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria

    - Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación


    Competencias específicas da materia

    - Coñecer os principais grupos de fármacos, dose, vías de administración e farmacocinética
    - Interaccións e efectos adversos
    - Farmacoloxía dos diferentes aparatos e sistemas
    - Fármacos analxésicos, antineoplásicos, antimicrobianos e antiinflamatorios
    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva:
    Consistirá no desenvolvemento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.

    Docencia interactiva:
    Nas clases prácticas o alumno desenvolverá, analizará e comprobará os contidos expostos na lección maxistral e adquirirá competencias no campo das habilidades e destrezas.

    Nos seminarios preténdese fomentar o desenvolvemento da actitude crítica, o traballo persoal e/ou en grupo, a selección e análise de información, así como a comunicación e a discusión de aspectos relacionados coa materia.

    Titorías: Realizaranse para resolver as dúbidas do alumno con respecto á docencia expositiva e interactiva
    Sistema de evaluación
    Seminarios: Realízase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice por proposta do profesor. Representará o 5% da cualificación final.Es obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder presentarse ao exame final.

    Clases prácticas: Avaliarase a adquisición dalgunhas competencias específicas. Representará o 5% da cualificación final. É obrigatorio a asistencia a todas as prácticas para poder presentarse ao exame final.

    Exame final: Exame tipo test, onde se avaliarán competencias específicas, con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. Representará o 90% da cualificación final, sendo necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 6 sobre 10 para aprobar a materia.
    O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. No caso contrario non faise media coa outra parte.
    Na convocatoria de Xullo, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na convocatoria anterior.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Presenciais: 90 horas distribuídas en 63 horas expositivas, 21 horas de docencia interactiva, 4 horas de tutorias e 2 horas de avaliación

    Traballo persoal do alumno: 60 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
    Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.

    Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.