G2051230 - Fisioloxía Integrada de sistemas (Morfoloxía, Estrutura e Función do Corpo Humano) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 40.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 59.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDespois de estudar a Fisioloxía Xeral (1º semestre, 1º ano) e a Fisioloxía Médica (1º semestre, 2º ano) o estudante deberá aprender os mecanismos fisiolóxicos que coordinan os diferentes órganos e sistemas para manter a función que lle é propia ó conxunto do corpo humano.
ContidosFisioloxía integradora do ril.
Regulación da osmolaridade do líquido extracelular.
Regulación do potasio.
Regulación do sodio e do volume extracelular: Regulación da TFG.
Sistema RAA.Transporte de auga, sodio, potasio e cloruro en cada un dos segmentos da nefrona. nefrona.Transporte de urea, glicosa, fosfato, magnesio, calcio e solutos orgánicos na nefrona.Mecanismos de dilución e concentración de ouriños. Mecanismo multiplicador contracorrente. Vasos rectos. Hormona antidiurética. Papel da urea. Regulación do equilibrio hidroelectrolítico: balance de sodio e auga. Papel da aldosterona, péptido natriurético atrial, ADH e sistema nervioso autónomo.
Regulación do balance ácido base.
Regulación ácido-base. Reabsorción de bicarbonato no túbulo proximal. Amortecedores urinarios: fosfato e amonio. Aplicacións clínicas: diuréticos. Probas de función renal e patoloxía renal: insuficiencia renal aguda, glomerulonefrite, insuficiencia renal crónica.
Regulación da presión arterial.
Hemodinámica: Presión-fluxo-resistencia-velocidade. Enerxética do fluxo sanguíneo. Determinantes da circulación do sangue. Lei de Poiseuille. Diferenzas entre as distintas áreas vasculares. Relacións entre a presión, o fluxo e a resistencia. Factores que afectan á presión sanguínea: a gravidade, complianza, resistencia viscosa e inercia. Factores que modifican a viscosidade sanguínea. Tipos de fluxo sanguíneo. Número de Reynolds. Arterias e Veas. Tipos funcionais de arterias. Células endoteliais e músculo liso vascular. Arteríolas e control intrínseco do diámetro arteriolar. Resistencia vascular. Variacións da resistencia ao longo da árbore vascular. Valores das presión vascular no sistema circulatorio. Presión sistólica, diastólica, pulsátil e presión media. Evolución dos valores das presións nos distintos territorios vasculares. Perfil de presións arteriais e venosas. Propiedades elásticas dos vasos. Presión transmural. Diámetro do vaso e tensión na parede. Lei de Laplace aplicada aos vasos sanguíneos. Relación presión-volume nos vasos sanguíneos. Complianza ou adaptabilidade. Relación tensión e elasticidade da parede vascular. Volume sistólico e gasto cardíaco: factores intrínsecos e extrínsecos de regulación e métodos de determionación do volume minuto. Regulación da presión arterial: mecanismos a curto prazo. Fluxo sanguíneo no músculo esquelético. Variacións hemodinámicas durante o exercicio. Circulación coronaria e a súa regulación.
Regulación da temperatura corporal e do gasto enerxético.
Regulación do metabolismo fosfocálcico.
Fisioloxía do tecido óseo. Hormonas relacionadas co metabolismo do calcio e do fosfato: parathormona, calcitonina, vitaminas D, estróxenos, GH e IGF1.
Fisioloxía do feto e do neonato.
Crecemento fetal: factores e hormonas implicados.Diferenciación sexual.
Crecemento e puberdade.
GH e regulación do crecemento. Hormona do crecemento hipofisaria: regulación da secreción e accións biológicas.Eje hipotálamo-hipófiso-testicular. Eixe hipotálamo-hipófiso-ovárico. Puberdade. Menopausa.
Fisioloxía da mujer.Adaptaciones fisiolóxicas ao embarazo.
Fisioloxía do embarazo: a placenta como órgano endócrino. Desenvolvemento e diferenciación da glándula mamaria. Lactopoyesis. Oxitocina e parto.
Prolactina: regulación da secreción e accións biolóxicas.
Adaptacións fisiolóxicas en condicións especiais.
Mergullo. Altitude. Estrés: Regulacion polo SNA. Xaxún.
Regulación hormonal da glicemia. Insulina. Somatostatina. Hormonas de contrarregulación: GH, cortisol, catecolaminas, glucagón.Regulación do metabolismo lipídico. Regulación da homeostase do peso corporal. Sistema neuroinmunoendocrino.
O envellecemento.
Bibliografía básica e complementariaCada profesor indicará ao comezo das clases expositivas e con antelación á impartición de seminarios interactivos o/os capítulo/s ou páxina/s de libro/s para cada tema. Esta información estará tamén dispoñible a través da aula da USC virtual.
Textos xerais
Fisioloxía. Linda S. Costanzo. Cuarta edición. Elsevier-Saunders.2011.
Fisioloxía. Berne e Levy. Sexta edición. Elsevier-Mosby. 2009.
Medical Physiology. Walter F. Boron, Emile L. Boulpaep. Elsevier-Saunders, 2005.
Fisioloxía Humana. Stuart Ira Fox, McGraw Hill-Interamericana, 2008.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a
nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da
vida e nos dous sexos.
Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas da materia:
Coñecer a morfoloxía, estrutura e función da pel, o sangue,
aparatos e sistemas circulatorio, dixestivo, locomotor, reprodutor, excretor e
respiratorio; sistema endócrino, sistema inmune e sistema nervioso central e
periférico.
Crecemento, maduración e envellecemento dos distintos aparatos e
sistemas.
Adaptación ao ámbito.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: 36 horas.
Docencia interactiva:
Seminarios 12 horas.
Laboratorios 6 horas.
Titorías: 3 horas (segundo demanda de alumnos).
Algúns temas descritos no apartado de contidos serán seleccionados polo profesorado para os seminarios. O alumno deberá de preparar o tema con antelación á celebración do seminarioe o que será obxecto de exposición e discusión.
Os laboratorios realizaranse sobre a base da discusión sobre problemas, exercicios ou casos prácticos formulados. Tamén se poderán explicar e discutir conceptos mediante o uso de simulacións de laboratorio de Fisioloxía. Os alumnos dispoñerán con antelación do material necesario para asegurar a súa participación activa nos laboratorios.
A información e os materiais para a realización dos seminarios e laboratorios interactivos dispoñeranse con antelación na aula virtual da USC.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha proba final que constará de 50 preguntas con 4 posibles respostas das que só unha será correcta. O nivel de aprobado será o 70% (35 respostas correctas). As preguntas contestadas incorrectamente non restarán puntuación.
Distribución de preguntas por bloque temático:
Fisioloxía integradora do riñon. 7 preguntas
Regulación do balance ácido base. 2 preguntas
Regulación da presión arterial. 12 preguntas
Regulación da temperatura corporal e do gasto enerxético. 4 preguntas
Regulación do metabolismo fosfocálcico. 3 preguntas
Fisioloxía do feto e do neonato. 1 pregunta
Crecemento e puberdade. 6 preguntas
Fisioloxía da mujer.Adaptaciones fisiolóxicas ao embarazo. 2 preguntas
Adaptacións fisiolóxicas en condicións especiais. 6 preguntas
Envellecemento. 1 pregunta
Laboratorios 6 preguntas.
Poderase ter en conta a participación do alumnado nos seminarios e laboratorios interactivos ata un máximo do 20% (2 puntos) na asignación da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalExpositivas: 36 horas.
Seminarios: 12 horas.
Laboratorio: 6 horas.
Tutorias: 3 horas.
Proba de avaliación: 1 hora.
Traballo individual: 92 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs estudantes deberán de traballar sobre as referencias bibliográficas indicadas polo profesorado co obxectivo de adquirir a capacidade de entender calquera texto de fisioloxía.
ObservaciónsDurante o curso 2012-2013 actuará como coordinador da materia o prof. Juan Navarro Alarcón (juan.navarro@usc.es) ao que deberán dirixirse os alumnos para todas as incidencias relacionadas coa marcha do curso.