G2051241 - Anatomía Clínica (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstablecido o coñecemento fundamental da Anatomía Humana Xeral e do Aparello Locomotor, a Espalcnoloxia e mais a Neuroanatomia, materias troncais nos cursos anteriores, plantexamonos nesta materia a proxección destes coñecementos e desta formación e preparación anatómica, aplicada ao seu esencial papel funcional, para que dende a normalidade poida proxectarse cara ao campo da patoloxía clínico-cirúrxica. Establecendo unhas bases anatómicas para a exploración física do doente, esenciais no futuro exercicio profesional no campo médico, para o que se deseñou como contidos dous bloques temáticos esenciais e básicos, que para o alumno suporalle unha eficaz e sinxela ferramenta na súa actividade profesional na área das Ciencias da Saúde.
ContidosBLOQUE TEMÁTICO I. Anatomía topográfica e de superficie
Unidade Temática I. Introdución
Tema 1.- Introdución: rexións do corpo. Bases anatómicas da exploración física
Unidade Temática II. Cabeza e pescozo
Tema 2.- Anatomía topográfica da cabeza e do pescozo: cranio. Cara. Rexións infrahioidea, carotídea, cervical lateral e cervical posterior
Tema 3.- Anatomía de superficie da cabeza e do pescozo
Unidade Temática III. Tronco
Tema 4.- Anatomía topográfica do tórax: parede torácica. Mamas. Rexión mediastínica
Tema 5.- Anatomía de superficie do tórax. Topografía tóraco-pulmonar e cardíaca. A súa proxección na parede torácica
Tema 6.- Anatomía topográfica do abdome e da pelve
Tema 7.- Anatomía de superficie do abdome e da pelve
Unidade Temática IV. Membro superior
Tema 8.- Anatomía topográfica do membro superior: ombreiro: rexión axilar, rexión escapular e rexión deltoidea. Brazo. Cóbado. Antebrazo. Pulso. Man
Tema 9.- Anatomía de superficie do membro superior
Unidade Temática V. Membro inferior
Tema 10.- Anatomía topográfica do membro inferior: cadeira. Coxa. Xeonllo. Perna. Nocello. Pé
Tema 11.- Anatomía de superficie do membro inferior
BLOQUE TEMÁTICO II. Bases anatómicas para a exploración do aparello locomotor
Unidade Temática VI. Introdución á exploración do aparello locomotor
Tema 12.- Aspectos xerais
Unidade Temática VII. Membro superior
Tema 13.- Bases anatómicas e exploración da cintura escapular. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 14.- Bases anatómicas e exploración do cóbado. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 15.- Bases anatómicas e exploración do pulso e da man. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Unidade Temática VIII. Membro inferior
Tema 16.- Bases anatómicas e exploración da cintura pélvica. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 17.- Bases anatómicas e exploración do xeonllo. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 18.- Bases anatómicas e exploración do nocello e do pé. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Unidade Temática IX. Cabeza, pescozo e tronco
Tema 19.- Bases anatómicas e exploración da columna vertebral. Rexión cervical, rexión dorsal, rexión lumbar, región sacro-cocíxea. Proxección Patolóxica Clínico-cirúrxica
Tema 20.- Bases anatómicas e exploración das articulacións da cabeza e pescozo. Articulación témporo-mandibular. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Tema 21.- Bases anatómicas e exploración das disposicións posturais e da marcha. Proxección patolóxica clínico-cirúrxica
Bibliografía básica e complementaria1.- Gosling JA. Harris PF. Humpherson JR. Whitmore I. Willan PLT. Anatomia Humana. Texto y Atlas. Ed. Mosby/Doyma. 20 ed.
2.-Hislop HJ. Daniels- Worthinghan=s Pruebas funcionales musculares. Ed Marban, 60 ed. Madrid, 1997.
3.- Lumley J.S.P. Anatomia de superficie.Las Bases Anatómicas de la Exploración Clínica. Ed Churchill Livinstone. 1992.
4.- Miralles Marrero RC. Biomecanica Clínica del Aparato Locomotor. Ed. Masson S.A. Barcelona 1998.
5.- Moore KL. Anatomia con Orientación Clínica. Ed. Médica Panamericana, Barcelona 1993.
6.- Snell R.S. Anatomia Clinica para estudiantes de Medicina. Ed. Mcgraw-Hill Interamericana. Méjico. 2001.
7.- Tixa S. Atlas de Anatomia Palpatoria del Cuello, Tronco y Extremidad Superior. Investigación manual de superficie. Ed. Masson. Barcelona. 2001.
8.- Tixa S. Atlas de Anatomia palpatoria de la Extremidad inferior. Investigación manual de superficie. Ed. Masson. Barcelona. 2001.
9.- Netter, John C. Thompsom: Atlas Practico de Anatomia Ortopedica Ed Masson Barcelona 2005.
10.- Netter, John T. Hansen, David R. Lambert: Anatomia Clinica; Ed Masson, Barcelona 2006.
11.- Pro Eduardo A. Anatomia Clinica; Ed Panamericana, Madrid 2012
CompetenciasO alumno deberá ter o coñecemento aplicado para poder facer no seu doente unha avaliacion sistemática das distintas rexións do corpo, desde unha inspección, unha palpación xeral, tanto superfical como profunda, zonas de percusión asi como areas de auscultación; ademais de un desprazamento das articulacións de xeito activo e pasivo no aparello locomotor, cunha valoración de probas musculares, sensitivas e de reflexos xerais, xunto con probas complementarias que axuden a diferenciar a normalidade, a variación e a patoloxía dentro da exploración xeral do Corpo human de cada doente
Metodoloxía da ensinanza O alumno ten horas de teoría e horas de seminarios semanais nas que os contidos son explicados mediante exposicións orais, axudados (dadas as características da materia) mediante debuxos e esquemas de encerado, e presentacións de ordenador, das distintas superficies, rexións ou manobras que se desenvolverán nelas, que de forma interactiva reflictiranse nas sesions docentes.
Sistema de evaluaciónO exame que se realizará para a derradeira avaliación será de TIPO TEST, de 50 preguntas, collendo contidos dos dous bloques temáticos desenvolvimos, 25+25, descontarase unha desposta boa por cada 3 erradas, hay que ter un minimo de 13 respostas correctas de cada parte. Valorase a asistenca.
Tempo de estudo e traballo persoalDada a base morfoloxica da anatomia human que o alumno coñece e domina, con 4 horas semanais e da bondo para dominar os contidos e aplicalos cas destrezas que se precisan.
Recomendacións para o estudo da materiaE convinte o repaso da morfoloxia e funcion do corpo human que o alumno xa coñece previamente para a su aplicacion a o campo da exploracion nos seus distintos apartados que se desenrolan aqui