G2051242 - Células Nai e Terapia Celular (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Medicina, Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Medicina, Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer as características, fontes de obtención e métodos de manipulación dos distintos tipos de células nai.
- Coñecer os fundamentos da terapia celular.
- Coñecer as aplicación reais e potenciais da terapia celular en enfermedades humanas
ContidosI. CLASES EXPOSITIVAS
Tema 1. Introducción ao concepto de célula nai, terapia celular e medicina rexenerativa
Tema 2. Células nai embrionarias
Tema 3. Células nai adultas
Tema 4. Células nai e transferencia nuclear
Tema 5. Células nai pluripotentes inducidas
Tema 6. Células nai tumorais
Tema 7. Consideracións éticas e legais da investigación con células nai
Tema 8. Células nai neurais. Terapia celular no sistema nervioso central
Tema 9. Células nai hematopoiéticas. Trasplante de proxenitores hematopoiéticos
Tema 10. Terapia celular en enfermedades hepáticas
Tema 11. Terapia celular en enfermedades cardiovasculares: Reparación cardíaca con células nai
Tema 12. Potencial terapéutico das células nai na diabete
Tema 13. Terapia celular en enfermedades autoinmunes
Tema 14. Terapia celular en inmunodeficiencias
Tema 15. Avellentamento e células nai
Tema 16. Células nai no tratamento do cancro
II. CLASES INTERACTIVAS
Realizaranse seminarios e actividades interactivas que consistirán na proxección de videos, realización de exercicios temáticos e/ou pequenos traballos que os alumnos exporán nas horas correspondentes. Trataranse principalmente os seguintes temas:
I-1: Células nai mesenquimais
I-2: Biobancos e células nai pluripotentes
I-3: Obtención e procesamento de precursores hematopoiéticos
I-4: Terapia celular en isquemia cerebral
Bibliografía básica e complementariaBagley, R.G., and Beberly, A.T. Stem cells and cancer. Humana Press. 2009.
García-Olmo, D., García-Verdugo, J.M., Alemany, A., Gutiérrez-Fuentes, J.A. (Eds.). Cell Therapy. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. 2008.
Goldstein L.S.B., and Schneider M. Stem cells for dummies. Wiley Publishing, Inc. New York. 2010.
Lanza, R. (Ed.). Essentials of stem cell biology. Elsevier Academic Press. 2009
Lanza, R. (Ed.). Handbook of stem cells. Vol. 1: Embryonic stem cells. Vol. 2: Adult and fetal stem cells. Elsevier Academic Press. 2004.
Lazo P.A., Sánchez-García (Eds.). Medicina regenerativa y células madre. Madrid: Los libros de la catarata. 2010.
Rao, M.S. Neural development and stem cells. New Jersey: Humana Press. 2006.
Sanberg, C.D., and Sanberg, P.R. Cell therapy, stem cells and brain repair. New Jersey: Humana Press. 2006.
Sell, S. Stem cells handbook. New Jersey: Humana Press. 2004.
CompetenciasO alumno deberá posuir e potenciar as siguientes competencias e destrezas xenéricas:
- Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita.
- Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise e síntese.
- Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
Metodoloxía da ensinanza A docencia impartirase mediante clases maxistrais, seminarios e actividades interactivas. Favorecerase a participación dos alumnos e o plantexamento aberto de todas as cuestións que poidan xurdir. Os alumnos disporán de horas de titorías para orientar a aprendizaxe e solventar dúbidas.
Sistema de evaluaciónRealizarase un exame escrito tipo test con preguntas de elección múltiple e resposta única.
A calificación final basearase nos seguintes aspectos:
- Exame escrito sobre os contenidos teóricos da asignatura (60%)
- Avaliación dos contados expostos en seminarios e actividades interactivas (30%)
- Avaliación da participación dos alumnos nas actividades presenciais (10%)
Tempo de estudo e traballo persoal3 créditos ECTS:
- Expositivas: 18 horas presenciais.
- Interactivas: 10 horas presenciais.
- Titorías persoalizadas: 1 hora.
- Exame: 1 hora.
- Traballo persoal do alumno: 45 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaLevar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, usando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recoméndase a participación activa en clase, o estudo periódico e a utilización das horas de titorías. É importante que o alumno adquira conciencia da importancia da comprensión do fundamento dos conceptos e dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na súa futura vida laboral.