Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051324 - Propedéutica (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 56.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Medicina
  • Áreas: Medicina
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALONSO VALENTE, RAFAEL.NON
ALVAREZ PRECHOUS, ANGEL JOSE.NON
ARAUJO VILAR, DAVID.SI
ARIAS GOMEZ, MANUEL.NON
CALVO GOMEZ, CARLOS JOSE RAMON.NON
CASTRO GARCIA, ALFONSO.NON
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA.NON
GARCIA LOPEZ, JOSE MANUEL.NON
GOMEZ-REINO CARNOTA, JUAN JESUS.NON
GONZALEZ BARCALA, FRANCISCO JAVIER.NON
GONZALEZ JUANATEY, JOSE RAMON.NON
Gonzalez Quintela, Arturo.NON
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL.NON
LEMA BOUZAS, MANUELA.NON
PEINO GARCIA, ROBERTO.NON
Pose Reino, Antonio Domingo.NON
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR.NON
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS.NON
SUAREZ DONO, FRANCISCO JAVIER.NON
TOME MARTINEZ DE RITUERTO, MARIA AUSENCIA ISABEL.NON
TORRE CARBALLADA, JOSE ANTONIO.NON
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Enténdese por Propedéutica a iniciación ao aprendizaxe dun técnica ou disciplina, polo tanto, os obxetivos da Propedéutica Clínica son a introducción ao estudante do Grao de Medicina nas técnicas de adquisición de información sobre as manifestacións clínicas (síntomas e signos) dos doentes, proporcionándolles as ferramentas conceptuais e técnicas para a sua correcta interpretación. O programa está estructurado en 56 clases expositivas e 14 clases interactivas. As clases expositivas teñense plantexado, en xeral, en forma de problemas clínicos habituais que son motivo de consulta ou atención médica, establecendo as suas causas máis frecuentes e os mecanismos responsables da sua aparición. Ademáis, inclúense un número de clases adicadas ao coñecemento das probas complementarias máis habituais na práctica clínica e a sua interpretación clínica. As clases interactivas incluen seminarios sobre as técnicas de exploración física (seminarios 1-9) e prácticas na Aula de Habilidades Clínicas da Facultade de Medicina.
    Contidos
    Clases expositivas
    1. Historia Clínica: Anamnese, Antecedentes personais e familiares, exploración física, hipótese diagnóstica e diagnostico diferencial, plan diagnóstico: probas complementarias. Plan terapéutico. Problemas activos e inactivos.
    2. Avaliación clínica xeral do doente: constantes vitais, variables antropométricas, nivel de conciencia, coloracion, hidratación, estado nutricional, volemia.
    3. Aproximación clínica ao síndrome xeral: astenia, anorexia e adelgazamento.
    4. Febre.
    5. Síncope e mareo: Semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    6. Disnea e sibilancias: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    7. Cianose: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    8. Interpretación clínica dunha gasometría arterial.
    9. Dor torácica: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    10. Soplos cardíacos: interpretación clínica, etioloxía e fisiopatoloxía.
    11. Derrame pleural: significado clínico, mecanismos fisiopatolóxicos. Toracocentese e interpretación do examen do líquido pleural.
    12. Consolidación, atelectasia e nódulo pulmonar: avaliación clínica e orientación diagnóstica.
    13. Edema: Semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    14. Tos, expectoración e hemoptise: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    15. Hipertensión arterial. Avaliación da presión arterial e pulsos periféricos.
    16. Principais alteracións electrocardiográficas.
    17. Shock: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    18. Parada cardio-respiratoria: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    19. Disfaxia, pirose, nauseas e vómitos: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    20. Dor abdominal: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    21. Diarrea e estreñimento: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos
    22. Hemorraxia dixestiva: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    23. Ictericia, hepatomegalia e hipertransaminasemia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    24. Ascite: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos. Paracentesis: técnica e interpretación do examen do líquido ascítico.
    25. Oliguria, disuria, polaquiuria e hematuria: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    26. Avaliación dunha uroanálise.
    27. Elevación da urea e a creatinina
    28. Hipernatremia e hiponatremia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    29. Hiperkaliemia e hipokaliemia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    30. Acidose
    31. Alcalose.
    32. Bocio e nódulo tiroideo: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    33. Hipotiroidismo e tirotoxicose: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    34. Hipercalcemia e hipocalcemia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    35. Hirsutismo e virilización: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    36. Hipercortisolismo crónico e insuficiencia suprarrenal: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    37. Hiperglucemia e hipoglucemia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    38. Obesidade: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos
    39. Dislipemias: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos
    40. Principais probas funcionais en endocrinoloxía: técnica e interpretación.
    41. Síndrome anémico.
    42. Avaliación dun hemograma normal e patolóxico. Anormalidades leucocitarias.
    43. Avaliación clínica e analítica da coallación.
    44. Adenopatías e esplenomegalia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos
    45. Cervicalxia, hombreiro dooroso e lumbalxia: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos.
    46. Dor articular e artrite: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos. Artrocentese: técnica e avaliación semiolóxica.
    47. Alteracións da corteza cerebral. Afasias, apraxias, amusias e agnosias. Demencia.
    48. Alteración do estado de conciencia. Soño. Epilepsia. Coma.
    49. Movementos anormais e síndrome parkinsoniano.
    50. Alteracións da sensibilidade e da dor. Cefalea.
    51. Función motora, tono e reflexos. Debilidade neuromuscular.
    52. Patoloxía xeral do cerebelo. Ataxia.
    53. Fisiopatoloxía dos nervos craneais e do tronco cerebral. Síndrome menínxeo. Hidrocefalia. Hipertensión intracraneal.
    54. Fisiopatoloxía da circulación cerebral.
    55. Patoloxía xeral da médula espinal.
    56. Prurito. Urticaria e anxioedema: semioloxía, etioloxía e mecanismos fisiopatolóxicos

    Seminarios e prácticas
    1. A entrevista médica
    2. Exploración física do aparello respiratorio
    3. Exploración fisica do aparello cardio-vascular
    4. Exploración física do abdomen
    5. Exploración física do sistema nervioso (I)
    6. Exploración física do sistema nervioso (II)
    7. Exploración física do sistema endocrino
    8. Exploración física do aparello xenito-urinario e mama.
    9. Exploración física do aparello musculo-esquelético e articular.
    10. Auscultación respiratoria en fantomas
    11. Auscultacion cardiaca en fantomas
    12. Sondaxe uretral e tacto rectal en fantomas
    13. Venopunción, punción arterial, inxección intramuscular en fantomas
    14. Intubación oro-traqueal en fantomas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Problem-oriented medical diagnosis, 7ª edición (H. Friedman, Ed. Lippincott Williamns&Wilkins, 2000). Este manual é unha guía para o diagnóstico dos 75 problemas clínicos máis comúns en Medicina Interna. O texto céntrase nos signos e síntomas presentes, a historia e exploración física e o axeitado uso das probas complementarias pra acadar un diagnóstico definitivo, polo que resulta especialmente recomendado para o seguimento das clases expositivas.

    Harrison’s Principles of Internal Medicine 18 edición (varios autores, editorial McGraw Hill, 2011): A primeira parte de este texto clásico de Medicina Interna expón as manifestacións cardinais e xeitos de presentación das enfermidades, polo que está especialmente recomendado para o estudo dos contidos das clases expositivas.

    Macleod Exploración Clínica, 12ª edición (G Douglas, F Nicol, C Robertson), Ed Elsevier: Extraordinario texto sobre exploración física publicado no Reino Unido dende 1964, é un libro claro e conciso, moi ben ilustrado, cun esquema de avaliación clínica clásica que inclue ao final os puntos esenciais. O libro tamén contén 52 paneis de revision de ECOE (Evaluación Clínica Objetiva Estructurada), un DVD de habilidades clínicas e un acceso a Internet (www.studentconsult.com) que inclue os contidos do texto, as figuras, esquemas e imaxes médicas e test de auto-avaliación.

    Manual Mosby de Exploración Física, 7ª edición (HM Seidel, JW Ball et al.) Ed. Elsevier 2011. Texto ben esquematizado de exploración física, con numeroso cadros-resume, diagramas, esquemas e excelentes fotografías. Dispón de un acceso de balde a recursos multi-media ao traveso de Internet (http://evolve.elsevier.com/Seidel/) que incluen videos, animacións, audios, e sistemas de auto-evaluación entre outros.

    Outros recursos:
    Exploración xeral (parte 1):www.youtube.com/watch?v=IrrM3tkaUWc&feature=related
    Exploración xeral (parte 2):www.youtube.com/watch?v=p_bLvU8jUuo
    Exploración xeral (parte 3):www.youtube.com/watch?v=2vM32wN4P9g
    Auscultación cardiaca básica:www.youtube.com/watch?v=NrdZhCXtc7Q
    Exploración de pares craneais: www.youtube.com/watch?v=0rAfmXg4ZJs.

    Competencias
    O alumno deberá ser capaz de recoñecer e saber avaliar os principias problemas clínicos plantexados das clases expositivas, coñecer as suas causas principais, así como a sua fisiopatoloxía.
    O alumno deberá ser capaz de elaborar unha historia clínica, o que incluirá ser capaz de realizar unha exploración física completa.
    O alumno deberá coñecer as bases metodolóxicas das principais probas complementarias e a sua interpretación.
    O alumno deberá poder saber realizar os procedementos invasivos básicos en Medicina sobre fantomas.
    O alumno deberá saber recoñecer e diferenciar as anomalias auscultatorias respiratorias e cardiolóxicas sobre sistemas de simulación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva: Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teórico-prácticos principais dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. De cada un dos temas indicarase un documento que conteña en maior detalle os coñecementos do tema que é necesario coñecer. Devandito documento poderá ser un capítulo dos libros arriba mencionados ou outros, ou ben outro documento de fácil acceso e do nivel adecuado para un alumno de terceiro curso do Grao en Medicina.

    Docencia interactiva: Nos seminarios 1-9 o profesorado explicará as técnicas de exploración física apoiándose en materiais audio-visuais e en voluntarios entre os propios alumnos. Nas clases prácticas 10-14, o profesorado explicará os procedementos exploratorios e a sua interpretación sobre fantomas que dispón a Aula de Habilidades Clínicas da Facultade de Medicina.

    Titorías: Estarán destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos.
    Sistema de evaluación
    A adquisición de coñecementos das clases, seminarios e prácticas e o estudo individual das lecturas recomendadas serán avaliadas mediante unha proba escrita, que será preciso superar para aprobar a materia. Dita proba escrita será, preferentemente, “tipo test” (preguntas curtas con respostas predeterminadas, a elixir entre elas unha válida), cun número amplo de preguntas. Cada pregunta acertada sumará un punto e cada pregunta contestada erroneamente restará un terzo de punto, sendo necesario obter unha puntuación superior ao 60% do total de preguntas para superar a proba. O peso da devandita proba constituirá o 75% ida nota final. A avaliación da adquisición de habilidades na exploración física realizarase mediante un examen práctico na Aula de Habilidades Clínicas da Facultade de Medicina. Esta proba terá un peso do 25% na nota final.

    Avaliación continua (que representará unha certa porcentaxe da nota final, sempre que se supere a proba escrita e oral): Computarase a asistencia aos seminarios interactivos a través da recollida de sinaturas. Nalgúns casos realizarase un mini-test ao final dos seminarios. Poderase avaliar a participación destacada neses seminarios. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que na de Xuño.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Nesta materia, o alumnado conta cunhas 70 horas de docencia presencial (56 horas de docencia expositiva e 14 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).

    En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a preparación e revisión da clase, que en determinados casos pódese realizar, axeitadamente titorizados, na Aula de Habilidades Clínicas da Facultade de Medicina
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. A lectura dos documentos recomendados para cada tema tamén é imprescindible para superar a materia. Así mesmo, o alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado, especialmente aquelas relacionadas coas clases interactivas, para superar con éxito a materia.