Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051330 - Enfermidades Renales e Urinarias (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 40.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 49.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Cirurxía, Medicina
  • Áreas: Cirurxía, Medicina
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALONSO VALENTE, RAFAEL.NON
ALVAREZ PRECHOUS, ANGEL JOSE.SI
BLANCO PARRA, MIGUEL ANGEL.NON
CORDAL MARTINEZ, TERESA.NON
NOVAS CASTRO, SERAFIN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquisición dos coñecementos necesarios en prevención, diagnóstico, tratamento e prognóstico, de pacientes con enfermidades renais e do aparello xenitourinario.

    DEFINICIÓN DAS MATERIAS A ESTUDO

    NEFROLOXÍA

    Especialidade da Medicina Interna, que ten por obxecto o estudo da estrutura e función renal, tanto na saúde como na enfermidade, e que constitúen o contido da mesma que en síntese é:

    a)Prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades do ril e vías urinarias, tanto primarias como secundarias, en todas as idades.

    b) Estudo daqueles procesos xerais que poden ter a súa orixe nun mal funcionamento renal (Hipertensión arterial, trastornos hidroelectrolíticos, etc.,).

    c) Coñecemento, aplicación práctica e desenvolvemento dunha serie de técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento (probas funcionais, técnicas de biopsia renal, técnica dialíticas, transplante renal etc.).

    Por tanto a especialidade de Nefroloxía, como a maioría das especialidades médicas, non pode ter uns límites demasiado precisos, engarzándose no resto da patoloxía humana.

    UROLOXÍA

    Especialidade medico-cirúrxica que se ocupa do estudo, diagnóstico e tratamento das afeccións médicas e cirúrxicas do aparello urinario e retroperitoneo, en ambos os sexos e do aparto xenital masculino, sen límite de idade, motivadas por padecimientos conxénitos, traumáticos, sépticos, metabólicos, obstructivos e oncolóxicos.

    Contidos
    TEMARIO DE NEFROLOXIA

    Tema 1. Clasificación das enfermidades renais. Valoración clínica e para-clínica do paciente renal. Análise de ouriños: sedimento e proteinuria.
    Tema 2. Estudo da función renal: probas de función glomerular e tubular. Ecuacións estimativas do filtrado glomerular. Técnicas de imaxe en nefroloxía: radioloxía e ecografía. Isotópicos. Biopsia renal.
    Tema 3. Alteracións do equilibrio acedo-base.
    Tema 4. Alteracións da hidratación. Distribución e composición dos espazos e líquidos corporais.
    Tema 5. Alteracións hidroelectrolíticas I. Alteracións do metabolismo da auga. Trastornos do sodio.
    Tema 6. Alteracións hidroelectrolíticas II. Trastornos do potasio. Trastornos do calcio, fosfato e magnesio.
    Tema 7. Hipertensión arterial. Aspectos epidemiolóxicos. Fisiopatoloxía. Hipertensión arterial esencial e secundaria. Clínica. Estudo do hipertenso. Tratamento. Consideracións especificas dos fármacos antihipertensivos no paciente nefrolóxico.
    Tema 8. Insuficiencia renal aguda. Concepto. Etioloxía e Fisiopatoloxía. Tipos: prerrenal, intrínseca ou parenquimatosa e postrenal ou obstructiva.
    Tema 9. Insuficiencia Renal Aguda. Clínica e diagnóstico diferencial. Complicacións, prevención e tratamento.
    Tema 10. Glomerulopatías. Patoxenia das lesións renais. Aspectos inmunolóxicos xerais. Grandes síndromes glomerulares: síndrome nefrótico, síndrome nefrítico.
    Tema 11. Glomerulopatías primitivas. Glomerulonefrite por lesións mínimas. Glomeruloesclerosis segmentaria e focal. Glomerulonefrítis membranosa. Glomerulonefrítis membranoproliferativa. Glomerulonefrítis mesangial IgA-Enfermidade de Berger. Etiología e tratamento.
    Tema 12. Glomerulonefrite rapidamente progresivas. Patoxenia e diagnóstico. Vasculite. Síndrome de Goodpasture.
    Tema 13. Glomerulonefrite asociadas a enfermidades sistémicas I. Disproteinemias e Neoplasias.
    Tema 14. Glomerulonefrites asociadas a enfermidades sistémicas II. Lupus eritematoso sistémico e enfermidades inflamatorias crónicas.
    Tema 15. Nefropatía Diabética.
    Tema 16. Enfermidades vasculares do ril: Concepto e clasificación. Nefroangioesclerose benigna e maligna. Enfermidade isquémica renal. Enfermidade ateroembólica. Trombose de arteria renal e vea renal. Síndrome Hemolítico-Urémico e Púrpura Trombótica-Trombocitopénica.
    Tema 17. Nefropatías Túbulo-intersticiales e refluxo.
    Tema 18. Nefropatías hereditarias.
    Tema 19. Enfermidade renal crónica I. Definición. Fisiopatoloxía e Factores de progresión. Hiperfiltración.
    Tema 20. Enfermidade renal crónica II. Tratamento conservador, prevención e enlentecimiento da progresión.
    Tema 21. Tratamento substitutivo renal: Hemodiálise, Diálese Peritoneal e Transplante Renal.
    Tema 22. Síndrome cardio-renal. Síndrome hepato-renal. Rabdomiólise.
    Tema 23. O ril no ancián. Aspectos funcionais. Afectación glomerular e túbulo-intersticial.
    Tema 24. Xenética e ril.

    SEMINARIOS DE NEFROLOXÍA

    Seminario 1: Estudo e enfoque diagnóstico do enfermo renal.

    Seminario 2: O doente con insuficiencia renal crónica. Terapias substitutivas.

    TEMARIO UROLOXÍA

    TEMA 1. INTRODUCIÓN Á UROLOXÍA. TEMARIO HISTORIA. O PACIENTE E O DIAGNÓSTICO
    1.Uroloxía. Definición. Especialidade médico-cirúrxica.Programa teórico e prácticas. Exames. Fontes de información. Bibliografía
    2.Historia da uroloxía: endoscopia urinaria, transplante renal, urodinamia, litotricia. Novas tecnoloxías.
    3.O paciente urolóxico. Exame clínico e semioloxía uroxenital. Exploracións complementarias.
    TEMA 2. ANOMALÍAS CONXÉNITAS E DO DESENVOLVEMENTO DO SISTEMA GENITOURINARIO.
    1.Anomalías renais, caliciais, piélicas e ureteraais: de número, volume, forma, posición, estrutura, abocamento. Refluxo vesico-ureteral. Anomalías vasculares.
    2.Anomalías vesicales e do uraco: agenesia, hipoplasia, duplicidade, tabicamiento, extrofia vesical. Anomalías uretrales: agenexia, duplicidade, canles accesorias, atresia, megauretra, divertículos, válvulas uretrais, epispadias e hipospadias.
    3.Anomalías do aparello xenital masculino. Testículo: número, situación. Anomalías do epidídimo: de localización, fusión. Anomalías do escroto: bilobulado, hipertrofia escrotal, hipoplasia. Anomalías do pene: axenesia, duplicidade, torsión, pene combo e fimose.
    TEMA 3. TRAUMATISMO DO TRACTO XENITOURINARIO
    1.Etioloxía, clasificación, fisiopatoloxía, procedementos diagnósticos.
    2.Do ril, dos vasos renais e ureterais.
    3.Vesicais e uretrais. Dos xenitais externos: escroto, testículo e pene.
    4.Falsa vía. Iatroxenia. Complicacións e secuelas.
    5.Aspectos terapéuticos dos traumatismos xenitourinarios
    TEMA 4. INFECCIÓNS XENITOURINARIAS
    1.Xeneralidades. Axentes infecciosos. Vías de diseminación. Resistencia do hóspede. Virulencia do xerme, e valoración da resposta ao tratamento. Diagnóstico: Urocultivo. Outros métodos rápidos de diagnóstico e de localización da infección.
    2.Clasificación: complicadas e non complicadas. Recidiva, recaída. Infección no neno, na muller e o ancián. Sepse de orixe urológica. Gangrena escrotal.
    3.Infeccións renais: Pielonefrite, Pielonefrite xantogranulomatosa, Pionefrose e infeccións perirrenais. Infeccións ureterais. Infeccións vesicais e uretraos. Infeccións prostáticas. Infeccións testiculares: orquite e epididimitos.
    4.Infeccións secundarias e parasitose: tuberculose xenitourinaria, SIDA e Uroloxía. Bilharziasis.
    TEMA 5. UROPATÍA OBSTRUCTIVA
    1.Concepto e fisiopatología da uropatía obstructiva do tracto urinario superior. Anuria. Oliguria. Cólico renal.
    2.Hidronefrose: concepto, clasificación, formas, clínica, evolución, complicacións, diagnóstico, prognóstico e tratamento. Hidrouréter, Divertículos. Enfermidades estenosantes do uréter: intrínsecas e extrínsecas. Fibrose retroperitoneal.
    3.Concepto e fisiopatoloxía da uropatía obstructiva do tracto urinario inferior.
    Retención aguda e retención crónica de ouriños. Estenose uretral: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Pólipos uretrales.
    TEMA 6. LITIASE URINARIA
    1.Epidemioloxía. Etiopatoxenia, clasificación e formas. Factores de risco na formación de cálculos urinarios. Localización e características. Medios diagnósticos.
    2.Metabolismo do calcio. Metabolismo do ácido oxálico. Litiase inducida por infección. Cistinuria-xantinuria. Formación de cálculos de ácido úrico. Nefrocalcinose e litoxénese. Inhibidores e promotores da formación de cálculos. Cristaluria. Litiase inducida por infección.
    3.Tratamento: médico, cirúrxico, endourolóxico, litotrícia por ondas de choque.
    TEMA 7. TRANSPLANTE RENAL E PATOLOXÍA VASCULAR RENAL.
    1.Transplante renal. Antecedentes históricos. Normativa legal. Indicacións e contraindicacións. Extracción e conservación de órganos. Doante vivo e doante cadáver. Nefrectomía en doante vivo e cadáver. Implante: vía de acceso, anastomose arterial, venosa e urinaria. Resultados e complicacións. Xenotrasplante.
    2.Hipertensión de orixe renal. etiopatoxenia, clínica, diagnóstico e tratamento.
    TEMA 8. INCONTINENCIA URINARIA E DISFUNCIÓNS VESICOESFINTERIANAS.
    1.Control nervioso da micción. Ciclo miccional. Vexiga neuróxena. Etioloxía e diagnóstico. Estudos urodinámicos. Incontinencia urinaria. Cistopatías. Fístulas vesicais.
    2.Tratamento: médico, cirúrxico, rehabilitador. Complicacións.
    TEMA 9. ENFERMIDADES RETROPERITONEAIS:
    1.Tumores suprarrenaIs. Tumores benignos e malignos. Incidentaloma.
    2.Insuficiencia suprarrenal e síndromes de hiperfunción adrenocortical Hiperplasia e tumores da cortiza suprarrenal.
    3.Aspectos diagnósticos e cirúrxicos.
    4.Tumores da medula suprarrenal: feocromocitoma e neuroblastoma
    5.FibrosE retroperitoneal.
    TEMA 10 ANDROLOXIA: FERTILIDADE E FUNCIÓN SEXUAL
    1.Alteracións da reprodución masculina: infertilidade. Avaliación clínica,
    Contidos
    analítica e biopsia testicular. Criptorquidia. Varicocele. Fertilidade e cancro. Contracepción masculina. Tratamentos. Reprodución asistida.
    2.Alteracións da erección: Impotencia ou disfunción eréctil, etioloXía e diagnóstico. Tratamento: psicosexual, erectóxenos orais, sistemas mecánicos, próteses.
    3.Priapismo, induración plástica dos corpos cavernosos. Estudo e tratamentos.
    4.Trastornos da exaculación: clasificación, sistemática de estudo, diagnóstico diferencial e tratamento
    TEMA 11. PATOLOXÍA XENITAL ADQUIRIDA
    1.Etioloxía, clasificación, clínica, diagnóstico, evolución, prognóstico e tratamentos
    2.Fimose e parafimose. Hipospadias. Balanitis. Incurvación de pene. Priapismo.
    3.Hidrocele, hematocele, quiste de cordón. Espermatocele.
    4.Torsión testicular. Varicocele.
    5.Enurese.
    TEMA 12 TUMORES DO PARENQUIMA RENAL
    1.Masas renais: Etioloxía, clasificación, clínica, diagnóstico, evolución e prognóstico.
    2.Tumores benignos: adenoma, oncocitoma, angiomiolipoma. Pseudotumores, quistes, tumores inflamatorios.
    3.Tumores malignos: metastáticos e primitivos: adenocarcinoma.
    4.Aspectos terapéuticos dos tumores renais.
    TEMA 13. TUMORES DE UROTELIO: VEXIGA E VIAS URINARIAS
    1.Diagnóstico, prognóstico e tratamento dos tumores da pelvis renal, uréter, vejiga e uretra.
    2.Carcinoma de células transicionales. Adenocarcinoma. Carcinoma escamoso.
    3.Cistitis intersticial. Cistitis hemorrágicas. Cistitis por BCG. Malacoplaquia, amiloidosis, cistitis por fístulas, cistitis xantogranulomatosa, endometriosis.
    TEMA14. TUMORES DO APARELLO XENITAL MASCULINO
    1.Tumores do testículo: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Marcadores. Seminomatosos e non seminomatosos. Radioterapia e quimioterapia. Fertilidade.
    2.Tumores do Pene: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Tumores premalignos. Carcinoma escamoso.
    3.Tumores do escroto: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento.
    TEMA 15. HIPERPLASIA BENIGNA DE PROSTATA
    1.Importancia clínica. Etiopatoxenia, clínica, diagnóstico. PSA.
    2.Tratamento: médico, instrumental e cirúrxico. Complicacións e secuelas.
    3.Prevención.
    TEMA 16. TUMORES MALIGNOS DE PROSTATA
    1.Importancia clínica. Screening e diagnóstico precoz. PSA.
    2.Adenocarcinoma de próstata. Etiopatoxenia, tipos e clasificación clínica. Estadiaxe.
    3.Modalidades terapéuticas. Cirurxía, radioterapia, vixilancia activa.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía en enfermidades urinarias.

    • Gomella LG (2 ed). The 5-minute Urology Consult. Philadelphia, Lippincott Williams & Wilkins, 2010
    • Serie MEDICINE 10ª serie. Elsevier. 2011
    • Handbook of Urology. Diagnosis and Therapy. 3ª ed. Siroky, Oates, Babayan. Philadelphia,Lippincott W& W,2004
    • Urology . 4ªed. Macfarlane. Lippincott. W& W, 2006
    •The Brady Urology Manual. Kellogg Parsons. Informa.2006
    • Penn Clinical Manual of Urology. Hanno, Malkowicz, Wein, ed. Saunders, Elsevier. 2007
    • Urological Oncology. Nargund, Raghavan, Sandler ed. Springer.2008
    • Urological Surgery. Reynard, Mark, Turner, …Oxford University Press. 2008
    http://www.aeu.es/home_aeu.asp Asoc. Esp. Urología.
    •http://www.ont.es Organización Nacional de Trasplantes.
    •http://www.uicc.org/. Unión Internacional Contra el Cáncer.
    •http://www.uroweb.org. Asociación Europea de Urología.
    •http://www.uroportal.net recursos urológicos variados.
    •http://www.cochrane.es/Castellano/. Medicina basada en la evidencia.
    •http://www.urologyhealth.org Información urológica en inglés.
    •http://www.auanet.org/. Asociación Urológica Americana (USA).
    http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/medlineplus.html. Información en ingles y español. US NLM y NIH.

    Bibliografía especializada Nefroloxía

    * “Nefrología Clínica”. L. Hernando. Edit. Panamericana
    * “Manual de Nefrología Clínica” J. Botella García. Edit. Masson.
    * Nefrología al día” V. Lorenzo Sellarés y J.M. López Gómez. Grupo Editorial de la SEN.

    Bibliografía xeral de Nefroloxía

    * “Principios de Medicina Interna” Harrison . Edit Mac Graw Hill
    * “Medicina Interna” Farreras Edit. Harcourt.
    * "Cecil Loeb". Medicina Interna.
    * Farreras. Medicna Interna
    * Rodes Texidor, Guardia Massó. Medicina Interna. Editorial Masson.
    Bibliografía "online"

    Competencias
    COMPETENCIAS DE NEFROLOXÍA

    A Nefroloxía é unha actividade eminentemente hospitalaria e o seu tres principais campos son:

    1) Nefroloxía Clínica

    2) Diálese

    3) Transplante renal

    O alumno obterá a capacidade para poder valorar os seguintes aspectos da materia:

    - Valoración e corrección das alteracións hidroelectrolíticas.

    - Coñecemento das grandes síndromes renais e en especial da Insuficiencia Renal Aguda e Crónica (etioloxía, diagnóstico e tratamento).

    - Coñecer os fundamentos do tratamento substitutivo da función renal (Diálese e Transplante).

    - Diagnosticar os procesos glomerulares e tubulointersticiales tanto primitivos como secundarios (incluídas as nefropatías conxénitas e hereditarias).

    - Valorar aspectos epidemiolóxicos e fisiopatolóxicos da Hipertensión Arterial, xunto co diagnóstico das complicacións cardiovasculares e co coñecemento dos métodos actuais na prevención e o tratamento da Hipertensión Arterial.

    Metodoloxía da ensinanza
    O obxectivo institucional é formar médicos xerais para que logren tres condiciones xenéricas: orienten adecuadamente ao paciente, teña seguridade nos seus actos e non cometa iatroxenia. Para iso podemos considerar que dentro da Nefroloxía o alumno debe adquirir os seguintes coñecementos:

    Coñecementos

    * Valoración da situación nefrolóxica elemental do paciente e incorporala á súa valoración global.
    * Diagnosticar correctamente as urxencias nefrolóxicas.
    * Diagnosticar e tratar correctamente os procesos nefrolóxicos habituais na práctica xeral.
    * Diferenciar procesos urolóxicos e nefrolóxicos.
    * Consultar ao especialista en Nefroloxía.

    Área de coñecementos

    * Coñecemento das principais síndromes e entidades nefrolóxicas.
    * Epidemioloxía e importancia socioeconómica das enfermidades renais.

    Habilidades

    * Técnicas de recollida de ouriños e cateterismo vesical.
    * Toma correcta da tensión arterial.
    * Técnicas de reposición da volemia.
    * Interpretación das técnicas de imaxe en Nefroloxía.
    * Presenciar a práctica da biopsia renal percutánea e diferentes tipos de diáleses.
    * Facer a historia clínica e exploración completa. Discutilas co seu titor e xerarquizar con lóxica a solicitude de probas complementarias.
    * Participar en seminarios e sesións.
    * Saber recompilar e utilizar a bibliografía.

    Área afectiva

    * Espírito científico con afán de superación e inquietude
    * Humildade para recoñecer as súas deficiencias e erros
    * Espírito de traballo en equipo
    * Capacidade para relacionarse e comprender á enfermo
    * Enteireza e capacidade para afrontar as situacións difíciles e duras
    * Compromiso coas situacións sociais


    Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teóricos principais do temario, apoiándose en presentacións multimedia. De cada un dos temas indicásese un documento que conteña en maior detalle os aspectos do tema tratados na sesión expositiva



    Sistema de evaluación
    A avaliacion será por medio de unha proba escrita, preferentemente tipo test (preguntas curtas con respostas predeterminadas a elexir unha delas), con un número amplo de preguntas que oscilará entre 1 y 2 preguntas por tema del programa. Cada unha das preguntas acertadas engadirá un punto a calificación e cada unha das respostas erroneas restará un terzo de punto. Sera necesaria unha puntuación igual ou superior o 60% do total de preguntas para superar a proba. O peso desta proba suporá o 75% da calificación final.
    A avaliación da adquisición de destrezas reealizarase meiante un exame práctico no que se exporan uno ou mais casos clínicos, sobre os que o alumno contestará un número de preguntas predeterminadas. Esta proba suporá un 25% da nota final.
    A avaliación continua suporá un certo porcentaxe da nota final, sempre que se houbese superado os exames teóricos e prácticos. Nesta avaliación continua se tendra en conta a asistencia as clases e seminariso e as contestacions as preguntas orales ou escritas que podidan realizarse durante as clases e seminarios.

    La avaliación extraordinaria de xullo terá una estrutura semellante a á ordinaria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Nesta materia, o alumnado conta cunhas 40 horas de docencia presencial expositiva (24 de nefroloxía e 16 de uroloxía). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).


    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases expositivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. A lectura dous documentos recomendados para cada tema é tambien imprescindible para superar a materia. Así mesmo, o alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado, especialmente aquelas relacionadas coas clases interactivas, para superar con éxito a materia na súa totalidade.