G2051342 - Enfermidades Infecciosas Tropicais e Entomoloxía Médica (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 26.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 2.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Microbioloxía e Parasitoloxía, Medicina
- Áreas: Microbioloxía, Parasitoloxía, Medicina
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia Enfermidades Infecciosas Tropicais e Entomoloxía Médica é unha materia optativa do Grao de Medicina que contempla os seguintes obxectivos:
- Coñecer a bioloxía e ecoloxía dos principais artrópodos que actúan como vectores de enfermidades infecciosas tropicais transmisibles ao ser humano, así como os métodos de control vectorial.
- Coñecer a etioloxía, ciclos biolóxicos, epidemioloxía, patoxenia, clínica, diagnóstico diferencial, e as bases diagnóstico-terapéuticas das enfermidades infecciosas tropicais.
ContidosTema 1. Introdución ao estudo das enfermidades infecciosas tropicais e á entomoloxía médica. Finalidade. Etioloxía das enfermidades infecciosas tropicais. Importancia do ambiente. Mecanismos de patoxenicidade. Fontes de infección. Vías e mecanismos de transmisión. Ciclos biolóxicos.
Tema 2. Transmisión por vectores. Tipos de vectores. Bioloxía e ecoloxía dos artrópodos de interese médico.
Tema 3. Enfermidades infecciosas tropicais producidas por virus. Virus hemorráxicos. Virus da síndrome respiratoria severa aguda (SARS). Síndrome respiratoria por Hantavirus. Encefalites virais. Rabia. Virus influenza aviario. Outras infeccións virais.
Tema 4. Enfermidades infecciosas tropicais producidas por bacterias e fungos. Cólera. Diarrea por enterobacterias. Enfermidades por micobacterias (úlcera de Buruli, lepra). Febres recorrentes. Infeccións por rickettsias e clamidias. Leptospirse. Outras infeccións bacterianas. Histoplasmse. Paracoccidiodomicosis. Outras infeccións por fungos.
Tema 5. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento das infeccións tropicais producidas por virus, bacterias e fungos.
Tema 6. Enfermidades infecciosas parasitarias producidas por protozoos. Enfermidades por protozoos intestinais (amebosis e outras protozoosis causantes de diarrea).
Tema 7. Enfermidades causadas por protozoos hemáticos e tisulares (paludismo, leishmaniase visceral, leishmaniase cutánea, tripanosomosis africana, enfermidade de Chagas).
Tema 8. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento das infeccións tropicais producidas por protozoos intestinais, hemáticos e tisulares.
Tema 9. Enfermidades parasitarias tropicais producidas por helmintos. Parasitses producidas por nematodos intestinais e tisulares. Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento.
Tema 10. Parasitoses producidas por cestodos (cestodosis e cestodosis larvarias). Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento.
Tema 11. Parasitoses producidas por trematodos (esquistosomosis, outras trematodosis). Aspectos clínicos, diagnóstico diferencial e tratamento.
Tema 12. Enfermidades tropicais producidas por artrópodos. Míases. Dípteros hematófagos. Piollos, pulgas e chinches. Carrachas e ácaros. Artrópodos venenosos. Tratamento das enfermidades producidas por artrópodos. Control vectorial.
Tema 13. Tratamento, profilaxe e control das enfermidades infecciosas e parasitarias tropicais. Fármacos antiparasitarios. Vacinas. Quimioprofilaxis. Consellos ao viaxeiro.
Bibliografía básica e complementariaHarrison's Principles of Internal Medicine (2011). Ed. McGraw-Hill. 18th Ed.
GILL, GV AND BEECHING, NJ. Lecture notes on Tropical Medicine. Ed. Blackwell Publishing (2004).
Gerrant et al. Tropical Infectious Diseases. Principles, Pathogens and Practice. Expert consult. Ed. Saunders-Elsevier, (2011).
CompetenciasCEMIII.21 (Coñecer os principais axentes infecciosos e os seus mecanismos de acción), CEMIII.22 (Recoñecer, diagnosticar e orientar no manexo das principais patoloxías infecciosas nos distintos órganos e aparatos), CEMIII.23 (Recoñecer, diagnosticar e orientar no manexo das principais patoloxías infecciosas sistémicas).
Metodoloxía da ensinanza Impartiranse Clases Expositivas ( 26 horas), Clases Interactivas de Laboratorio (2 horas), Seminarios (1 hora) e Titorías (1 horas).
Sistema de evaluaciónOs coñecementos adquiridos avaliaranse mediante unha proba escrita (80% da nota final) e mediante avaliación continua (20% da nota final).
A proba escrita consistirá nun exame de test con preguntas multirresposta das cales soamente unha será verdadeira. As respostas erróneas non contarán negativo. Para aprobar o exame será necesario superar o 55% das respostas válidas.
Para a avaliación continua controlarase a asistencia ás clases expositivas e ás clases prácticas de laboratorio.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo presencial: 30
Hora de traballo persoal do estudante: 45
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ter cursado as materias do módulo II e as materias de Microbioloxía, Anatomía Patolóxica e Farmacoloxía do módulo IV.
ObservaciónsRecoméndase levar ao día a materia.