G2051423 - Otorrinolaringoloxía (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 13.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 49.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía
- Áreas: Otorrinolaringoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento do:
Concepto, revisión histórica e estado actual da Otorrinolaringoloxía.
Semioloxía otorrinolaringolóxica.
Etiopatogenia, manifestacións clínicas, exploración clínica e instrumental.
Identificación das patoloxias da especialidade.
Tratamento das alteracións máis frecuentes do oído, fosas nasais senos paranasais, farinxe, larinxe, colo e glándulas salivales.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO:
1. Pasado e Presente da Otorrinolaringoloxía. Programas de formación da especialidade. Areas de subespecialización
OÍDO
2. Exploración clínica e radiolóxica do oído. Semioloxía do oído. Patoloxía do oído externo.
3. Clasificación das hipoacusias. Probas instrumentais audiolóxicas.
4. Clasificación das otites medias. Otite media aguda exudativa. Otite media serosa o secretora.
5. Otite media crónica: OMC simple ou con perforación central. OMC con perforación marxinal. Colesteatoma
6. Complicacións das otites medias: intratemporais e intracraneanas. Lesións residuais das otites: proceso adhesivo crónica e timpanoesclerose. Residuos cicatriciais do oído medio
7. Hipoacusia brusca. Laberintoloxías. Presbiacusais. Trauma sonoro agudo e crónica. Barotrauma
Lesións traumáticas do óso temporal.
8. Parálise facial
9. Otosclerose. Hipoacusias hereditarias. Xordomudez. Próteses auditivas e implantes cocleares
10. Exploración da función vestibular. Semioloxía do apartado vestibular. Clasificación da patoloxía vestibular
11. Síndromes vertixinosas periféricas. Síndromes de Ménière. VPPB
12. Síndromes vertixinosos centrais. Tumores do oído externo e medio
FOSAS NASAIS E SENOS PARANASAIS
13. Exploración e semioloxía das fosas e seos paranasais. Exploración da olfacción
14. Malformacións da pirámide nasal. Rinofima. Corpos estraños, Atresia de coanas. Desviacións do tabique nasal. Traumatismos nasais
15. Epistaxe
16. Insuficiencia respiratoria nasal aguda. Rinites alérxicas. Rinite vasomotora. Rinosinusites infecciosas, bacterianas e víricas
17. Rinosinusites crónicas. Complicacións das sinusites
18. Tumores das fosas nasais e senos paranasais
FARINXE
19. Exploración e semioloxía da farinxe. Corpos estraños, traumatismos físicos, químicos e térmicos da farinxe. Síndrome de apnea obstrutiva do sono de orixe periférica
20.-Fisiopatoloxía do anel linfático de Waldeyer. Farinxite e amigdalite aguda. Farinxites específicas
21. Farinxites e amigdalites crónicas. Amigdalite focal. Complicacións das amigdalites
22. Tumores de orofarinxe e cavidade oral. Tumores da rinofarinxe
LARINXE
23. Exploración e semioloxía da larinxe. Disneas larínxeas agudas e crónicas. Intubación e traqueotomía
24. Disfonías agudas. Larinxites agudas e crónicas. Larinxites específicas. Lesións precancerosas
25. Disfonías crónicas. Concepto de tumor larínxeo. Pseudotumores de larinxe. Tumores benignos e tumoracións da larinxe. Papilomatose infantil. Manifestacións faringolarínxeas da enfermidade por refluxo
26. Tumores malignos da larinxe e hipofarinxe
27. Parálise larínxea.
28.Trastorno da linguaxe falada e alteracións da palabra
PESCOZO
29. Semioloxía e exploración cervical. Disontoxenias cervicais e farínxeas. Tumores primitivos do pescozo. Metástases cervicais glanglionares de orixe descoñecida
GLÁNDULAS SALIVARES
30. Patoloxía inflamatoria das glándulas salivares maiores. Tumores das glándulas salivares maiores
SEMINARIOS:
1.Otite media crónica con perforación central e colesteatomatosa
2.Patoloxía nasal:casos clínicos.
3.Aproximación ao diagnóstico da vertixe mediante a exploración clínica e probas instrumentais.
4.Cancro de larinxe.
Bibliografía básica e complementariaXeral:
• Enciclopedia Médico Quirúrgica Francesa, en castellano ( a disposición dos alumnos na cátedra), 2002
• Essential in ORL de KJ Lee, 2002. ( A disposición dos alumnos na Cátedra)
• Lo esencial en Otorrinolaringologia, KJ Lee, 1996
• Otorrinolaringología Abello y Traserra, 1992 Edit Doyma
• Becker, Nauman y Pfaltz. Manual ilustrado de ORL. Edt Doyma.
Específica:
Cada profesor, ao finalizar a clase, en función dos temas e da súa actualidade recomendará, se o estima conveniente, unha serie de bibliografía que deberá ser accesible ao alumnos. Así mesmo, facilitarase a dirección de páxinas de internet onde poidan localizar estes temas.
Competencias1. Ter os coñecementos teóricos básicos da Otorrinolaringoloxía.
2. Desenvolver coñecementos prácticos de como realizar unha historia clínica coñecendo a semioloxía específica.
3. Desenvolver habilidade para a busca de bibliografía adecuada a cada tema explicado.
Metodoloxía da ensinanza 1. Dúas horas de teoría á semana
Cada tema teórico exporase nun tempo que comprenderá entre os 45 e 50 minutos, e nos dez minutos restantes resolveranse as dúbidas e incidirase nos conceptos que non quedaran ben aclarados. Procuraremos que a exposición se realice nun formato que permita entregala en papel impreso ao finalizar a clase (p. ex.: presentacións en “Power Point”), e proxectaranse os vídeos que pola súa utilidade didáctica creamos que son un bo complemento para as exposicións.
2. Seminarios: Fundamentalmente dedicados a presentar e discutir casos clínicos tanto polos alumnos como polos profesores.
3. Titorías: Tratarase que o alumno consulte as súas dúbidas co profesor.
Sistema de evaluaciónConsiderarase:
- Valoración de asistencia a clase e participación.
- Avaliación da docencia teórica: Na convocatoria de xuño exame final escrito tipo “test” (40-50 preguntas con cinco respostas e unha soa válida). Non descontan os erros
Aprobado estimado no 60% de respostas correctas (pero poderá variar segundo o resultado).
- No resto das convocatorias exame final teórico escrito tipo “tema” (4-10 preguntas a desenvolver).
- Avaliación da docencia práctica: En tódolos casos avaliación continuada da docencia práctica, seminarios e memoria.
-Ningún alumno poderá aprobar a materia sen ter realizadas as prácticas e entregada a memoria. (despois do mes de xuño non hai posibilidade de recupera-las prácticas).
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais do tempo dedicado a asistencia a clases teórica, de laboratorio, seminarios e clases prácticas o alumno debe dedicar un tempo de traballo persoal individualizado para conseguir os seus obxectivos formativos e asimilar os contidos teóricos.
Así dado que o alumno ten as seguintes horas presenciais:
31 horas de clases teóricas
13 horas de clases de laboratorio
4 horas de seminarios
e que a materia de ORL son 4 créditos ECTS e dado que cada un destes créditos equivale a 25 horas de traballo do estudante, estímase que o volume de traballo resultante por parte do alumno é de 100 horas.
Recomendacións para o estudo da materia1) Asistencia ás clases teóricas e participación nelas.
2) Asistencia ás horas de seminarios, clínicas e de laboratorio.
3) Estudo persoal da materia teórica que se vai explicando.
4) Estudo persoal das patoloxías máis habituais durante a realización das prácticas hospitalarias.
5) Asistir aos seminarios e sesións clínicas hospitalarias que se lle recomenden
6) Utilizar as horas de titorías
7) Busca de persoal de bibliografía dos temas ou patoloxías que se estudan ou tratan tanto nas clases teóricas como nas prácticas hospitalarias.
ObservaciónsLocalización preferente do profesorado:
CHUS. Otorrinolaringoloxía- Consultas externas 1º Andar
Secretaría do Departamento (Facultade de Medicina)