G2051425 - Psiquiatría (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 46.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 64.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Psiquiatría
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO ALUMNO DEBE DE:
1. RECIBIR información sobre o concepto de Psiquiatría e das diferentes tendencias existentes no seu seo.
2. COÑECER a importancia básica dos aspectos psíquicos do ser humano para o logro dun adecuado estado de saúde ou, polo contrario, como xeradores de patoloxía psiquiátrica.
3. COÑECER A PSICOPATOLOXÍA, sintomatoloxía básica dos T. mentais e UTILIZAR a linguaxe psiquiátrica básica e as técnicas elementais de exploración psiquiátrica.
4. IDENTIFICAR os Trastornos Psiquiátricos, as súas causas, características clínicas, evolución prognóstico e tratamento.
5. IDENTIFICAR os Trastornos Psiquiátricos que se presentan nos enfermos somáticos (ambulatorios e ingresados)
6. SER CAPAZ DE AVALIAR a resposta asistencial necesaria (urxente , ambulatoria, de internamento) ante un enfermo mental
6. COÑECER os diferentes dispositivos de atención á Saúde Mental (intra e extrahospitalarios) e as características do traballo en equipos multidisciplinares que dan respostas á demanda psiquiátrica (médica e psicosocial) ou que configura a intervención psiquiátrica na comunidade.
ContidosPRIMEIRA UNIDADE TEMÁTICA
1. Introdución conceptual e histórica acerca da Psiquiatría e perspectivas de evolución e futuro
SEGUNDA UNIDADE TEMÁTICA
2. Peculiaridades da exploración psiquiátrica: Entrevista/Historia Clínica, Psicometría, exploración médica complementaria
3. Coñecemento básico das actuais clasificacións das enfermidades mentais
4. Coñecementos básicos de Psicoaptoloxía: A sintomatoloxía psiquiátrica
TERCEIRA UNIDADE TEMÁTICA
5. Coñecementos xerais da Etiopatoxenia, manifestacións clínicas, exploracións necesarias, diagnóstico clínico e diagnóstico diferencial, así como propostas de tratamento dos trastornos psiquiátricos máis frecuentes:
Trastornos orgánico cerebrais con sintomatoloxía psiquiátrica: demencia, delirium
Trastornos somáticos con factores etiolóxicos psicosociais: T. psicosomáticos
Trastornos relacionados co consumo de alcol e outras substancias
Trastornos psicóticos
Trastornos afectivos
Trastornos neuróticos, de adaptación e por estrés
Trastornos da Personalidade e do control dos impulsos
Urxencias Psiquiátricas
CUARTA UNIDADE TEMÁTICA
6. Coñecementos básicos de posibles intervencións preventivas e do actual desenvolvemento da Asistencia Psiquiátrica no eido específico da Psiquiatría comunitaria
Bibliografía básica e complementariaA) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. ELKIN GD. Psiquiatría Clínica. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2000. 352 p.
2. GELDER MG, Geddes J, Mayou R. Oxford Psiquiatría de bolsillo. Madrid: Marbán; 2007. 470 p.
3. HALES ER, Yudofsky SC. Tratado de Psiquaitría Clínica. Amsterdam: Elsevier; 2009. 1664 p
4. MOORE DP, Jefferson JW. Psiquiatría Médica. Madrid: Elsevier; 2005. 544 p
5. SADOCK BJ, Sadock VA. Kaplan & Sadock Sinopsis de Psiquiatría (10ª ed.). Barcelona : Wolters Kluwer; 2008. 1470 p.
6. SADOCK BJ. Kaplan & Sadock Manual de Bolsillo de Psiquiatría Clínica. Barcelona: Wolters Kluwer; 2007. 474 p.
7. ORTUÑO F. Lecciones de Psiquiatría. Buenos Aires. Editorial Médica Panamericana; 2010. 644p.
8. VALLEJO RUILOBA J. Introducción a la psicopatología y la psiquiatría, (7ª ed). Barcelona: Elsevier Masson; 2011. 648 p.
B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. GELDER M,LÓPEZ-IBOR JJ,ANDREASEN N.Tratado de Psiquiatría.Barcelona: Ars Médica; 2003. 3v.
2. GOLDMAN HH. Psiquiatría General. México: Manual Moderno; 2001. 698 p.
3. TALBOT JA y otros. DSM-IV. Tratado de Psiquiatría. Barcelona: Masson; 200. 2v.
4. VALLEJO RUILOBA J & LEAL CERCÓS, C. Tratado de psiquiatría. Barcelona: Ars Médica; 2011. 1196 p.
5. VÁZQUEZ-BARQUERO JL (Editor). Psiquiatría en Atención Primaria. Madrid: Aula Médica; 2007. 970 p.
6. SIMS A. Síntomas mentales: introducción a la psicopatología descriptiva. Madrid: Triacastela; 2008.495p
7. BAÑOS, R.M.; PERPIÑÁ. C.: Exploración Psicopatológica. Editorial Síntesis; 2004
Competencias1. Realizar correctamente unha historia clínica psiquiátrica e propoñer as medidas exploratorias
2. Identificar a sintomatoloxía predominante, a través da realización dunha exploración psicopatolóxica
3. Elaborar un diagnóstico inicial: diagnóstico sindrómico
4. Discutir e argumentar as diferentes posibilidades diagnósticas e realizar un diagnóstico diferencial
5. Propoñer e argumentar un diagnóstico definitivo
6. Propoñer e xustificar as diferente medidas terapéuticas que se van instaurar incluíndo a avaliación de derivación á asistencia especializada.
7. Informar o enfermo e/ou á súa familia cando fose procedente (previa avaliación do caso) en termos claros, comprensibles e non iatróxenos
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA: 46 horas ó longo do prieiro cuadrimestre do curso. Técnicas de clase maxistral dinámica apoiadas con técnicas audiovisuais pertinentes e nas que se farán as propostas xerais das diferentes temáticas. A Asistencia ás clases é obrigatoria.
DOCENCIA INTERACTIVA: Estruturada en grupos de prácticas (4 horas) e Seminarios (10 horas). Técnicas de traballo grupal na que se utilizan casos clínicos procedentes de filmacións, e documentación bibliográfica, e se desenvolve a actividade exploratoria, diagnóstica e de proposta terapéutica. A asistencia as prácticas e seminarios é obrigatoria.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos contidos realizarase a través dun exame único nas datas oficiais. O exame final realizarase polo método de test con preguntas correspondentes a todas as Unidades Temáticas conxuntamente. O punto de corte para aprobar é 65% de respostas correctas.
A avaliación das actividades interactivas realizarase de acordo cos criterios establecidos polo profesor de cada grupo, sendo criterios comúns: asistencia, interese mostrado, participación e avaliación dos casos entregados. Unha vez aprobadas as prácticas e os seminarios, mantéñense aprobadas ata aprobar os contidos teóricos. Se se suspenden as prácticas, só se poden aprobar realizándoas no curso seguinte.
A nota final obterase pola suma das notas obtidas nas dúas partes da materia, cada unha das cales deberá aprobarse de forma independente: o 60% da nota final obterase da avaliación dos contidos teóricos, o outro 40% pola avaliación da parte de docencia interactiva. Unha vez aprobada unha parte da materia a cualificacion conservarase indefinidamente.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Horas presenciais:
1. 46 horas teóricas
2. 14 horas prácticas
3. 2.5 horas de titorías
Horas non presenciais:
1. 3 horas de teoría/semana (30 horas)
2. 28 horas para traballos prácticos derivadas da docencia interactiva
3. 12 horas de preparación final do exame
Horas de avaliación: 2 horas
Total volume do traballo en horas: 134.5
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistir regularmente ás clases teóricas e participar no debate final de casos clínicos.
2. Utilizar o material Guía e os casos clínicos que se proporcionan ao comezo do curso académico.
3. Revisar as propias anotacións.
4. Complementar coa lectura da Bibliografía básica, como mínimo, e, se fose preciso, coa complementaria.
5. Elaborar a resolución de casos progresivamente, segundo se vaia impartindo a materia.
6. Elaborar dúbidas teóricas e teórico prácticas.
7. Utilizar a titoría para resolver as dúbidas.
8. Completar a revisión teórica e o caso clínico correspondente unha vez resoltas as dúbidas.