G2051427 - Bioquímica Clínica (Procedementos Diagnósticos e Terapéuticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clínicos: 7.00
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 7.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 43.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPosto que a Bioquímica Clínica é a disciplina que aplica os coñecementos da Bioquímica Básica e da Química Analítica á diagnose médica, ao tratamento e ao manexo dos doentes, debe proporcionar a base obxectiva para avaliar os efectos bioquímicos dun proceso patolóxico particular e a resposta fronte á terapia. Por isto, os principais obxectivos van ser:
1) Coñecer a orixe e mais o control da variabilidade biolóxica e da fisiolóxica dos datos bioquímicos.
2) Coñecer o uso dos resultados da Bioquímica Clínica no diagnóstico e manexo das enfermidades médicas comúns.
3) Coñecer as bases bioquímicas e o significado clínico da meirande parte das probas realizadas rutineiramente no soro/plasma e noutros líquidos corporais, nun laboratorio de bioquímica clínica.
4) Subministrar o coñecemento teórico básico e as habilidades experimentais e interpretativas para que un licenciado en medicina poida utilizar correctamente as análises clínicas.
ContidosA través de clases expositivas e seminarios interactivos abordaranse os seguintes puntos de interese:
- Causas de variación na preobtención, obtención e postobtención de mostras biolóxicas
- Fontes de variación na recollida de ouriños. Recollida de mostras en nenos. Criterios de rexeitamento de mostras
- Proteínas plasmáticas. Proteínas totais. Reaccións de fase aguda
- Prealbumina e RBP. Albumina. Alfa-1-antitripsina. Ceruloplasmina. Haptoglobina. Transferrina. Beta-2 microglobulina. Proteína C-reactiva
- Marcadores tumorais. Clasificación. Estratexias para mellorar a súa utilidade. Principais marcadores tumorais. Utilidade clínica
- Probas de laboratorio nas enfermidades hepatobiliares
- Probas de laboratorio nas enfermidades renais
- Exploración bioquímica das enfermidades de metabolismo da glicosa
- Probas para o seguimento da diabetes mellitus. Hipoglicemia
- Lípidos e lipoproteínas. Significado clínico
- Marcadores cardíacos. Aplicacións clínicas
- Metabolismo do ferro. Avaliación analítica do metabolismo do ferro. Deficiencias en ferro. Sobrecarga de ferro
- Bioquímica clínica de ouriños. Recollida da mostra. Exame macroscópico. Tiras reactivas. Exame microscópico
Bibliografía básica e complementaria* BIOQUIMICA CLINICA Y PATOLOGIA MOLECULAR. Alvaro Gonzalez Hernandez. Elsevier 2010, Bo libro de para a bioquímica clínica, actualizado e didáctico.
* BIOQUÍMICA CLÍNICA.A Gaw, e outros. Ed. Churchill Livingston, 2005. Sinxelo, preciso e cunha presentación didáctica.
* BIOQUIMICA CLINICA, González de Buitrago, J. M., e outros, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1998.
* PATOLOGIA MOLECULAR, González de Buitrago, J. M. e Medina Jiménez, J. M., ED. McGraw-Hill / Interamericana de España, Madrid, 2001.
* TIETZ TEXTBOOK OF CLINICAL CHEMISTRY, Burtis, A. e Ashwood, E. R., Tietz, N. W.,, 3ª edición, ed. Saunders, Filadelfia, 1999. Un dos mellores libros de bioquímica clínica. Moi completo. Está escrito en inglés.
* BIOQUIMICA, LIBRO DE TEXTO CON APLICACIONES CLINICAS, Devlin, T. M., , 3ª edición, ed. Reverté, Barcelona, 1999. É un bo libro de bioquímica xeral que contén aplicacións de bioquímica clínica.
* BIOQUIMICA. CASOS Y TEXTO, Montgomery, R.,, Ed. Harcourt Brace, Madrid, 1999.
CompetenciasO curso debe proporcionar unha base suficiente para que o futuro graduado en Medicina sexa quen de:
1) Desenvolver unha apreciación crítica do papel dos datos bioquímicos no diagnóstico e manexo da enfermidade.
2) Coñecer a base bioquímica da enfermidade.
3) Avaliar criticamente as variacións analíticas que lle poden afectar á xeración de datos bioquímicos clínicos.
4) Interpretar o significado dos resultados bioquímicos.
5) Axustarse, co coñecemento razoado, aos procedementos e protocolos deseñados polo laboratorio clínico para a obtención de resultados máis fiables e representativos do estado do doente.
6) Solicitar axeitadamente as probas analíticas máis idóneas en cada unha das fase do diagnóstico, tratamento e manexo dos doentes.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán na exposición dos diferentes temas polo profesor.
As clases daranse con proxección nun soporte informático. Asemade, proporcionaráselles aos alumnos esquemas e táboas informativos da materia explicada.
Nos seminarios interacticos o alumno tratará de resolver axeitadamente probas ou casos clínicos que se lle plantexen relativos ós contidos teóricos xa explicados.
Compoñente práctico
En grupos de 5 e no Laboratorio Central do CHUS, os estudantes deberán coñecer satisfactoriamente 5 competencias:
- Procesamento de mostras de sangue, soro, plasma e ouriños
- O proceso informático desde a recepción da mostra ata a emisión dos resultados analíticos
- As fases da automatización analítica
- Deseño dun laboratorio de urxencias, dun laboratorio xeral e dun laboratorio especializado
- Posta en funcionamento e realización de determinacións analíticas nun autoanalizador de bioquímica
Os alumnos que así o desexen poderán facer estancias curtas dunha semana de duración nas dependencias do Laboratorio de Bioquímica Especial para complementar a súa formación e adquirir un meirande coñecemento da Bioquímica Clínica co ollo posto na posibilidade de realizar unha especialización futura pola vía MIR.
Sistema de evaluaciónO exame consta de 70 preguntas e 3 máis de reserva: todas de tipo test que, preferentemente, contarán cunha resposta válida entre 5 opcións. Será necesario acadar unha puntuación mínima dun 20% en cada un dos temas, que será requisito indispensable para superar a materia.
Á hora de determinar a cualificación, procederase a unha recualificación do seguinte xeito: obtense unha puntuación base cos acertos do alumno nas 60 preguntas propostas, e increméntase nun punto por cada resposta correcta a cada unha das 8-10 preguntas máis difíciles (porcentaxe de acertos entre o 10 e o 40%); mentres que se penaliza cun punto cando teña un erro ou non responda en cada unha das 5-8 preguntas máis doadas (porcentaxe de acertos maior ca 90%).
As preguntas cunha porcentaxe de acertos inferior ao 10 % serán substituídas polas de reserva, aínda que, e de non haber incorrección na súa formulación, só serán tidas en conta á hora de diferenciar/outorgar as máximas cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
* Expositivas: 27 horas
* Interactivas: 7 horas
* Visita ao laboratorio/prácticas: 7 horas
* Titorias: 1.5 horas
* Horas de avaliación e revisión: 2.5 horas de exame
Horas non presenciais de estudo autónomo:
* Estudo: 45 horas
Total volume de traballo: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases expositivas e expoñer as dúbidas e preguntas nos últimos 5-10 minutos da clase
- Acudir as clases interactivas habendo repasado os contidos teóricos vistos.
- Utilizar as titorías para clarexar conceptos
- Mercar algún libro dos recomendados para ampliar os coñecementos e ver outra forma de enfocar os temas da materia.
- Facer por un mesmo os temas, a partir das notas recollidas na clase e dos libros de consulta. Non utilizar nunca fotocopias dos apuntamentos realizados por outros alumnos. Os apuntamentos, se non son os propios, son unha fonte de erros.