G2051441 - Condutas Aditivas (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Psiquiatría , Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaUnha vez superada a materia, o estudante debe:
1. Poder integrar os coñecementos adquiridos nesta área cos adquiridos noutros campos
2. Comprender o proceso aditivo tanto a nivel do individuo como a nivel social para poder executar unha intervención profesional eficaz
3. Alcanzar a destreza mínima necesaria para poder realizar o diagnóstico e o tratamento, así como para definir os obxectivos da intervención
4. Coñecer os recursos sociosanitarios existentes, a súa dispoñibilidade e esixencias para a súa utilización nos casos diagnosticados
5. Ser capaz de avaliar criticamente os informes e a literatura sobre adiccións dende a óptica do modelo bio-psico-social
6. Ter desenvolvido un tema de investigación relacionado coas drogodependencias
7. Manexar eficazmente a comunicación sobre as adiccións tanto fóra como dentro do marco da entrevista clínica
ContidosDescritores: O Contexto Sociocultural do Consumo de Drogas, Marco Legal e Política Asistencial.Neurobioloxía da Adicción. Patoloxía, Diagnóstico e Tratamento das adiccións ás diversas sustancias. A relación médico-paciente no paciente drogodependente. A investigación en Drogodependencias.
O desenvolvemento do temario está organizado en XX temas a desenvolver nas clases expositivas, organizados en dous bloques temáticos: un correspondente ás drogas ilegais e mailo alcohol e outro correspondente ao tabaco.
Bloque I
Tema 1. Conceptos xerais. Contexto sociocultural das adiccións. Epidemioloxía. Marco legal e política asistencial
Tema 2. Etioloxía e etiopatoxenia das adiccións
Tema 3. Patoloxía, diagnóstico e tratamento da adicción ao alcol
Tema 4. Patoloxía, diagnostico e tratamento de sustancias ilegais
Tema 5. Aspectos xerais do tratamento das adiccións. A prevención en adiccións
Tema 6. Adiccións sen sustancias. A comorbilidade
Bloque II
Tema 7. Tabaquismo. Evolución histórica. Compoñentes tóxicos do fume do tabaco. O fume ambiental de tabaco.
Tema 8. Problemas de saúde asociados ao consumo de tabaco.
Tema 9. Epidemioloxía do tabaquismo.
Tema 10. Diagnóstico e actitude terapéutica do tabaquismo.
Tema 11. Prevención e control do tabaquismo.
O programa de clases interactivas inclúe 5 seminarios.
Seminario 1. Traballo práctico con supostos clínicos encamiñados a familiarizarse cos conceptos básicos traballando con supostos clínicos
Seminario 2. A investigación en condutas aditivas
Seminario 3. Presentación do traballo fin de curso
Seminario 4. Visionado dun documental sobre tabaquismo con posterior debate.
Seminario 5 . Casos clínicos: diagnóstico do fumador e actitude terapéutica. Manexo do cooxímetro
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Manual de adicciones para médicos especialistas en formación. Ed. Cesar Pereiro Gómez. Socidrogalcohol
- Miguel Barrueco, Miguel Ángel Hernández y Miguel Torrecilla. Manual de Prevención y tratamiento del tabaquismo. 4ª Ed. EUROMEDICE. 2009 (Texto de referencia básico para o bloque de tabaquismo)
- David Simpson. Los Médicos y el Tabaco: El Gran Reto de la Medicina. Tobacco Control Resource Centre. 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Informe OMS sobre la epidemia mundial de tabaquismo, 2008: Plan de medidas MPOWER. OMS. 2008. (Accesible en: http://whqlibdoc.who.int/publications/2008/9789243596280_spa.pdf)
- Becoña, E. MONOGRAFÍA TABACO. Adicciones, Vol. 16, suplemento 2 (2004)(Accesible en: http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/tabaco.pdf).
CompetenciasCompetencias dá titulación ás que contribúe a materia (segundo Orde ECI/332/2008):
4. Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
17. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
19. Expor e propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica
21. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
25. Recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos,
psicolóxicos e culturais.
26. Asumir o seu papel nas accións de prevención e protección das enfermidades, lesións ou accidentes e mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
27. Recoñecer o seu papel en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando sexa apropiado, tanto para a subministración de coidados da saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
Competencias específicas dá materia:
- Saber abordar a práctica profesional respectando a autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura.
- Recoñecer os determinantes de saúde da poboación.
- Prevención e protección ante enfermidades, lesións e accidentes.
- Coñecer os aspectos da comunicación con pacientes, familiares e a súa contorna social: Modelos de relación clínica, entrevista, comunicación verbal, non verbal e interferencias.
- Coñecer os fundamentos biolóxicos, psicolóxicos e sociais da personalidade e a conduta.
- Recoñecer, diagnosticar e orientar o manexo das principais intoxicacións.
- Saber facer unha anamnese completa, centrada no paciente e orientada ás diversas patoloxías, interpretando o seu significado.
- Establecer un plan de actuación, enfocado ás necesidades do paciente e a contorna familiar e social, coherente cos síntomas e signos do paciente.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas: Exporanse os obxectivos docentes e os conceptos fundamentais do programa. Utilizarase material audiovisual. Porase a disposición dos estudantes unha guía docente. O profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Clases interactivas: A sesión de seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
Sistema de evaluaciónPriorizarase a avaliación continuada, valorando a participación nas clases expositivas, o traballo individual nos seminarios e a capacidade de interacción co grupo.
A avaliación do alumno farase en función dos seguintes parámetros:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 60%
- Avaliación dos seminarios: 20%
- Traballos programados polos profesores ao longo do curso: 20%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Expositivas: 14
- Seminario: 12
Horas non presenciais:
- Estudio e lectura de textos básicos e complementarios: 29
- Realización dos traballos propostos: 20
Total horas de dedicación: 75
Recomendacións para o estudo da materia- Ter cursada e superada a materia Psiquiatría. É conveniente coñecer as grandes síndromes médicas.
- Asistencia regular ás clases expositivas e ás interactivas.
- Manter unha actitude participativa durante as clases, especialmente durante as clases interactivas.
- Lectura dos textos recomendados.