G2051521 - Dermatoloxía (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 13.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 49.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía
- Áreas: Dermatoloxía
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA Dermatoloxía é aquela parte da Medicina que se ocupa do estudo das enfermidades cutáneas que primaria ou secundariamente a afectan así como dos métodos para a preservación ou a recuperación da normalidade cutánea. Para levar a cabo o estudo da Dermatoloxía (Especialidade Médico-Cirúrxica) e Venereoloxía programáronse clases expositivas, seminarios interactivos e prácticas clínicas. Nestas últimas permítese ao alumno que se integre nas diferentes consultas, para que poida observar e practicar as técnicas exploratorias básicas da especialidade.
Mediante o estudo da materia pretendemos que os alumnos podan:
1. Comprender as variables implicadas nos estados de saúde e enfermidade dermatolóxica.
2. Obter información clínica pertinente procedente do interrogatorio e dos cambios cutáneos, razón de ser da especialidade de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, para chegar ao diagnóstico morfolóxico; a selección de datos de laboratorio, análise de diferentes exploracións complementarias para discernir sobre a natureza da enfermidade, o seu prognóstico, posibilidades de curación, melloría, complicacións, etc.
3. Coñecer os mecanismos xerais das enfermidades, as desordes da estrutura e función resultantes destas, a súa expresión sindrómica e finalmente os principios terapéuticos elementais necesarios para a restauración do estado normal da saúde.
4. Iniciarse no método científico, na utilización das fontes bibliográficas e técnicas de documentación científica en xeral.
5. Incidir nos aspectos epidemiolóxicos e psicolóxicos, importantes nos afectados por procesos cutáneos crónicos, que repercuten de forma acusada na súa calidade de vida.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO:
DERMATOLOXÍA XERAL
1. Introdución. Semioloxía xeral dermatolóxica.
2. Terapéutica dermatolóxica.
DERMATOLOXÍA ESPECIAL.ENFERMIDADES DE ETIOLOXÍA COÑECIDA
3. Afeccións zooparasitarias.
4. Enfermidades causadas por fungos.
5. Enfermidades bacterianas
6. Micobacterioses.
7. Enfermidades producidas por virus.
8. Afeccións metabólicas e carenciais.
REACCIÓNS CUTÁNEAS E SÍNDROMES DE CAUSA COMPLEXA OU INDETERMINADA.
9. Reaccións de hipersensibilidade: Urticaria e anxioedema.
10. Toxicodermias.
11. Eccemas 1: Dermatite atópica.
12. Eccemas 2: Dermatite de contacto. Outros eccemas.
13. Procesos eritemato-escamosos: Psoríase.
14. Outros procesos eritemato-escamosos: pitiríse rosada de Gibert, parapsoríase, lique ruber plano.
15. Manifestacións cutáneas das conectivopatías.
16. Púrpuras, vasculite, síndromes nodulares.
17. Enfermidades ampulosa autoinmunes.
18. Alteracións da queratinización: estudo das afeccións máis frecuentes.
19. Afeccións dos anexos: acne vulgar, rosácea.
20. Alteracións da pigmentación
PROCESOS PROLIFERATIVOS E NEOPLASICOS
21. Sarcoidose.
22. Mastocitose. Histiocitose.
23. Linfomas cutáneos: estudo especial da micose fungoide e síndrome
de Sézary.
24. Neurocristopatías. Anxiomas.
25. Precancro cutáneo-mucoso.
26. Cancro cutáneo-mucoso.
27. Tumores pigmentarios.
VENEREOLOXÍA
28. Enfermidades de transmisión sexuais (ETS). Sífile.
29. Úlceras xenitais venéreas.Síndrome uretrite-cervicite.
30. Síndrome da inmunodeficiencia humana adquirida (SIDA).
SEMINARIOS
Seminario 1:
Anamnese xeral e específica en Dermatoloxía. Exploración física xeral e dermatolóxica. Técnicas diagnósticas complementarias: Luz de Wood, diascopia e dermatoscopia. Toma de mostras e exsudados, métodos de laboratorio, probas epicutáneas.
Biopsia cutánea: técnica de realización. Principais lesións elementais histolóxicas.
estudo especial do prurito como síntoma dermatolóxico
Seminario 2:
Patoloxía infecto-parasitaria con manifestacións cutáneas. Entidades máis frecuentes. Signos guía. Protocolos diagnósticos e tratamentos aconsellados.
Seminario 3
Dermatoses inflamatorias. Entidades máis frecuentes. Signos guía. Protocolos diagnósticos e tratamentos aconsellados.
Seminario 4
Manifestacións cutáneas de enfermidades sistémicas. Entidades máis frecuentes. Signos guía. Protocolos diagnósticos e tratamentos aconsellados.
PROGRAMA PRÁCTICO:
Consta de prácticas tuteladas a realizar no primeiro semestre no Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Nelas introdúcese o alumno na realización dunha historia clínica dermatolóxica, a recoñecer as principais lesións cutáneas que conforman o cadro clínico morfolóxico do paciente e oriéntaselles na selección de probas complementarias de carácter xeral para chegar a un diagnóstico así como na realización de métodos de diagnóstico propios da especialidade (luz de Wood, toma de escamas, visualización de parasitos, exame de treponema en campo escuro).
Presentación e Discusión de casos clínicos en grupos reducidos correspondentes aos seguintes apartados nos que se reflicten os 20 procesos dermatolóxicos máis frecuentes en Atención Primaria:
• Dermatoses producidas por parasitos, bacterias (realizarase unha mención ás manifestacións cutáneas da tuberculose) e fungos.
• Outras infeccións frecuentes producidas por virus.
• Infeccións de trasmisión sexual.
• Dermatoses eritematodescamativas
• Procesos autoinmunes, especialmente enfermidades do tecido conectivo e enfermidades ampulosas. Púrpuras.
• Pre-cancro e cancro cutáneo. Melanoma Maligno.
Bibliografía básica e complementariaA. Xeral
1.- García Pérez A: Dermatología clínica. 4ª ed. Cervantes. Salamanca, 1987.
2.- Conejo Mir-Moreno-Serrano. Manual de Dermatología. Aula Médica, Madrid, 2010.
3.- Mascaró JM. Claves para el diagnóstico clínico en Dermatología. Elsevier, Barcelona, 2008.
4.- Ferrándiz, C. Dermatología clínica. Elsevier, Barcelona 2008.
5.- Lázaro Ochaita, P. Dermatología. Aula Médica, Madrid, 2002
6.-.Iglesias Díez, L, Guerra Tapia A, Ortiz Romero P. Tratado de Dermatología. McGraw-Hill-Interamericana de España, Madrid, 2004.
7.- Dulanto F, Armijo M, Camacho-Martinez F, Naranjo R. Dermatología Médico-Cirúrxica. Anel SA, 1982.
8. Fitzpatrick TB, Johnson RA, Wolff K: Atlas en color y Sinopsis de Dermatología clínica. McGraww-Hill-Interamericana de España, 6ª edición, Madrid, 2010.
9.- Röcken, Schaller, Sattler, Burgdof.- Dermatología. Texto y Atlas.- Ed. Panamericana. 2013
10.- Bologna J., Jorizzo J.L., Rapini R. P. Dermatology, Mosby, 3ª ed., St. Louis, 2012 (Ed. en español: 2008)
11.- Odom RB, James WD, Berger TG. Andrew´s diseases of the skin. Clinical Dermatology. Saunders Elsevier, Philadelphia ,cop. 2006.
12.-.Saurat J-H, Grosshans E, Laugier P, Lachapelle JM : Précis de Dermatologie et Venereologie.Masson SA, 1991
B. Complementaria: Recursos ON-Line e WEBS docentes
• WEB docentes: pódense consultar as que achegan diferentes Universidades españolas como as de Barcelona, Las Palmas de Gran Canaria, Lleida ou Valencia.
• Recursos on-line: Derm101.com; ATLASES,DERMNET, atlas DOIA/PeDOIA
• http://www.dermis.net/dermisroot/en/home/index.htm
• http://www.iqb.es/dermatologia/atlas/toc00.htm
• http://www.atlasdermatologico.com.br/
• http://www.medscape.com/dermatology
Cada profesor ao finalizar a clase poderá recomendar algunha bibliografía específica, dependendo da actualidade do tema, de doado acceso para o alumno.
CompetenciasDeberá ter coñecementos teóricos da dermatoloxía xeral, especial e enfermidades de transmisión sexual.
Coñecer como se realiza unha historia clínica orientada á patoloxía dermatolóxica que conteña toda a información relevante. Para iso deberá saber escoitar con atención, obter e sintetizar información acerca dos problemas que afectan o enfermo, e comprender o contido desta información para redactar a historia clínica de forma comprensible.
Recoñecer e saber describir as principais lesións elementais cutáneas base para a realización dunha exploración dermatolóxica.
Coñecer os principais métodos de diagnóstico así como as probas básicas complementarias.
Establecer o diagnóstico das principais enfermidades dermatolóxicas.
Indicar a terapéutica mais adecuada dos procesos dermatolóxicos máis prevalentes.
Coñecer a base do tratamento dermatolóxico (tópico e xeral).
Metodoloxía da ensinanza 1. Cada tema correspondente a docencia expositiva expoñerase en 50 minutos. Os minutos restantes dedicaranse a resolver dúbidas ou aclarar conceptos.
2. Nos seminarios incidirase na presentación clínica morfolóxica das diferentes síndromes e/ou procesos cutáneos mais frecuentes na práctica clínica.
3. Prácticas clínicas nas diferentes unidades das que dispón o Servizo, integrándose na práctica clínica rutineira. O obxecto é que vexan primeiro e sexan capaces despois, de realizar unha historia clínica orientada á patoloxía dermatolóxica, recoñecer e saber describir as principais lesións cutáneas; indicar e interpretar baixo supervisión, estudos complementarios como o informe dun estudo anatomopatolóxico da pel, o manexo de determinados grupos farmacolóxicos, o manexo de síndromes máis rutineiras.
4. Deberon de ver practicar unha biopsia e cirurxía menor.
Sistema de avaliación
A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante un exame que constará de dúas partes: unha parte teórica e outra práctica.
O exame teórico consistirá en exame tipo-test: 60 preguntas.
No exame práctico avaliarase o enfoque diagnóstico, terapéutico, complicacións posibles e seguimento de 5 casos clínicos que serán visualizados no momento do exame. Para iso facilitarase un resumo dos principais datos da anamnese, exploración e probas complementarias pertinentes.
Os estudantes que obteñan unha media de 5 en cada unha das partes superasen a materia.
Os exames realizásense nas convocatorias de Grado: Xaneiro e Xullo.
Sistema de evaluaciónAdemais do tempo dedicado á asistencia a clases teóricas (30 horas) e seminarios interactivos (12 horas), o alumno deberá de asistir e participar nas prácticas clínicas (correspondentes a esta materia).
O tempo que cada alumno debe de dedicar ao estudo da materia, dependerá do interese e a propia capacidade e é responsabilidade de cada un. Debería de reservar polo menos 1 hora ao día para o estudo do explicado nas clases teóricas ou dos casos vistos nas prácticas clínicas. As horas de preparación do exame dependerán da capacidade do alumno. A duración estimativa do exame é de 2 horas.
Tempo de estudo e traballo persoalAsistencia ás clases teóricas
Asistencia aos seminarios con participación activa nestes
Asistencia e participación activa nas prácticas clínicas. Debe acostumar a anotarse e posteriormente estudar as enfermidades que foron vistas nas prácticas clínicas.
Estudo persoal diario utilizando a bibliografía recomendada e as notas persoais.
Utilizar as horas de titorías e acostumar a preguntarse todas as dúbidas que vaian xurdindo.