Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051523 - Farmacoloxía Clínica e Farmacoterapia (Procedementos Diagnósticos e Terapéuticos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 11.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 43.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Farmacoloxía
  • Áreas: Farmacoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Rodriguez, M Pilar.NON
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprensión dos seus aspectos conceptuais, do desenvolvemento dun medicamento e das bases metodolóxicas da avaliación de fármacos no ser humano (ensaio clínico, farmacovigilancia)

    - Desenvolver actitudes para a prescrición e uso racional dos medicamentos, asimilar os conceptos de seguridade, eficacia e efectividade e adquirir capacidade critica para a valoración da literatura científica relacionada coa investigación clínica de medicamentos

    - Que o alumno comprenda que as bases da Farmacoterapia se fundamentan en coñecementos e información moi diversos sobre o diagnóstico, as características do paciente (fisiolóxicas e fisiopatolóxicas) e do perfil farmacolóxico (eficacia, efectividade e seguridade ) dos tratamentos farmacolóxicos, ao obxecto de levar a cabo unha axeitada selección destes
    Contidos
    I. Factores que condicionan a resposta terapéutica
    Tema 1.Bases da farmacoloxía clínica e da farmacoterapia
    Tema 2.Factores xenéticos que inflúen nas propiedades farmacocinéticas e farmacodinámicas dos medicamentos
    Tema 3.Influencia da idade na resposta aos medicamentos
    Tema 4.Influencia do embarazo e a lactación na resposta aos medicamentos
    Tema 5.Factores patolóxicos que modifican a resposta aos medicamentos: insuficiencia renal, insuficiencia hepática, outras enfermidades
    Tema 6. Ensaio clínico

    II. Criterios de selección de medicamentos nas enfermidades cardiovasculares
    Tema 7.Insuficiencia cardíaca
    Tema 8.Cardiopatía isquémica. Hipertensión arterial. Hiperlipidemias

    III. Criterios de selección de medicamentos nas enfermidades respiratorias
    Tema 9. Asma. EPOC

    IV. Criterios de selección de medicamentos nas enfermidades gastrointestinais
    Tema 10.Úlcera gastrointestinal. Enfermidade inflamatoria intestinal crónica. Trastornos da motilidade dixestiva. Enfermidades hepatobiliares

    V. Criterios de selección de medicamentos nas enfermidades neurolóxicas
    Tema 11.Parkinson e outros trastornos da motilidade. Enfermidade de Alzheimer e outras demencias
    Tema 12.Trastornos da ansiedade. Depresión, manía aguda e trastorno bipolar

    VI. Criterios de selección dos medicamentos en hematoloxía
    Tema 13. Anemias. Coagulación sanguínea

    VII. Criterios de selección de medicamentos nas enfermidades endócrinas
    Tema 14.Enfermedades suprarrenais. Enfermidades do tiroide

    VIII. Abordaxe terapéutica da dor
    Tema 15.Tratamiento farmacolóxico da dor

    IX. Criterios de selección de medicamentos nas alteracións do metabolismo do óso
    Tema16.Osteoporosis

    X. Criterios de selección dos medicamentos nas enfermidades infecciosas
    Tema 17.Criterios básicos da terapia antiinfecciosa

    XI. Criterios de selección dos medicamentos nas enfermidades inmunitarias
    Tema 18.Enfermedades alérxicas

    SEMINARIOS

    SEMINARIO 1. Seminario práctico sobre un caso clínico: Reanimación cardiopulmonar (RCP)
    SEMINARIO 2. Seminario práctico sobre un caso clínico: Enfermidades infecciosas
    SEMINARIO 3. Seminario práctico sobre un caso clínico: Oncoloxía
    SEMINARIO 4. Seminario práctico sobre un caso clínico: Sistema reprodutor
    SEMINARIO 5. Seminario práctico sobre un caso clínico: Diabete
    Bibliografía básica e complementaria
    -Farmacología. H.P. Rang, M.M. Dale y J.M. Ritter. Churchill Livingstone, Madrid, 2012

    - Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica (Vol. I y II). 11ª edición. Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2007

    - Flórez, Armijo, Mediavilla. Farmacología humana. 5ª edición. Ed. Masson; 2008

    - Velasco, Alsásua del Valle, Carvajal, Dueñas. Farmacología Clínica y Terapéutica Médica.Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2004

    - Rodés, Carné, Trilla. Manual de Terapéutica Médica. Ed. Masson; 2002

    - Bravo Díaz, Marhuenda Requena. Manual de Farmacoterapia. Ed. Elsevier; 2005

    - Márquez Peiro, Valero Alcocer, Valero López. Farmacoterapia general. Ed. Formación Alcalá; 2006

    - Di Piro JT, Talbert RL, Yee GC, Matzke GR, Wells BG, Michael Posey L. Pharmacotherapy. A pathophysiologic approach. Ed. McGraw-Hill; 2008

    - Martindale. Guía completa de consulta farmacoterapéutica. Pharma editores; 2009

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia

    - Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible
    - Indicar a terapéutica máis axeitada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal
    - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
    - Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.


    Competencias específicas da materia
    - Valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos
    - Interaccións e efectos adversos
    - Prescrición e fármacovigilancia
    - Saber utilizar os diversos fármacos axeitadamente
    - Redactar correctamente receitas médicas, adaptadas á situación de cada paciente e os requirimentos legais
    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva: Consistirá no desenvolvemento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.

    Docencia interactiva: Nos seminarios preténdese fomentar o desenvolvemento da actitude crítica, o traballo en grupo, a selección e análise de información, así como a comunicación e a discusión de aspectos relacionados coa materia.
    Os alumnos realizarán un traballo, xeralmente en torno a pequenos enunciados formulados polo profesor, a partir de cuxa análise elaborarán unha presentación con contidos propios da materia.
    É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder presentarse ao exame final

    Titorías: Realizaranse para resolver as dúbidas do alumno con respecto á docencia expositiva e interactiva
    Sistema de evaluación
    Seminarios: Realízase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización dos traballos individuais e/ou en grupo que o estudante realice por proposta do profesor. Representará o 10% da cualificación final. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder presentarse ao exame final.

    Exame final: Consta de dúas partes.
    Un exame tipo test, onde se avaliarán competencias específicas, con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. Representará o 70% da cualificación final.
    Un exame con dúas preguntas de desenvolvemento. Representará o 20% da cualificación final.
    É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
    O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. No caso contrario non faise media coa outra parte.
    Na convocatoria de Xullo, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na convocatoria anterior.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Presenciais: 27 horas distribuídas en 18 horas expositivas, 5 horas de docencia interactiva, 2 horas de tutorias e 2 horas de avaliación

    Traballo persoal do alumno: 48 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
    Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
    Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.

    Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.