Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051527 - Enfermidades do Aparato Locomotor: Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Rehabilitación (Formación Clínica Humana) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 11.00
  • Clase Expositiva: 50.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 7.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Cirurxía, Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Radioloxía e Medicina Física, Cirurxía, Anatomía e Embrioloxía Humana
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO MORANDEIRA, FRANCISCO.SI
DIEZ ULLOA, MAXIMO ALBERTO.NON
MANDIA MANCEBO, FERMIN JULIAN.NON
PINO MINGUEZ, JESUS.NON
TORREIRO PAMPIN, FRANCISCO JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CL-cli_01OrdinarioClínicos EEESNONNON
CL-cli_02OrdinarioClínicos EEESNONNON
CL-cli_03OrdinarioClínicos EEESNONNON
CL-cli_04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    CONCEPTO E OBXECTIVO DA MATERIA:
    Recoñecer, diagnosticar e orientar o manexo das principais patoloxías do aparato locomotor. Coñecer os fundamentos da rehabilitación, da promoción da autonomía persoal, da adaptación funcional do/ao entorno, e doutros procedementos físicos na morbilidade, para a mellora da calidade de vida.


    Contidos
    CONTIDO E PROGRAMA DA MATERIA
    A materia divídese en dúas partes diferenciadas: A) Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e B) Rehabilitación e Medicina Física.

    A.- CIRURXÍA ORTOPÉDICA E TRAUMATOLOXÍA:

    1. O óso como biomaterial, tecido e órgano. Forma e función do óso. O sistema de crecemento óseo: a fise.
    2. Fracturas I. Concepto, clasificacións e manifestacións clínicas
    3. Fracturas II. Tratamento
    4. Proceso biolóxico da cicatrización das fracturas. Complicacións biolóxicas e funcionais da consolidación.
    5. Complicacións das fracturas: xerais e locorrexionais.
    6. As articulacións: fisiopatoloxía da cartilaxe articular e a membrana sinovial. Lesións condrais e a súa reparación.
    7. Fisiopatoloxía de músculos, tendóns, ligamentos e meniscos. Resposta ás lesións.
    8. Afeccións inflamatorias dos tendóns, vaíñas sinoviais e bolsas serosas
    9. Infeccións osteoarticulares.
    10. Tumores óseos: Clasificación. Orientacións diagnósticas e terapéuticas.
    11. Traumatismos da cintura escapular e ombro.
    12. Inestabilidades postraumáticas e luxacións do ombro
    13. O ombro doloroso.
    14. Fracturas de úmero
    15. Luxacións traumáticas do cóbado
    16. Fracturas de antebrazo e pulso.
    17. A man traumatizada I.
    18. A man traumatizada II. As infeccións da man.
    19. Procesos dolorosos do cóbado, pulso e man.
    20. Lesións traumáticas do plexo braquial e troncos nerviosos do membro superior.
    21. Lesións traumáticas da pelve. Fracturas do cotilo. Luxacións de cadeira.
    22. Fracturas do fémur.
    23. Malformacións conxénitas da cadeira. Cadeira dolorosa durante o crecemento
    24. Cadeira dolorosa do adulto.
    25. Lesións dos ligamentos e meniscos de xeonllo. Inestabilidades postraumáticas
    26. O xeonllo doloroso. Luxacións do xeonllo
    27. Fracturas da extremidade proximal e diáfise tibial
    28. Fracturas do nocello. Inestabilidades postraumáticas
    29. O pé en desenvolvemento: Pé plano. Pé zambro. Deformidades menores do pé. Pé cavo.
    30. Fracturas do pé. Pé doloroso do adulto.
    31. Alteracións angulares e torsionais do membro inferior.
    32. Traumatismos de raque.
    33. Escoliose e enfermidade de Scheurmann.

    B) REHABILITACIÓN E MEDICINA FÍSICA
    1.- Concepto de Rehabilitación e Medicina Física. Lesión, discapacidade. Equipo multidisciplinar de rehabilitación. Terapia ocupacional. Fisioterapia. Logopedia. Avaliación dos pacientes. Escalas de valoración.

    2.- Clasificación das ondas electromagnéticas. Termoterapia e crioterapia. Terapia mediante micro-ondas, onda curta, infravermellos e láser. Aplicacións da luz ultravioleta. Aplicación e indicacións dos ultrasons. Magnetoterapia

    3.- Correntes de media e baixa frecuencia. Aplicacións e indicacións da corrente continua.

    4.- Fisioloxía do exercicio. Forza, resistencia e coordinación. Cinesiterapia.Masoterapia.
    Hidroterapia e terapia mediante paralamas.

    5.- Tipos de cadeiras de rodas e os seus compoñentes. Prescrición de cadeiras de rodas.

    6.- Concepto de ortese. Clasificación. Tipos máis frecuentes de ortese: Extremidade superior, extremidade inferior e columna vertebral.

    7.- Concepto de prótese. Compoñentes das próteses. Prescrición orto-protésica en Galicia. Catálogo de material ortoprotésico.

    8.- Rehabilitación do paciente amputado da extremidade superior. Rehabilitación do paciente amputado da extremidade inferior.

    9.- Rehabilitación do paciente con lesións da unidade motora periférica. Normas xerais do tratamento rehabilitador. E.L.A..Neuropatías compresivas (axonoestenose). Radiculopatías. Lesións de plexo. Mononeuropatías. Polineuropatías.

    10.- Rehabilitación do paciente con ictus cerebrovascular agudo.
    11.- Rehabilitación do traumatizado cranio-encefálico. Unidade de dano cerebral adquirido.

    12.- Recén nacido de alto risco. Unidade de estimulación precoz. Rehabilitación de nenos con dano encefálico connatal e perinatal. Parálise cerebral.

    13.- Rehabilitación do paciente parapléxico.

    14.- Rehabilitación dos traumatismos que afectan ao aparato locomotor. Principios xerais do tratamento rehabilitador das fracturas, lesións articulares e musculares traumáticas.

    15.- Principios xerais do tratamento rehabilitador das enfermidades dexenerativas do aparato locomotor. Bases do tratamento rehabilitador das enfermidades inflamatorias do aparato locomotor. Rehabilitación dos pacientes con próteses internas de cadeira e xeonllo. Tratamento conservador do ombro doloroso

    16.- Tratamento conservador da dor cervical e cervico-braquial. Síndrome do lategazo cervical. Tratamento conservador da dor lumbar e lumbociática.

    17.- Desviacións da columna vertebral: Cifose, lordose e escoliose. Valoración e tratamento rehabilitador.

    18.- Rehabilitación do paciente con linfedema. Rehabilitación do paciente con queimaduras.

    19.- Rehabilitación respiratoria. Rehabilitación cardíaca

    20.- Valoración legal da discapacidade. Valoración legal do dano corporal.

    21.- Rehabilitación intervencionista


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA


    A) CIRURXÍA ORTOPÉDICA E TRAUMATOLOXÍA:

    Ortopedia y Traumatología. Revisión Sistemática. Millar. Quinta edición. Elsevier Saunders. Expert [CONSULT] on Line + Print.

    Ciencias Básicas en Ortopedia. American Academy of Othopaedic Surgeons. Volumen 1 y 2. Medical Trens, S.L. Barcelona.

    Manual SECOT de Cirugía Ortopédica y Traumatología. Editorial médica Panamericana- 2003.

    Introducción a la Traumatología y Cirugía Ortopédica. Luis Munuera. Mc Graw-Hill-Interamericana.

    Lesiones traumáticas en el niño., Burgos Flores, J., González Herranz, P. y Amaya Alarcón, S, Editorial Panamericana S.A., Madrid, 1995.

    Cirugía Ortopédica. Principios y aplicaciones., Tureck, Ed. Salvat, Barcelona, 1982.
    Tratamiento Práctico de las Fracturas. Ronald Mcrae. Max Esser. Quinta edición. Elsevier Churchil Livingtone.

    Atlas de Síndromes dolorosos poco frecuentes. Walkman. Elsevier Saunders


    B.- REHABILITACIÓN Y MEDICINA FÍSICA:

    MEDICINA FÍSICA Y REHABILITACIÓN. Kottke F. J., Krussen L.: Editorial Panamericana. 2002

    MANUAL SERMEF DE MEDICINA FÍSICA Y REHABILITACIÓN. Editorial Médica Panamericana. 2006.

    PHYSICAL MEDICINE AND REHABILITATION. Braddom R.: Ed. WB Saunders. 2006.

    AGENTES FÍSICOS EN REHABILITACIÓN. Cameron Michelle: Ed. Elsevier ISBN 978-84-80-86-432-9.2009.

    REHABILITACIÓN INTERVENCIONISTA. Climent J.M., Fenollosa P y Martin del Rosario F.M.: Editorial Ergon ISBN 978-84-15351-19-1. 2012.

    PHYSICAL MEDICINE AND REHABILITATION, PRINCIPES AND PRACTICE. DeLisa J.: Editorial Lippincott Willians. 2004.

    REHABILITACIÓN CLÍNICA INTEGRAL. Miangolarra Page J.C. Editorial Elsevier. ISBN 9788445812112. 2003.

    REHABILITACION INFANTIL. Sociedad Española de Rehabilitación y Medicina Física. Editorial Panamericana. 2012.

    DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO. EVALUACIÓN, DIAGNÓSTICO Y REHABILITACIÓN. Gonzalez B. 2012

    MANUAL DE MEDICINA FÍSICA Y REHABILITACIÓN. Garrison, Susan J.: Editorial Mc Graw-Hill / Interamericana. 2005

    REHABILITACIÓN MÉDICA. González Mas: Editorial Masson 1997.

    MANUAL DE MEDICINA FÍSICA. Martínez Morillo y Col.: Editorial Harcourt Brace. 1998


    Competencias
    Da propia titulación do Grao de Medicina e as específicas que figuran no Plan de Estudos
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia impártese en tres tipos de clases:
    a) Clases teóricas ou expositivas: 50 horas: 33 horas de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e 17 horas de Rehabilitación e Medicina Física.
    b) Seminarios: 5 horas de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, 3 horas de Rehabilitación e Medicina Física.
    c) Práctica Clínica: 11 horas de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía e 4 horas de Rehabilitación e Medicina Física.

    PRÁCTICAS CLÍNICAS

    I.- A actividade práctica realizarase de luns a venres, de 8 a 15 horas en períodos lectivos.

    No Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, para programar a actividade práctica a cada grupo, os responsables son:


    MATERIA RESPONSABLE LOCALIZACIÓN

    REHABILITACIÓN Prof. Jorge Barreiro Hospital Provincial: Servizo de Rehabilitación

    TRAUMATOLOXÍA Prof. Ariza Hospital Clínico: Planta baixa.... (026 ó 017)



    SEMINARIOS

    O Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e o Servizo de Rehabilitación planificarán e publicarán ao principio de cada curso os seminarios que se impartirán no curso académico.

    Sistema de evaluación
    AVALIACIÓN DA MATERIA
    Avaliaranse os coñecementos de teoría mediante exame teórico tipo test, e as actitudes e habilidades mediante a asistencia, memoria de actividades, libreta de seminarios e prácticas, e colaboración en actividades.
    Para aprobar o exame teórico precisarase polo menos obter o 70% da puntuación.
    Valoraranse illadamente a parte de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía ata 65 puntos e a correspondente a Rehabilitación e Medicina Física ata 35 puntos. Para aprobar a materia precisarase polo menos obter 20 puntos en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e 15 puntos en Rehabilitación e Medicina Física. A nota final teórica será a suma de ambas as dúas divida por 10, sempre que se cumpra o mínimo en cada unha das partes.
    No conxunto da nota final do alumno, valorarase a teoría 80%, e as actitudes e habilidades co 20%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Valórase en 90 horas o traballo non presencial do alumno
    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecemento da anatomía, fisioloxía e histoloxía de órganos, aparatos e sistemas do corpo humano. É aconsellable o coñecemento do idioma inglés e de informática.