Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051529 - Medicina Preventiva e Saúde Pública (Medicina Social, Habilidades de Comunicación e Iniciación á Investigación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 6.00
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARROS DIOS, JUAN MIGUEL.SI
FERNANDEZ NAVEIRO, JOSE MIGUEL.NON
GESTAL OTERO, JUAN JESUS.NON
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN.NON
TARACIDO TRUNK, MARGARITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Conseguir que o alumno ao rematalo seu estudo sexa capaz, mediante a adquisición dos coñecementos, actitudes e hábitos correspondentes, de:

    1. Identificar os factores de risco que poidan afectar a saúde e coñecer como estes actúan.
    2. Adoptar as medidas hixiénicas e profilácticas persoais e comunitarias máis doadas para a prevención da enfermidade e a promoción da saúde.
    3. Contribuír á planificación e dirección da atención sanitaria á comunidade:
    a) Identificando os problemas de saúde e analizándoos nos seus diversos aspectos mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica.
    b) Colaborando na execución dos plans de asistencia sanitaria e promoción da saúde.
    c) Dirixindo un equipo de saúde.
    d) Participando na educación sanitaria.
    Contidos
    Parte I: CONCEPTOS (2)
    Lección 1. A saúde e as súas determinantes. Historia natural da saúde e da enfermidade.
    Lección 2. Saúde Pública. Instrumentos da Saúde Pública: Sanidade ambiental, Medicina Preventiva, Educación para a saúde, Planificación Sanitaria. Prevención da enfermidade e promoción da saúde.

    Parte II: SAÚDE AMBIENTAL (5)
    Capítulo 1: SANEAMENTO AMBIENTAL (4)
    Lección 3. Ecoloxía e saúde humana. Saúde da Terra: burato de ozono e efecto invernadoiro. Cambio climático. Contaminación atmosférica
    Lección 4. Aspectos sanitarios da auga de bebida. Servizos de abastecemento de augas de consumo. Depuración da auga de bebida
    Lección 5. Augas residuais: depuración. O solo. Eliminación e tratamento dos residuos sólidos urbanos. Residuos sanitarios. Residuos industriáis.
    Lección 6. Problemas sanitarios dos contaminantes físicos: Ruído. Radiacións ionizantes e non ionizantes.

    Capítulo 2: HIXIENE DOS ALIMENTOS. SEGURIDADE ALIMENTARIA (1)
    Lección 7. Aspectos sanitarios dos alimentos. Seguridade alimentaria. APPCC no sector alimentario

    Parte III. SAÚDE LABORAL E MEDICINA DO TRABALLO (3)
    Lección 8. Saúde laboral. Condicións de traballo e saúde. Patoloxía laboral
    Lección 9. Prevención de riscos laborais. Organización da Saúde laboral en España
    Lección 10. Riscos laborais do persoal sanitario.

    Parte IV: HÁBITOS E SAÚDE. EDUCACIÓN SANITARIA (4)
    Lección 11. Educación para a saúde: concepto e campos de acción. Métodos de Educación Sanitaria.
    Lección 12. Estilos de vida e saúde. Dependencias: Epidemioloxía e prevención da dependencia ao alcohol e as drogas psicotrópicas
    Lección 13. Epidemioloxía e prevención do tabaquismo.
    Lección 14. Epidemioloxía e prevención dos trastornos do comportamento alimentario: anorexia e bulimia.


    Parte V. EPIDEMIOLOGÍA Y PREVENCIÓN DE LAS ENFERMEDADES TRANSMISIBLES, CRÓNICAS Y ACCIDENTES. (18)

    Capítulo 1: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES: ASPECTOS XERAIS (3)
    Lección 15. Epidemioloxía xeral e prevención das enfermidades transmisibles.
    Lección 16. Técnicas de Saneamento: Desinfección. Desinsectación. Desratización.
    Lección 17. Profilaxe de disposición. Vacinas: características xerais. Calendarios de vacinacións. Quimioprofilaxe. Gammaglobulinoprofilaxe.

    Capítulo 2: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES (10)
    Lección 18. Enfermidades de transmisión fecal-oral. Febre tifoidea. Toxiinfeccions alimentarias. Intoxicacións por toxinas mariñas. Hepatite A e E.
    Lección 19. Enfermidades de transmisión aérea. Epidemioloxía e prevención da enfermidade meningocócica. Enfermidade dos lexionarios.
    Lección 20. Epidemioloxía e prevención da tuberculose. Plan de control.
    Lección 21. Epidemioloxía e prevención da gripe.
    Lección 22. Transmisión parenteral. Patóxenos de transmisión sanguínea: Epidemioloxía e prevención das hepatites B, C e Delta. VIH e SIDA.
    Lección 23. Enfermidades transmisibles por contacto cutáneo mucoso: Infeccións de Transmisión Sexual (ITS). Infeccións nosocomiais.
    Lección 24. Calidade asistencial. Seguridade do paciente.
    Lección 25. Zoonoses: Brucelose. Rabia.
    Lección 26. Enfermidades infecciosas emerxentes. Zoonoses emerxentes: Variante da ECJ, Diarrea sanguinolenta e síndrome hemolítico urémico.
    Lección 27. Enfermidades transmitidas por artrópodos: Paludismo. Febre amarela e dengue. Regulamento sanitario internacional. Consellos sanitarios ao viaxeiro

    Capítulo 4: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES E ACCIDENTES (5)
    Lección 28. Epidemioloxía xeral das enfermidades non transmisibles. Importancia. Estratexias de prevención. Cribados
    Lección 29. Epidemioloxía e prevención do cancro.
    Lección 30. Epidemioloxía e prevención das enfermidades cardiovasculares
    Lección 31. Epidemioloxía e prevención da diabete e obesidade.
    Lección 32. Epidemioloxía e prevención dos accidentes de tráfico e domésticos

    Parte VI: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN SANITARIA (4)
    Lección 33. Economía da saúde.
    Lección 34. Planificación, programación e avaluación de programas de saúde.
    Lección 35. Modelos e sistemas sanitarios. Sistema sanitario español: Lei Xeral de Sanidade. Organización sanitaria da Comunidade Autónoma Galega
    Lección 36. Organismos sanitarios internacionais: OMS


    SEMINARIOS (6 horas)
    1. Pobreza e saúde. Obxectivos de desenvolvemento do milenio
    2. Vixiláncia epidemiolóxica. EDOs.
    3. Educación Sanitaria no ámbito clínico asistencial. Consello médico
    4. Intoxicacións e toxiinfeccións alimentarias:Estudo dun brote.
    5. Actuacións ante un caso de tuberculose.
    6. Consellos ao viaxeiro internacional


    PROGRAMA DE PRÁCTICAS (6 horas)
    Realizaranse no Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Clínico Universitario pasando os alumnos polas diferentes Unidades do Servizo (Prevención de Riscos Laborais, Epidemioloxía e Sanidade Ambiental, Medicina Preventiva e Unidade de Tuberculose) adquirindo información e participando nas actividades que se realizan no Servizo entre as que destacan a vixilancia epidemiolóxica da infección nosocomial (xermes alerta, estudos de incidencia, EPINE) e das EDO; enquisa epidemiolóxica e estudos de brotes; bioseguridade ambiental; epidemioloxía e prevención da tuberculose; prevención de riscos laborais (recoñecementos médicos, avaliación de riscos, vacinacións), e consulta de medicina preventiva (convivintes de enfermidades infecciosas, vacinacións; viaxes internacionais e deshabituación tabáquica).
    Bibliografía básica e complementaria
    - Galvez Vargas R, Sierra López A, Saénz González MC et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva e Saúde Pública. (10ª ed) Barcelona: Masson 2002
    - Gestal Otero JJ. Riesgos laborales del personal sanitario. (3ª ed). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España 2003.
    - Salleras L. Vacunaciones preventivas. Principios y aplicaciones. (2ª ed). Barcelona: Masson 2003.
    - Gil Hernández F. La Medicina del Trabajo al día. Barcelona: Masson 2005.
    Competencias
    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA
    3. Saber aplicar o principio de xustiza social a práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
    5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia ao aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e a motivación pola calidade.
    10. Comprender e recoñecer os axentes causais e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
    19. Plantexar e propoñer medidas preventivas doadas en cada situación clínica.
    25. Coñecer e recoñecer os determinantes da saúde na poboación, tanto os genéticos como os dependentes do sexo e estilos de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
    26. Asumir o seu papel en las acciones de prevención y protección ante enfermedades, lesiones o accidentes y mantenimiento y promoción de la salud, tanto a nivel individual como comunitario.
    27. Reconocer su rol en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando proceda, tanto para a prestación de coidados de saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
    29. Coñecer as organizaciones nacionais e internacionais de saúde e os entornos e condicionantes dos diferentes sistemas de saúde.
    30. Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde e de lexislación sanitaria.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
    a) Coñecer os principios e aplicar os métodos propios da medicina preventiva saúde pública.
    b) Comprender o principio de factor de riesco e a súa importancia na prevención da enfermidade.
    c) Recoñecer os determinantes da saúde na poboación.
    d) Coñecer as bases da relación entre saúde e medioambiente.
    e) Coñecer os principios da seguridade alimentaria.
    f) Aprender las bases da saúde laboral.
    g) Coñecer cómo realizar a prevención e protección ante enfermidades, lesións e accidentes..
    h) Establecer as pautas para a administración de vacinas.
    i) Coñecer os principios da planificación, programación e avaliación de programas de saúde.
    j) Coñecer a planificación e administración sanitaria a nivel mundial, europeo, español e autonómico.
    k) Establecer as bases para a avaliación da calidade asistencial e estratexias de seguridade do paciente.
    l) Coñecer as implicacións económicas e sociais que comporta a actuación médica, considerando criterios de eficacia e eficiencia.
    Metodoloxía da ensinanza
    Desde o punto de vista cognitivo, a ensinanza encamiñarémola máis á educación conceptual que á transmisión pura e simple de información, xa que gran parte desta será posiblemente obsoleta antes de que o estudante teña a oportunidade de aplicala. Procuraremos a formación de conceptos, non a súa simple aprendizaxe de memoria, senón a interiorización da función conceptual, que capacite o alumno para comprender a nosa ensinanza e, cando se lle presente a oportunidade, modificar os modelos que xa non se axusten ben aos novos descubrimentos.
    Trataremos de capacitar os alumnos para que sexan capaces de proseguir despois, individualmente ou en equipo, a súa formación permanente e capacidade creativa. Máis que encher trataremos de formar cabezas; producir persoas educables que poidan aprender e adaptarse eficientemente.
    Presentaremos na aula os conceptos e procedementos relacionados cos contidos da materia, e faremos un
    seguimento grupal dos temas propostos para ser desenvolvidos nos seminarios.
    Discusións e presentacións de temas nos seminarios e titorías en grupos reducidos.
    Sistema de evaluación
    As actividades formativas de adquisición de coñecementos mediante o estudo individual, as lecturas recomendadas e as actividades de biblioteca e similares serán avaliadas mediante unha proba escrita.
    As actividades formativas nas que os estudiantes realicen algún tipo de traballo ou actividade de carácter grupal ou individual serán avaliadas a partir da documentación entregada polo alumno (informes) e/ou presentacións realizadas e as habilidades e actitudes mostradas durante a súa participación nos seminarios e nas prácticas.
    Se o número de alumnos permite o seguimento individual, este terá un peso do 20% na calificación final. En tanto esto non sexa posible o 100% da calificación basarase no resultado do exame, que consistirá nunha proba escrita tipo test y/ou exame tradicional de preguntas para desenvolver.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    - Expositivas: 30
    - Seminario: 10
    - Prácticas clínicas: 8
    - Titorías: 3

    Horas non presenciais:
    - Estudio individual. Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca o similares: 46 horas.
    - Búsqueda de material y elaboración de trabajos para los seminarios: 48 horas
    - Asistencia a charlas, u otras actividades recomendadas: 3.5 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Leer os temas antes das clases e seminarios e participar activamente en clases e seminarios preguntando todas as dúbidas.