G2051541 - Medicina do Traballo (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer a evolución histórica da medicina do traballo, o seu campo de actuación e o programa formativo actual da especialidade de Medicina do Traballo.
- Ensinar ao alumno a recoñecer e previr os riscos relacionados coa actividade laboral con especial énfase sobre os riscos relacionados co traballo hospitalario.
- Coñecer a lexislación básica en relación coa saúde laboral e a prevención de riscos laborais.
- Coñecer os distintos protocolos que se aplican ao realizar a vixilancia da saúde dos traballadores.
- Recoñecer os distintos tipos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais que poden afectar aos traballadores.
Contidos1. Saúde laboral, condicións de traballo e saúde, prevención de riscos laborais.
2. Servizos de prevención. Avaliación e plan de prevención de riscos laborais. Vixilancia da saúde dos traballadores.
3. Formación e información en saúde laboral prevención de riscos laborais.
4. Danos á saúde de orixe laboral: incapacidades, accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
5. Riscos do traballo do persoal sanitario. Concepto, importancia e clasificación.
6. Risco eléctrico e incendios.
7. Ergonomía e psicosocioloxía. Carga mental e traballo a quendas.
8. Carga física. Manipulación manual de cargas.
9. Riscos físicos. Ruído, radiacións ionizantes e non ionizantes.
10. Riscos químicos. Axentes citostáticos, gases anestésicos, óxido de etileno...
11. Riscos biolóxicos. Exposición a fluídos biolóxicos, tuberculose...
12. Residuos sanitarios.
13. Dermatite e dermatose laborais.
14. Síndrome do edificio enfermo.
15. Violencia laboral.
Bibliografía básica e complementaria- Gestal Otero J. Riesgos del Trabajo del Personal Sanitario. Madrid Interamericana– McGraw Hill; 2003.
- Ruiz Frutos C, García García A, Delclós J, García Benavides F. Salud laboral. 3ª ed. Barcelona: Elsevier- Masson; 2006.
- OIT. Enciclopedia de seguridad y salud en el trabajo. 3ª ed. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social; 2001.
- Gil Hernández F. Tratado de Medicina del Trabajo. 1ª ed. Barcelona: Masson, 2005.
CompetenciasCompetencias xerais:
- Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade a nivel laboral.
- Planificar e propor as medidas preventivas axeitadas para evitar ou diminuír os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.
- Recoñecer a importancia do traballo en equipo e a coordinación entre os distintos profesionais da saúde laboral e a prevención de riscos laborais.
Competencias específicas:
- Coñecer o ámbito de actuación do médico e enfermeiro do traballo e dos técnicos de prevención de riscos laborais (seguridade, hixiene e ergonomía).
- Saber actuar no caso de ter un accidente de risco biolóxico cando os alumnos realicen prácticas hospitalarias e posteriormente no desempeño da súa actividade profesional.
- Vacinas no ámbito laboral.
- Coñecer a lexislación básica e os protocolos en relación coa saúde laboral.
- Saber realizar unha avaliación de riscos básica e propor as correspondentes medidas preventivas.
Metodoloxía da ensinanza - Docencia expositiva: O profesor explicará os conceptos teóricos da materia fomentando a participación dos alumnos e resolvendo as dúbidas que poidan xurdir.
- Docencia interactiva: O profesor explicará os conceptos prácticos da materia e os alumnos traballarán sobre o contido dos mesmos.
Sistema de evaluación- Un 90% da nota corresponderá ao exame que poderá ser de tipo test ou de preguntas cortas sobre o temario da asignatura.
- Un 10% da nota corresponderá á avaliación continua do traballo e a participación dos alumnos na parte interactiva e expositiva.
Tempo de estudo e traballo persoalImpartiranse 16 horas de docencia expositiva e 8 horas de docencia interactiva en cada grupo e considéranse necesarias 40 horas de traballo complementario por parte dos alumnos.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa tanto na docencia expositiva como na interactiva e consulta da bibliografía recomendada.