Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051543 - Nutrición Clínica Pediátrica (Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 4.00
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Pediatría
  • Áreas: Pediatría
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BAUTISTA CASASNOVAS, ADOLFO LAUREANO.NON
CASTRO GAGO, MANUEL.NON
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ.NON
COUSELO SANCHEZ, JOSE MIGUEL.NON
FERNANDEZ LORENZO, JOSE RAMON.NON
FRAGA BERMUDEZ, JOSE MARIA.NON
Leis Trabazo, María Rosaura.SI
Martinón Sánchez, Jose María.NON
MARTINON TORRES, FEDERICO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CL-cli_01OrdinarioClínicos EEESNONNON
CL-cli_02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os fundamentos xerais da nutrición (historia e concepto da ciencia da nutrición, hábitos alimentarios, requerimientos nutricionais recomendados durante a niñez e adolescencia, guía para a planificación dietética e promoción do benestar nutricional, inxesta alimentaria e nutricional dos nenos e os adolescentes en España), da fisioloxía nutricional, da influencia da nutrición no desenvolvemento. Así como ensinar as técnicas para a avaliación do estado nutricional e as recomendaciones nas principais patoloxías pediátricas e coñecer e adquirir as habilidades e actitudes para a prevención, o diagnóstico e o tratamento das principais patoloxías nutricionais.
    Contidos
    1. Influencias sociais, culturais, educacionais, socioeconómicas e do hábitat sobre o consumo de alimentos e o estado nutricional.
    2. Bases fisiológicas e bioquímicas da nutrición: Regulación do balance enerxético. Regulación da inxesta (saciedade-apetito). Regulación hormonal. Funcións e metabolismo dos nutrientes. Auga. Grupos de alimentos. Calidade nutricional.
    3. Xenética Nutricional: Nutrixenómica, metabolómica e epixenética.
    4. Nutrición e crecemento. Valoración do estado nutricional: Composición corporal. Probas de laboratorio. Avaliación da inxesta de alimentos. Inxestas dietéticas de referencia. Táboas de composición de alimentos.
    5. Alimentación e nutrición da muller xestante, do feto, da muller lactante e do 1er. Ano de vida. Leite de muller. Fórmulas infantís e alimentación complementaria.
    6. Alimentación e nutrición do preescolar, escolar e adolescente. Alimentación e actividade física, TICs.
    7. Nutrición e desenvolvemento cerebral.
    8. Hábitos alimentarios saudables e de risco. Nutrición na idade pediátrica e o seu impacto na expresión génica, na regulación metabólica, na inmunidad, no stress oxidativo e na inflamación.
    9. Obesidade e as seas comorbilidades (dislipemia, resistencia á insulina, esteatosis hepática non alcohólica, síndrome metabólico…).
    10. Trastornos do comportamento alimentario.
    11. Déficits nutricionais.
    12. Nutrición en situacións especiais: Prematuridad, Erros Congénitos do Metabolismo, Déficit de Atención e Hiperactividad, Alerxia Alimentaria, Enfermidade Celíaca, diabetes, alteracións do metabolismo dos lípidos, intolerancia á lactosa.
    13. Nutrición enteral e parenteral. Técnicas. Composición de fórmulas.
    14. Alimentos funcionais. Probióticos, prebióticos e simbióticos e o seu papel na saúde e a enfermidade.
    15. Suplementos nutricionais: Enerxéticos, Omega-3, fibra, vitaminas, minerais….
    16. Interaccións fármacos-nutrientes.
    17. O neno e a alimentación colectiva. Comedor de guardería e escolar. Gastronomía.
    18. Publicidade e marketing de alimentos. Alegaciones nutricionais. Etiquetado dos alimentos. Seguridade alimentaria.
    19. Educación Nutricional. Informática Nutricional. Programas de Prevención e Intervención Nutricional Comunitarios. Recomendacións nutricionais e alimentarias saudables. Pirámide dos alimentos. Dieta Saudable Atlántica e Mediterránea.

    Bibliografía básica e complementaria
    Tratado de Pediatría M. Cruz. 10ª Edición Editor Manuel Cruz Hernández. Ergon ed. Madrid 2011.
    ISBN Obra completa: 978-84-8473-904-3
    DL: M-50707-2010

    R. TOJO (Tratado de Nutrición Pediátrica. Edit. Doyma. Barcelona 2001)

    Tratado de Nutrición. 2da ed. Editor Ángel Gil Hernández. Editorial Médica Panamericana. Madrid 2010.
    ISBN Obra completa (4 tomos) 978-84-9835-242-9
    DL: M-18412-2010

    Nutrición y Alimentación Humana. Editor José Mataix Verdú. Ergón ed. Madrid 2009.
    ISBN: 978-84-8473-664-6
    DL: B-54076-LI

    Competencias
    O alumno debe coñecer as características específicas biopsicosociales do neno e o adolescente, así como os seus compoñentes fisiolóxicos, patolóxicos e semiolóxicos.

    Debe adquirir habilidades concretas para a anamnesis do neno, orientada fundamentalmente á valoración nutricional, para a exploración, o diagnóstico e o tratamento das principais patoloxías nutricionais, así como para a alimentación e nutrición doutras patoloxías.

    Debe coñecer a alimentación do neno e adolescente normal, as guías alimentarias e adquirir habilidades para a prevención nutricional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Encádranse nas xerais: Clases expositivas, seminarios e práctica clínica, con uso de simulación
    Sistema de evaluación
    As actividades formativas de presentación de coñecementos e procedementos e de estudo individual do estudante serán avaliadas mediante unha proba escrita.

    As actividades formativas nas que os estudantes realicen algún tipo de traballo ou actividade de carácter grupal ou individual serán avaliadas a partir da documentación entregada polo alumno (informes).

    A actividade desenvolvida na práctica clínica será avaliada a partir do traballo desenvolvido polo alumno, así como as habilidades e actitudes mostradas durante a realización das mesmas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno debe distribuír o seu tempo de traballo persoal en estudo individual, procura de materiais, elaboración de traballos e exposición de materiais, solución de problemas e revisión do material de apoio.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable ser capaz de ler textos en inglés, así como manexar a nivel de usuario básico un ordenador.