G2051544 - Medicina Deportiva (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 29.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Cirurxía, Medicina, Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Cirurxía, Medicina, Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Dar a coñecer a biomecánica do aparello locomotor e a importancia que ten dentro da medicina deportiva
- Bases fisiolóxicas da práctica deportiva: estudo antropométrico do deportista, contracción muscular, requirimentos enerxéticos, fisioloxía de ligamentos e articulacións, fisioloxía respiratoria, cardiovascular, fisioloxía endócrina no deporte
- Diagnosticar e tratar as afeccións ortopédicas comúns en relación coa súa etioloxía conxénita, do desenvolvemento, traumáticas e dexenerativas
- Relacionar o tipo de estilo de vida, a nutrición e o exercicio coas afeccións ortopédicas
- Comprender a fisiopatoloxía das lesións traumáticas comúns coma distensións, escordaduras, contusións e luxacións e subluxacións (en nenos e adultos coma pronación dolorosa, ombreiro, falanxes, rótula...)
- Poder diferenciar entre lesións e fracturas simples susceptibles de ser tratadas polo médico de familia e as teñen que ser enviadas a un especialista en Cirurxía Ortopédica
- Describir as fracturas utilizando a terminoloxía e as definicións aceptadas na Traumatoloxía
- Avaliar correctamente os traumatismos da columna, o xeonllo e o nocello. Comprender a etiopatoxenia das artrites, tanto traumáticas como inflamatorias e infecciosas
- Coñecer entidades como bursite, tendinite, tenosinovite, fibrosite e dor muscular
- Coñecer certa patoloxía da columna vertebral e das extremidades e as lesións do crecemento coma as osteocondrose, infeccións e tumores
- Manexar os coñecementos adquiridos para o enfoque fisiopatolóxico do adestramento deportivo e a prevención e tratamento das posibles lesións
- Identificar os tratamentos conservadores: manipulacións, vendaxes, enxesados e aparellos ortopédicos; e a terapia física e os exercicios
- Comprender o papel que xoga o cirurxián ortopédico como consultor
ContidosBIOMECÁNICA:
1.- Principios xerais sobre mecánica
2.- Biomecánica do óso
3.- Biomecánica da cartilaxe articular
4.- Biomecánica do músculo
5.- Biomecánica dos tendóns e dos ligamentos
6.- Biomecánica das principais articulacións
FISIOLOXÍA DO DEPORTE:
1.- Estudo antropométrico do deportista: exame médico do deportista
2.- Requirimentos enerxéticos e fontes de enerxía para a contracción muscular
3.- Fisioloxía da contracción muscular e adaptación do músculo ao exercicio físico
4.- Anabolizantes fisiolóxicos
5.- Propiocepción: receptores musculares, motoneuronas, receptores sensoriais e reflexos, receptores articulares
6.- Fisioloxía articular
7.- Adaptación respiratoria ao exercicio físico
8.- Adaptación cardiovascular ao exercicio físico
9.- Adaptación do sistema hematopoético ao exercicio físico
10.- Adaptación renal ao exercicio físico
11.- Fisioloxía endócrina e exercicio físico
12.- Deporte en relación coa idade e o sexo
CIRURXÍA:
PARTE I:
Lección 1: O óso como material, órgano e tecido
Lección 2: As articulacións: a sinovial, a cartilaxe, os meniscos
Lección 3: Os tendóns
Lección 4: Os ligamentos
Lección 5: As unións miotendinosas
Lección 6: O músculo esquelético
Lección 7: Os nervios periféricos
Lección 8: A columna vertebral
Lección 9: A cintura escapular
Lección 10: O cóbado
Lección 11: O pulso e a man
Lección 12: A cintura pelviana e a cadeira
Lección 13: O xeonllo
Lección 14: O nocello
Lección 15: O pé
Lección 16: Os aparellos ortopédicos no deporte, tanto preventivos como terapéuticos. Vendaxes e medicina física
Lección 17: Primeiros auxilios no lugar da lesión
Lección 18: Métodos de tratamento conservador e cirúrxico nas lesións deportivas
Bibliografía básica e complementaria- Ciencias Básicas en Ortopedia. American Academy of Orthopaedic Surgeons, vols. 1 e 2, Medical Trens, S.L., Barcelona.
- Fucci, S.; Benigni, M. e Fornasari, V., Biomecánica del aparato locomotor aplicada al acondicionamiento muscular, 4ª edición, Elsevier, Madrid.
- Kapandji, A. I., Fisiología articular, 5ª edición, Editorial Médica Panamericana, Madrid, 2002.
- Millares Marrero, R. C., Biomecánica clínica del aparato locomotor, editorial Masson, Barcelona, 2002.
- Nordin, M. e Frankel, V. H., Biomecánica básica del sistema musculoesquelético, 3ª edición, McGraw-Hill-Interamericana, Madrid, 2004.
- Proubasta, I.; Gil Mur, J. e Panell, J. A., Fundamentos de Biomecánica y Biomateriales, editorial Ergon, Madrid,
Fisioloxía do deporte:
- The Physician and Sportsmedicine, publicacion mensual de McGraw-Hill Companies, dispoñible de forma gratuíta na rede.
- Wilmore, J. e Costill, D., Physiology of Sport and Exercise, 3ª edición, Humankinetics, 2004.
- Ehrman, J.; Gordon, P.; Visich, P. e Keteyian, S., Clinical Exercise Physiology, Humankinetics, 2003.
- Enciclopedia General del ejercicio, Editorial Paidotribo.
- Manual de consulta para el control y la prescipción del ejercicio, American College of Sports Medicine, Editorial Paidotribo.
- MacDougall, J. D.; Wenger, H. A. e Green, H. J., Evaluación fisiológica del deportista, editorial Paidotribo.
- Wilmore, Jack H. e Costill, D. L., Fisiología del esfuerzo y del deporte, editorial Paidotribo, 2004.
- Ferrández Portal, L. e outros, Manual Secot de Cirugía Ortopédica y Traumatología, editorial Médica-Panamericana, 2003.
- Munuera, L., Introducción a la Traumatología y Cirugía Ortopédica, McGraw-Hill-Interamericana.
- Grana, W. A. e Kalenak, A., Clinical Sports Medicine, editorial Saunders.
CompetenciasO alumno da materia aprenderá a efectuar unha correcta valoración do deportista antes da realización de calquera deporte, o que lle permitirá suxerir ou descartar a practica de algún(s) deporte(s) en particular. Coñecerá os requirimentos enerxéticos e a súa óptima utilización e poderá entender, para a súa aplicación futura, as bases fisiolóxicas e adaptacións do organismo ao exercicio físico coas súas repercusións fisiopatolóxicas. Un obxectivo final da materia será que os alumnos poidan encamiñar, con criterios claros, se así o requirisen, o seu futuro profesional cara a esta actividade e/ou entender as bases da correcta práctica do deporte escolar e/ou de competición, para asesorar na optimización do adestramento, prevención de lesións e o seu correcto tratamento (en termos do que un deportista precisa: tempo e eficiencia na rehabilitación). Na medida do posible, incluiranse na ensinanza clases prácticas, en colaboración con equipos deportivos da cidade.
Requíreselle aos solicitantes ter coñecementos das disciplinas relacionadas con este programa.
Preténdese capacitar os alumnos para:
- facer historia clínica e exploración física;
- interpretar e describir probas de imaxe como radiografías, etc.;
- coñecer probas como bloqueos analxésicos e artrocentese, etc.;
- asistir á práctica de manipulacións de luxacións, certas fracturas;
- coñecer a colocación de xesos e férulas;
- coñecer as medidas de atención inmediata no lugar do accidente e trasladar adecuadamente os lesionados susceptibles dun tratamento especializado;
- saber aconsellar sobre o tipo de deporte axustado á idade e ao nivel do candidato
Ademais:
- coñecer os efectos do déficit de actividade física e os seus efectos sobre o estilo de vida antes da lesión e da súa posible repercusión laboral;
- comprender o papel que xoga o cirurxián ortopédico e os servizos asociados na recuperación destes pacientes;
- promover estilos de vida saudables tanto para o individuo como para a comunidade, estimulando o adestramento e os exercicios físicos;
- estar receptivo aos problemas laborais e redución de ingresos económicos pola diminución da capacidade motora do paciente.
Metodoloxía da ensinanza - A materia Medicina do Deporte impártese durante o 2º cuadrimestre.
- Impártense 2 horas de teoría e 5 de prácticas á semana.
- A docencia impártena os seguintes departamentos:
- CIENCIAS MORFOLÓXICAS: 10 horas;
- FISIOLOXÍA: 15 horas;
- MEDICINA: 5 horas;
- CIRURXÍA: 15 horas.
Sistema de evaluaciónFarase unha avaliación continua mediante controis periódicos e revisión do traballo realizado.
- BIOMECÁNICA: exame test de resposta múltiple no que o nivel de aprobado é do 60%.
- FISIOLOXÍA: exame test de resposta múltiple no que o nivel de aprobado é do 60%.
- CIRURXÍA: exame final test de resposta múltiple no que o nivel de aprobado é do 60%.
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais:
- Horas teoría: 30
- Horas seminarios: 38
- Horas non presenciais para a preparación do exame: 3 horas semanais de estudo e 3 horas de consulta de textos e bibliografía.
- Horas de avaliación: 2.
Recomendacións para o estudo da materiaRecordo dos coñecementos previamente adquiridos en Anatomía, Bioquímica, Fisioloxía e Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía coa súa adecuación a unha situación especial como é o exercicio físico e o deporte de competición
ObservaciónsRecoméndase, ademais da asistencia á clase, a utilización dos textos básicos de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Anatomía e Fisioloxía, que se encontran á disposición dos alumnos nas bibliotecas da Facultade de Medicina e do Hospital Clínico Universitario.