Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

G2051545 - Micoloxía Médica (Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 10.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 23.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía
  • Áreas: Microbioloxía, Dermatoloxía
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER.NON
PEREIRO FERREIROS, MANUEL.SI
PEREIRO FERREIROS, MARIA MERCEDES.NON
REGUEIRO GARCIA, BENITO JOSE.NON
SANCHEZ-AGUILAR Y ROJAS, MARIA DOLORES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A Micoloxía Médica é a rama da Medicina que trata das enfermidades causadas polos fungos, dos grupos dos barola e das levaduras. As ditas enfermidades son moi comúns e de interese en tódalas especialidades médicas, por canto poden causar dende micoses superficiais ate micoses profundas graves nos inmunodeprimidos.
    As diferenzas dos fungos cos restantes seres vivos abondan para consideralos coma un Reino independente. Moitas das especies deste Reino causan enfermidades nos homes por distintos mecanismos. Deixando á parte os envelenamentos causados por inxestión de basidiomicetes (cogomelos), son capaces de invadir e destruír tecidos vivos, pero tamén poden provocar respostas de tipo inmune ou alerxias no hóspede, que moitas veces orixinan cadros clínicos graves ou de difícil solución.
    Nesta materia, preténdese que os alumnos aprendan a identificar as especies de fungos patóxenos máis comúns no noso país, que causan micoses superficiais, subcutáneas e sistémicas. Deberán ser capaces de recoñecer os cadros clínicos que as devanditas especies causan, e mais as claves diagnósticas partindo dos feitos clínicos e dos datos obtidos no laboratorio. Aprenderán tamén as peculiaridades da súa epidemioloxía, e dos tratamentos médicos ou cirúrxicos que requiren os devanditos cadros clínicos.

    Contidos
    PROGRAMA DE MICOLOXÍA MÉDICA
    1.
    XENERALIDADES E INTRODUCIÓN AO DIAGNÓSTICO CLINICO E DE LABORATORIO
    a. Introdución.
    b. Diagnóstico clínico.
    c. Tipos de espécimes. Transporte. Procesado das mostras. Seguridade no manexo de mostras.
    d. Exames de espécimes en fresco (exame en fresco). Equipos. Reactivos. Tinguiduras.
    e. Interpretación dos resultados.
    2. CULTIVO E ILLAMENTO DE FUNGOS A PARTIR DE ESPECÍMENES CLÍNICOS
    a. Introdución.
    b. Preparación dos especímenes para o illamento primario.
    c. Medios axeitados para o illamento primario. Medios de propósito xeral. Medios con aditivos.
    d. Interpretación dos resultados. Pasos para a identificación preliminar dos fungos illados.
    3. MICOSES SUPERFICIAIS POR DERMATOFITOS E OUTROS FUNGOS.
    a. Clínica das dermatofitoses.
    b. Clasificación segundo os seus reservorios e características nos cultivos dos xéneros Microsporum, Trichophyton e Epidermophyton.
    c. Medios especiais e identificación destes axentes mediante técnicas convencionais.
    4. MICOSES SUPERFICIAIS POR FUNGOS NON DERMATOFITOS.
    a. Clínica das micoses causadas por fungos non dermatofitos (Hendersonula, Scytalidium, Onicomicose, Otomicose, Queratite fúnxica, Tinea nigra, Pedra nigra).
    b. Medios especiais e identificación destes axentes mediante técnicas convencionais.
    5. MICOSES POR FUNGOS LEVADURIFORMES E MICOSES SUBCUTÁNEAS.
    a. Clínica: candidiase, micoses por outras levaduras (Cryptococcus, Trichosporon, Hansenula, Saccharomyces, etc.).
    b. Medios especiais e identificación destes axentes mediante técnicas convencionais.
    c. Micoses subcutáneas: Micetoma (Eumicetomas). Clínica. Identificación no laboratorio.
    d. Cromomicose. Feohifomicose. Esporotricose. Lobomicose. Rinosporidiose: Clínica. Identificación no laboratorio.
    6. MICOSES SISTÉMICAS I
    a. Fungos dimorfos: Blastomyces dermatitidis, Histoplasma capsulatum, Coccidioides inmitis, Paracoccidioides brasiliensis, Penicillium marneffei. Clínica, diagnóstico no laboratorio, tratamento.
    7. MICOSES SISTÉMICAS II
    a. Fungos oportunistas: Mucorales, Hifomicetos hialinos (Fusariose, Penicilinose, Aspergilose, etc.).
    b. Micose no paciente inmunodeprimido. Clínica, diagnóstico no laboratorio, tratamento.
    8. FÁRMACOS ANTIFÚNXICOS
    a. Fármacos antifúnxicos, xeneralidades, mecanismos de acción, determinación da súa sensibilidade no laboratorio.
    b. Tratamento das micoses.
    9. HISTOPATOLOXÍA DAS MICOSES
    a. Procesamento de mostras.
    b. Métodos de tinción.
    c. Interpretación dos resultados.
    10. SISTEMÁTICA TAXONÓMICA MEDIANTE TÉCNICAS DE BIOLOXÍA MOLECULAR
    a. Técnicas empregadas.
    b. Procesamento de materiais.
    c. Interpretación dos resultados.

    As prácticas e seminarios da materia organizaranse en función do número de alumnos matriculados.

    Bibliografía básica e complementaria
    J W Rippon. Medical Mycology 3ª ed. WB Saunders Co, Philadelphia 1988.

    E G V Evans, M D Richardson. Medical Mycology. A practical approach. Oxford University Press, Oxford 1989.

    M. Pereiro Miguens, M. Pereiro Ferreirós, M. Pereiro Jr. Candidiasis genital. En: J. J. Vilata. enfermidades de transmisión sexual. Ed. J. R. Prous Editores. Barcelona, 1993, pp. 431-442.

    M. Pereiro Miguens, M. Pereiro Jr., Dermatofitosis y sus agentes etiológicos. En: J. Mª Torres-Rodríguez, A. Del Palacio Herranz, J. Guarro-Artigas, R. Negroni-Briz, M. Pereiro-Miguens, Micología Médica. Ed. Massons. Barcelona, 1993, pp. 103-129.


    M. Pereiro Jr, Mª Mercedes Pereiro Ferreirós, J. Labandeira, B. Rodríguez Ferreiro, L. Casas y J. Toribio. PCR en dermatofitos. En J Peiry (ed). Actualización en Dermatología (II). Grupo Aula Médica, Madrid 1994, pp. 111-115.

    M. Pereiro Jr, J. Toribio. Infecciones fúngicas de uñas y cabello. En M. Lecha (ed), Temas Actuales en Dermatología 3. Ediciones Doyma, Barcelona 1995, pp. 1-27.


    M. Pereiro Jr., A. Losada y J. Toribio. Mecanismos de patogenicidad de las infecciones por Candida. En J Peiry (ed). Actualización en Dermatología (III). Ed. Grupo Aula Médica, Madrid, 1996, pp 91-101.-31.945-1996

    de Hoog GS, Guarro J, Gené J, Figueras M. J. Atlas of clinical fungi 2ª ed. Ed Centraalbureau voor Schimmelcultures. Baarn 2000.

    G Midgley,Y Clayton, R J Hay. Medical Mycology. Diagnosis in color. Mosby-Wolfe, London 1997.

    M. Pereiro Jr., J. Toribio. Epidemiología de las onicomicosis. En: J. Peyrí (ed). Onicomicosis. Ed. Grupo Aula Médica, Madrid, 2002, pp 9-15.

    M. Pereiro Jr., M. Pereiro-Miguens. Dermatosis fitoparasitarias. Nomenclatura. micoses cutáneas. En: J. Ocaña Sierra (ed). Lecciones de Cátedra en Dermatología II. Ed. Drug Farma S. L., Madrid, 2002, pp 51-56.

    M. Pereiro Jr., J. Toribio Pérez. Onicomicosis. En: J. J. Vilata (ed): Micose cutáneas. Editorial Médica Panamericana, Madrid, 2006, pp 121-129.-X


    L. Pérez-Pérez, M. Pereiro Jr., J. Toribio. Classification of yeasts of the genus Malassezia by sequencing of the ITS and D1/D2 regions of DNA. En: Y. Gherbawy, K. Voigt (eds.) Molecular identification of fungi. Springer Verlag, Berlin, Heidelberg, New York (2010), pp.

    Competencias
    Deberán ter coñecementos teóricos da micoloxía xeral, especialmente das especies capaces de causar enfermidades infecciosas.
    Coñecer como se fai una historia clínica orientada a patoloxía fúnxica, que inclúa toda a información importante. Para iso deberán saber como escoitar con atención, obter e sintetizar, a información dos problemas dos doentes, e comprender o contido desa información para redactar a historia clínica de forma intelixible.
    Recoñecer e saber describir os principais cadros clínicos, o manexo dos especímenes para o seu cultivo, os procedementos rutineiros para a súa identificación no laboratorio, valoración axeitada dos resultados obtidos, elección do tratamento oportuno para cada caso, e seguimento adecuado dos doentes.

    Metodoloxía da ensinanza
    Cada tema teórico exporase en 45-50 minutos. Os minutos restantes adicaranse a resolver as dúbidas ou aclarar conceptos.
    Na discusión dos casos clínicos incidirase na presentación clínico morfolóxica das diferentes síndromes e os procesos mais frecuentes na práctica clínica.
    As prácticas de laboratorio realizaranse nos espazos dispoñibles nos Departamentos de Dermatoloxía e Microbioloxía, integrándose na práctica rutineira. O obxectivo é que sexan capaces de realizar unha identificación presuntiva, elixir os procedementos de laboratorio axeitados para cada caso, e identificar os patóxenos máis comúns na práctica diaria.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante avaliación continuada e, no seu caso, un exame que constará de dúas partes: unha parte teórica e outra práctica.
    O exame teórico consistirá en 20-30 preguntas.
    No exame práctico avaliarase o enfoque para a identificación, e basearase nas actividades realizadas durante as prácticas.
    A cualificación final obterase pola suma dos resultados do exame teórico e o exercicio práctico nunha proporción de 6:4 sobre un total de 10, debéndose obter 5 puntos en total. Tamén se valorarán os datos da avaliación continuada podendo estes mellorar a puntuación obtida no exercicio práctico.
    Valoraranse preferentemente os datos da avaliación continuada. Os exames realizaranse nas convocatorias oficiais.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais do tempo adicado á asistencia ás clases teóricas (10 horas) e prácticas (4 horas), o tempo que cada alumno deberá adicar ó estudo da materia, dependerá do seu interese e capacidade. Deberíase reservar polo menos 1 hora cada día para o estudo do explicado nas clases teóricas e prácticas.
    As horas de preparación das avaliacións dependerán da capacidade do alumno. Terase en conta a participación nas clases e prácticas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clases teóricas e prácticas, e participación activa nelas. Debe afacerse a establecer unha sistemática integrando resultados de laboratorio e datos clínicos para chegar a un diagnóstico.