G2051548 - Coidado da Saúde do Adolescente (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 4.00
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Pediatría
- Áreas: Psiquiatría , Pediatría
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer o crecemento, a maduración, o desenvolvemento e a función normal dos diferentes aparellos, órganos e sistemas durante a adolescencia. Así como que é un período crítico do desenvolvemento, no que o crecemento é máximo e finalízase a maduración. Coñecer e adquirir as correspondentes habilidades e actitudes para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais situacións patolóxicas na adolescencia, e coñecer os principais riscos para a saúde neste período da vida, cunha visión integral biopsicosocial.
ContidosCoidado dá Saude do Adolescente
(12 expositivas e 8 seminarios)
1.- Adolescencia. Definición e características xerais.
2.- Alimentación no adolescente
3.- Patoloxías nutricionais no adolescente
4.- Alteracións do comportamento alimentario
5.- Desenvolvemento puberal e patoloxía xinecolóxica no adolescente
6.- Patoloxía psicoemocional no adolescente.
7.- Patoloxía infecciosa e prevención da SIDA na adolescencia.
8.- Patoloxía respiratoria crónica no adolescente.
9.- Patoloxía neurolóxica no adolescente.
10.- Patoloxía oncolóxica e hematolóxica no adolescente.
11.- Patoloxía quirúrxica no adolescente.
12.- Accidentes no adolescente.
Bibliografía básica e complementariaBásico
* CRUZ (Manual de Pediatría, 2ª edición 2008)
Xenerais
* CRUZ (Tratado de Pediatría 10ª edición 2011).
* NELSON (Textbook of Pediatrics 18th edition 2008).
* Tom LISSAUER y Graham CLAYDEN (Texto ilustrado de Pediatría, 3ª edición 2009)
* Dulanto. El Adolescente. McGraw-Hill Interamericana
* McAnamey, Kreipe, Orr, Comerci. Textbook of Adolescent Medicine.
De especialidades pediátricas
* M.POMBO (Tratado de Endocrinología Pediátrica. McGraw-Hill Interamericana. 4ª edición 2009
* R. TOJO (Tratado de Nutrición Pediátrica. Edit. Doyma. Barcelona 2001)
* M. CASTRO-GAGO (Tratamiento de las enfermedades neurológicas en niños y adolescentes. Edit. Espaxs. Barcelona, 1999)
CompetenciasCoñecer as características específicas biopsicosociales do adolescente e os seus compoñentes fisiolóxicos, patolóxicos e semiolóxicos especiais.
Adquirir habilidades concretas tanto para a anamnesis do adolescente e a súa familia, como para a exploración, o diagnóstico e o tratamento.
Metodoloxía da ensinanza Encádranse nas xerais: Clases expositivas, seminarios e práctica clínica, con uso de simulación
Sistema de evaluaciónAs actividades formativas de presentación de coñecementos e procedementos e de estudo individual do estudante serán evaluadas mediante unha proba escrita.
As actividades formativas nas que os estudantes realicen algún tipo de traballo ou actividade de carácter grupal ou individual serán avaliadas a partir da documentación entregada polo alumno (informes).
A actividade desenvolvida na práctica clínica será avaliada a partir do traballo desenvolvido polo alumno, así como as habilidades e actitudes mostradas durante a realización das mesmas.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno debe distribuír o seu tempo de traballo persoal en estudo individual, procura de materiais, elaboración de traballos e exposición de materiais, solución de problemas e revisión do material de apoio.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ aconsellable ser capaz de ler textos en inglés, así como manexar a nivel de usuario básico un ordenador.