Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2081201 - Patoloxía Respiratoria Crónica, Xeneticamente condicionada e os seus efectos sobre o desenvolvemento (Optativas xerais módulo Nutrición e Xenética) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 1.00
  • Total: 1.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 3.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 8.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Pediatría, Departamento Externo
  • Áreas: Pediatría, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO GAGO, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Realización da anamnesis e a semioloxía dos feitos suxerentes de patoloxía respiratoria e o seu uso adecuado para a orientación diagnóstica.
    • Utilización das ferramentas diagnósticas das enfermidades que nos ocupan (espirometría, medición domiciliaria do pico espiratorio de fluxo).
    • Coñecer os aspectos xenéticos, desde unha perspectiva clínica, desta patoloxía e os precipitantes da súa posta en marcha.
    • Capacidade para a revisión da documentación dos avances nos coñecementos etiolóxicos, patoxénicos, diagnósticos e terapéuticos das enfermidades pediátricas respiratorias condicionadas xenéticamente

    Contidos
    • Rinitis crónica
    • Respiración silbante do lactante
    • Asma
    • Fibrosis quística
    • Síndrome de discinesia ciliar
    • Inmunodeficiencias primarias e adquiridas

    Bibliografía básica e complementaria
    - Villa JR. “Sibilancias en el lactante 2009”. Madrid. Luzán 5, S.A. 2009
    - GINA 2006. Global initiative for asthma. Global sytategy for asthma Management and prevention NHLBI/WHO workshop report. 2006. http://www.ginasthma.com
    - GEMA 2009. Guía española para el manejo del asma. Madrid. Louzán 5, S.A. 2009
    - O´Sullivan BP, Freedman SD. “Cystic fibrosis”. Lancet 2009; 373:1891-904
    - Chernick V, Boat T. “Kendig’s disorders of the respiratory tract in children”. Philadelphia. WB Saunders Company. 2006
    - National Asthma Education and Prevention Program. J Allergy Clin Immumol; 20007; 120:S4-S138


    Competencias
    • O alumno debe de adquirir destreza na realización da anamnesis e a semioloxía dos feitos suxerentes de patoloxía respiratoria e o seu uso adecuado para a orientación diagnóstica.
    • O alumno ha de adquirir habilidade na utilización das ferramentas diagnósticas das enfermidades que nos ocupan (espirometría, medición domiciliaria do pico espiratorio de fluxo, probas dos distintos laboratorios, exploracións de imaxe, fibrobroncoscopia, detección de IgE específica tanto in vivo como in vitro…) para a confirmación do diagnóstico empírico, de gravidade e etiolóxico da patoloxía respiratoria crónica do neno que nos ocupa.
    • O alumno ha de coñecer os aspectos xenéticos, desde unha perspectiva clínica, desta patoloxía e os precipitantes da súa posta en marcha.
    • O alumno demostrará no proceso evaluativo a súa capacidade para a revisión da documentación dos avances nos coñecementos etiológicos, patogénicos, diagnósticos e terapéuticos das enfermidades pediátricas respiratorias condicionadas xenéticamente.

    Metodoloxía da ensinanza
    • Os alumnos interactuarán en foros cos profesores para adquirir os coñecementos prácticos relacionados cos obxectivos fixados ao detallar as competencias.
    • Os alumnos afrontarán a solución dos distintos casos prácticos que se presenten.
    • Grupos de tres ou catro alumnos elaborarán protocolos terapéuticos sobre temas do programa, coa finalidade de reforzar o traballo en equipo e que serán discutidos entre todos os alumnos matriculados e cos profesores.
    • Os alumnos deben revisar a bibliografía recomendada, o cal será acreditado no exame de preguntas tipo test que se levará a cabo a final de curso.
    • Os alumnos realizarán un traballo sobre un dos temas do programa, a fixar cos profesores, dunha extensión de 20 a 30 folios.

    Sistema de evaluación
    • A participación nos foros terá unha repercusión na cualificación do 20%
    • A calidade do traballo en grupo repercutirá na cualificación un 20%
    • A calidade do traballo individual será do 30%
    • O exame tipo test outro 30%

    Observacións
    O programa completo está colgado na Plataforma Virtual: http://campusvirtual.ugr.es