P2121102 - Epidemioloxía Avanzada (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo da materia é que o alumno deseñe adecuadamente estudos epidemiolóxicos e ademais teña os coñecementos necesarios para analizalos.
O alumno debe coñecer os fundamentos de modelos avanzados de estudos epidemiolóxicos (estudos aniñados, metaanálisis), debe saber realizar mostraxes, coñecer a influencia do sesgo de non resposta e detectar e controlar diferentes tipos de sesgos e erros.
ContidosDeseño de estudos epidemiolóxicos.
Modelos avanzados: Estudos anidados, metaanálise, mostraxe probabilístico.
Métodos de análise da non resposta.
Control de sesgos e erros.
Escritura e publicación científica
Bibliografía básica e complementaria- Piédrola Gil et al. Medicina preventiva y salud publica. 11ª Edición. Barcelona: Masson, 2008.
- Echevarría J. Introducción a la metodología de la ciencia. Barcelona: Editorial Barcanaova, 1989.
- Rebagliato M, Ruiz I, Arranz M. Metodología de investigación en epidemiología. Ed Díaz de Santos. 1996. Con explicacións sinxelas percorre todos os pasos no deseño de investigacións, desde búsqueda de literatura, elaboración de hipótese e deseño de cuestionarios. Moi recomendable para non iniciados.
- Argimón JM, Jiménez Vila J. Métodos de investigación aplicados a investigación primaria de salud. Ed Mosby/Doyma libros. 1994. Libro con exemplos prácticos de investigación en clínica. Trae información detallada sobre cálculo de tamaños mostrales e contraste de hipótese.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_epidemiologico_ultimo_23-01-10.pdf
- Rothman KJ, Greenland S. Modern Epidemiology. Ed Lippincott Raven. 1998. Libro de referencia en epidemioloxía donde se explican de xeito detallado os diferentes diseños epidemiolóxicos.
- Sackett/Haynes/Guyatt/Tugwell. Epidemiología clínica. Ed Panamericana. 1994. Este libro é un clásico de epidemioloxía clínica. Trae tres partes diferenciadas, unha sobre probas diagnósticas, outra sobre estudos lonxitudinales e outra de habilidades en clínica
CompetenciasOs alumnos deben, ao finalizar o módulo:
- Seleccionar o deseño epidemiolóxico máis axeitado ante unha pregunta de investigación concreta.
- Valorar se son pertinentes deseños epidemiolóxicos específicos ante preguntas de investigación concretas.
- Coñecer os métodos máis axeitados de control de sesgos en cada deseño epidemiolóxico
- Localizar correctamente información científica nas bases de datos dispoñibles.
- Valorar a importancia das perdas nun estudo epidemiolóxico
- Coñecer como poden afectar as perdas aos resultados dun estudo epidemiolóxico.
- Saber escribir un artigo científico
- Saber publicar un artigo científico
Metodoloxía da ensinanza Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía mais relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis fundamentais fomentando a participación dos alumnos.
Con anterioridade ás sesións de seminario o profesor comunicará os obxectivos do mesmo, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsqueda de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema.
A sesión de Seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introductor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Sistema de evaluaciónPasarase lista. Os alumnos con máis do 10% de faltas non poderán presentarse ao exame.
Os alumnos deberán facer tódolos traballos obligatorios que se lles poñan.
O exame contará ata un 100% da nota. O peso do exame poderá baixar no caso de que os profesores indiquen a realización de determinadas actividades aos alumnos. O posible peso destas actividades, no caso de facerse, poderá ser até dun 30% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalOs traballos que se presenten nas clases interactivas deben ser realizados fóra do horario de clases. Como traballo persoal os alumnos teñen que ampliar pola súa conta os contidos das clases teóricas, utilizando para iso a bibliografía entragada e as bases de datos necesarias para localizar información para os traballos.
Ademais, para o exame da materia é necesario tempo de estudo. Este tempo é pouco se levan ao día as clases interactivas e as clases teóricas.
Recomendacións para o estudo da materiaAtender a todas as clases, consultar todas as dúbidas e participar activamente nos seminarios e nos traballos en grupo que o profesor encargue.