P2121104 - Epidemioloxía Aplicada (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Desenvolver actitudes e fomentar a adquisición de coñecementos para levar a cabo a vixilancia epidemiolóxica e o estudo epidemiolóxico de casos e brotes de enfermidades, e decidir sobre as medidas preventivas a adoptar en cada situación.
- Capacitar ao alumno para a identificación e análise epidemiolóxico de factores de risco, e adopción das medidas preventivas oportunas.
- Capacitar ao alumno para a investigación dun brote e determinar as medidas preventivas
- Dar ao alumno un sentido e prioridade do colectivo, tendo sempre en conta a interrelación do individuo e o seu ambiente, e o carácter multifactorial das enfermidades.
- Motivar ao alumno por a mellora das condicións de vida da poboación.
ContidosDocencia expositiva (18 horas)
- Epidemioloxía Xeneral das Enfermidades Transmisibles
- Medicina Preventiva Xeral das Enfermidades Transmisibles. Vixiancia Epidemiolóxica
- Modelos de transmisión de enfermidades
- Estudio de Brotes: Aspectos xerais
- Estudio dun brote de toxiinfección alimentaria
- Tuberculose: Epidemioloxía e prevención
- Enfermidades Infecciosas Emerxentes
- Enfermidades transmitidas por vectores
- Epidemioloxía das Enfermidades Crónicas: Estratexias de prevención. Cribados.
- Cáncro (I)
- Cáncro (II)
- Enfermidades Cardiovasculares
Docencia interactiva (24 horas)
-Estudio de brotes
- Presentacións do Grupo 1: Enfermidades de transmisión fecal-oral: Hepatite A. Erradicación da Poliomielite.
- Presentacións do Grupo 2: Enfermidades de transmisión parenteral (Hepatite B, C, D e VIH/SIDA).
- Presentacións Grupo 3: Enfermidades infecciosas emerxentes. Enfermidade dos lexionarios. vECJ..
- Presentacións do grupo 4: Zoonosis: Brucelosis. Rabia.
Titorías (6 horas)
Bibliografía básica e complementariaSierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva e Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.
Presentacións e materiais facilitados na aula
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientales, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propor a adopción das medidas preventivas máis acaídas
Competencias específicas de a materia:
- Desenvolver actitudes e adquirir os coñecementos para levar a cabo a vixilancia epidemiolóxica e o estudo epidemiolóxico de casos e brotes de enfermidades, e decidir sobre as medidas preventivas a adoptar en cada situación.
- Coñecer e comprender a metodoloxía de vixilancia epidemiolóxica aplicada ao estudo das enfermidades.
- Coñecer os criterios para identificar os distintos factores de risco, así como que adquira a capacidade de analizalos epidemiolóxicamente e pór en marcha as medidas preventivas oportunas.
- Adquirir sentido e prioridade do colectivo, tendo sempre en conta a interrelación do individuo e su ambiente, e o carácter multifactorial das enfermidades.
- Sentir interese pola mellora das condicións de vida da poboación.
- Ser quen de investigar un brote e determinar as medidas preventivas a aplicar
Metodoloxía da ensinanza Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos
Con anterioridade ás sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos e facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsqueda de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá ter traballado previamente sobre o tema.
As sesións interactivas serán moi activas e participativas asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
Sistema de evaluaciónPriorizarase a avaliación continua, valorando a participación nas clases e o traballo individual nas sesións interactivas e a capacidade de interacción de grupo cun peso do 40% da cualificación final. O exame dos contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso que non excederá do 60% da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno dedicará alomenos 52 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, y á búsqueda bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ conveniente que os alumnos adquiriran una boa formación en Epidemioloxía durante os estudos de grado e teñan capacidade de lectura en inglés.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais. A asistencia ás clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa adicación do tempo necesario á lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases así como á búsqueda bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar a materia.