P2121105 - Saúde Ambiental (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Capacitar ao alumno para identificar os factores ambientais más importantes relacionados co proceso saúde-enfermidade.
- Fomentar no alumno o recoñecemento e valoración das relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
- Concienciar ao alumno da necesidade e importancia que ten a protección da saúde para aumentar o benestar e a calidade de vida.
ContidosDocencia expositiva (9 horas):
1. Ecoloxía e saúde: Saneamento ambiental. Contaminación atmosférica: Contaminantes químicos. Control. Redes de vixilancia.
2. Saúde da Terra: Choiva ácida. Efecto invernadoiro. Cambio climático.
3. Auga de bebida. Contaminación biótica e abiótica. Depuración de auga de bebida. Augas residuais: Depuración nos medios urbano e rural.
4. Residuos sólidos urbanos. Residuos industriais. Residuos sanitarios.
5. Ruído. Contaminantes físicos: Radiacións ionizantes e non ionizantes. Campos electromagnéticos.
6. Diagnóstico de Saúde Ambiental: Situación actual e perspectivas de futuro en Galicia.
7. Hixiene dos alimentos.
8. Factores de risco ambiental: Avaliación de riscos. Análise filosófico. Elementos da avaliación: Identificación de perigos; Exposición, Dose-resposta; Caracterización do risco
9. Xestión de riscos. Concepto. Consideracións xerais. Marco de xestión. Estratexias de xestión. O principio de precaución. Límites lexislados. Posta en práctica. Avaliación de resultados. Comunicacións de riscos. Condicións xerais. Consulta expertos FAO/OMS. Conclusións.
Docencia interactiva (12 horas):
1. Riscos medioambientais.
- Legionella.
- Augas de consumo humano. Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC).
2. Riscos alimentarios:
- Rede Alerta Europea.
- Plano de Xestión da EEB.
- Riscos en matadoiros e trazabilidade (SEMAGA).
- Programas da industria da pesca e novo enfoque de inspección.
- Sistemas de autocontrol do risco baseado no sistema de análise de perigo e control de puntos críticos (APPCC) nas empresas.
3. Riscos sobrevidos:
- Xestión riscos das mareas vermellas.
- Xestión de riscos do accidente do Prestige.
Titorías (3 horas)
Bibliografía básica e complementariaSierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.
CompetenciasCompetencias da titulación as que contribúe a materia:
o Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
Competencias específicas da materia:
o Comprender a necesidade e importancia que ten a protección da saúde para aumentar o benestar e a calidade de vida.
o Estar cualificado para identificar os factores ambientais más importantes relacionados co proceso saúde-enfermidade e a súa relación co nivel de saúde da poboación.
Metodoloxía da ensinanza Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos
Con anterioridade as sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsquea bibliográfica complementaria, e organizará traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá ter traballado previamente sobre o tema.
As sesións interactivas serán moi activas e participativas asumindo o profesor o rol de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia.
Sistema de evaluaciónValorarase a participación nas clases e o traballo individual nas sesións interactivas (40% da nota final). O exame de contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso do 60% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsquea bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
Recomendacións para o estudo da materiaA preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar a materia.