P2121107 - Traballo Fin de Máster (Traballo Fin de Máster e Prácticas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 60.00
- Horas de Titorías: 180.00
- Total: 240.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Estatística e Investigación Operativa
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Estatística e Investigación Operativa
- Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| Aguiar Gonzalez-Redondo, Maria Remedios. | NON |
| BARROS DIOS, JUAN MIGUEL. | NON |
| CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO. | NON |
| FERNANDEZ GONZALEZ, CARLOS. | NON |
| FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO. | NON |
| GESTAL OTERO, JUAN JESUS. | NON |
| MONTES MARTINEZ, AGUSTIN. | NON |
| PEREZ RIOS, MONICA. | NON |
| REGUEIRA MENDEZ, CARLOS MANUEL PASTOR. | NON |
| RUANO RAVIÑA, ALBERTO. | NON |
| Smyth Chamosa, Ernesto. | NON |
| Takkouche Souilamas, El Bahi. | NON |
| TARACIDO TRUNK, MARGARITA. | NON |
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1).-Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en ámbitos relacionados coa/s liña/s de investigación establecida/s.
2).-Potenciar as habilidades de aprendizaxe que lles permitan investigar de forma autónoma.
3).-Poñer en práctica a capacidade de comunicación oral e escrita.
ContidosO contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos e des titores. Incluirá, o desenvolvemento dunha investigación mediante tarefas de busca e revisión bibliográfica avanzada, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.
Seguindo o formato dunha publicación científica.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía será proposta polo titor, sobre o diseño dun traballo e a específica do traballo que se asignou ao estudante.
Competencias- Definir os obxectivos dun traballo de investigación
- Identificar un problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
- Deseñar e organizar tarefas segundo o/os obxectivos/s formulado/s
- Buscar, seleccionar, e revisar criticamente a información relevante relacionada co tema.
- Utilizar e intergrar os coñecementos adquiridos nas demais materias.
- Organizar a información.
- Analizar e discutir resultados.
- Establecer conclusións do traballo realizado.
- Identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxestións
Metodoloxía da ensinanza O alumno realiza e presenta un traballo no que demostre as competencias adquiridas o longo dos seus estudos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións teóricas de deseño dos traballos e traballo titorizado.
- Selección de titores académicos dentro dos profesores do Master
- Selección de tema
- Programación do traballo: o titor establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo.
- Presentación escrita do traballo e defensa oral do traballo ante o tribunal.
Sistema de evaluaciónBasearase no traballo realizado:
- Avaliación continuada: execución sistemática do traballo, seguimento das orientacións do titor, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.
-Presentación do traballo: escrita e oral segundo normas establecidas pola Comisión Académica do Máster. Con carácter xeral, valorarase: a presentación e os contidos; normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
Tempo de estudo e traballo persoalAtendendo aos créditos da materia (12 ECTS), requírense 300 horas
Recomendacións para o estudo da materiaManexo das bases de datos de publicacións periódicas en inglés.
Deseño e escritura de artigos científicos
Manexo de conceptos básicos de estatística.
Utilización dos recursos que proporciona a Biblioteca da USC. Dispoñible en: http://busc.usc.es/