Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Medicina e Odontoloxía  »  Información da Materia

P2121201 - Planificación e Programación Sanitaria (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ GONZALEZ, CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Dotar ao alumno das ferramentas da planificación e programación sanitarias.
    - Fomentar no alumnado a capacidade de análise
    - Capacitar para a toma de decisións
    - Fomentar o traballo en grupo
    Contidos
    Docencia expositiva (9 horas):
    1. Planificación, programación e avaliación de servizos sanitarios.
    2. Ferramentas da planificación e programación sanitarias.
    3. Métodos de priorización.
    4. Formulación de obxectivos.
    5. Avaliación de intervencións.

    Docencia interactiva (12 horas):
    Exercicios prácticos de planificación

    Titorías (3 horas)


    Bibliografía básica e complementaria
    - Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2ª ed. Barcelona: Masson, 1989.

    - Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.

    Competencias
    Competencias da titulación as que contribúe a materia:
    o Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
    o Deseñar e analizar estudios epidemiolóxicos

    Competencias específicas da materia:
    o Coñecer as ferramentas de planificación e programación sanitarias
    o Coñecer os métodos máis comúns para a determinación de prioridades.
    o Adquirir habilidades nos métodos de elaboración de programas
    o Ser capaz de aplicar a metodoloxía epidemiolóxica a avaliación de intervencións


    Metodoloxía da ensinanza
    Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos
    Con anterioridade as sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsquea bibliográfica complementaria, e organizará traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá ter traballado previamente sobre o tema.
    As sesións interactivas serán moi activas e participativas asumindo o profesor o rol de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
    O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia.
    Sistema de evaluación
    Valorarase a participación nas clases e o traballo individual nas sesións interactivas (70% da nota final). O exame de contidos teóricos medirá os coñecementos adquiridos cun peso do 30% da nota final
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsquea bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
    A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar la materia.